De acordo co establecido nos artigos 2 e 3 do Decreto 441/1990, do 6 de setembro (DOG do 24 de setembro) polo que se aproban as disposicións reguladoras específicas da acreditación de laboratorios de ensaio para o control de calidade da construcción, e a proposta da Dirección Técnica de Construccións e con informe favorable do Servicio de Calidade na Edificación conforme establecen os artigos 12 h e 18.3º 1 a do Decreto 70/1997, do 14 de marzo (DOG do 10 de abril), a Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo resolveu:
Modifica-la inscrición no Rexistro de Laboratorios e Ensaios para o Control de Calidade da Construcción de Estudios y Proyectos Técnicos Industriales, S.A. (Eptisa) en Eptisa Servicios de Ingeniería, S.A., con domicilio na rúa Xafonte, 1, 15174 Rutis-Culleredo (A Coruña), polo prazo e condicións a que se refire o artigo 4 do anexo do Decreto 441/1990, do 6 de setembro, nas áreas de:
-AP, áreas de ensaios de laboratorio de perfís e barras de aceiro para estructuras co número 15001AP91.
-AS, áreas de control in situ da execución da soldadura de elementos estructurais de aceiro, co número 15002AS91.
-HA, área de control de formigón en masa ou armado e os seus materiais constituíntes. Cemento, granulados, auga, aceiro para armaduras, adicións e aditivos, co número 15003HA91.
-SE, área de ensaios de laboratorios de mecánica do solo, co número 15004SE91.
-SV, área de solos, granulados, mesturas bituminosas e os seus materiais constituíntes en vías, co número 15005SV91.
-ST, área de mostras inalteradas, ensaios e probas in situ de solo, co número 15039ST93.
O que se fai público para xeral coñecemento.
Santiago de Compostela, 19 de outubro de 1998.
P.D. (Resolución 6-4-1995)
José Antonio Redondo López
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e
Solo
10794

