Para os efectos do disposto no artigo 94 da Lei de contratos das administracións públicas faise público que por resolución do director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) do 16 de novembro de 1998, adoptada en virtude de delegación conferida mediante resolución do presidente do IGVS do 6 de abril de 1995, foi declarado deserto o concurso aberto convocado para a contratación da obra construcción da nova residencia da comunidade benedictina de San Vicente do Pino, Monforte de Lemos. Lugo. Expediente: LU-97/010.
Santiago de Compostela, 19 de novembro de 1998.
P.D. (Resolución 6-4-1995)
José A. Redondo López
Director xeral do Instituto Gallego da Vivenda e Solo
10866

