Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Mércores, 16 de decembro de 1998 Páx. 13.454

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 19 de outubro de 1998 pola que se modifica a inscrición de laboratorio acreditado de Estudios y Proyectos Técnicos Industriales, S.A. (Eptisa) en Eptisa Servicios de Ingeniería, S.A. con domicilio na estrada de Freixo, 18, 36214 Sárdoma-Vigo (Pontevedra).

De acordo co establecido nos artigos 2 e 3 do Decreto 441/1990, do 6 de setembro (DOG do 24 de setembro) polo que se aproban as disposicións

reguladoras específicas da acreditación de laboratorios de ensaio para o control de calidade da construcción, e a proposta da Dirección Técnica de Construccións e con informe favorable do Servicio de Calidade na Edificación conforme establecen os artigos 12 h) e 18.3º.1 a) do Decreto 70/1997, do 14 de marzo (DOG do 10 de abril), a Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo resolveu:

Modifica-la inscrición no Rexistro de Laboratorios de Ensaios para o Control de Calidade da Construcción de Estudios y Proyectos Técnicos Industriales, S.A. (Eptisa) en Eptisa Servicios de Ingeniería, S.A. con domicilio na estrada de Freixo, 18, 36214 Sárdoma-Vigo (Pontevedra), polo prazo e condicións a que se refire o artigo 4 do anexo do Decreto 441/1990, do 6 de setembro, na área de:

-HF, Área de control de formigón fresco, co número 15035HF92.

Este laboratorio e a súa acreditación cosidéranse depedentes do laboratorio Eptisa Servicios de Ingeniería, S.A., inscrito co número 15003HA91.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 1998.

P.D. (Resolución 6-4-1995)

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivendae

Solo

9779