O Pleno da Corporación, realizado o día 26-11-1998, aprobou inicialmente o proxecto de urbanización da unidade de xestión 10 Ramón Cabanillas, promovido por Distribuciones Froiz, S.A. redactado polo arquitecto Carlos García Velasco.
De conformidade co disposto no artigo 44.3º da Lei do solo de Galicia, sométese á información pública o expediente, durante o prazo dun mes a partir da publicación deste anuncio no DOG, podendo examinarse na Secretaría Municipal e presentarse as alegacións ou reclamacións que se consideren pertinentes durante o prazo indicado.
Moaña, 3 de decembro de 1998.
Saturnino Pérez Boubeta
Alcalde accidental
11387

