Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Mércores, 16 de decembro de 1998 Páx. 13.458

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

APROBACIÓN definitiva do proxecto de estatutos e de bases de actuación da unidade de actuación número 13 do PXOU, situada na Parda-Pedra do Lagarto.

O Pleno da Corporación, en sesión do 26-11-1998, acordou aprobar definitivamente o proxecto de estatutos e o de bases de actuación da futura Xunta de Compensación da Unidade de Execución 13 do PXOU A Parda-Pedra do Lagarto, formulado pola entidade mercantil Marco A04, Sociedad Limitada e Eugenio Sobral Fernández, actuando en nome e representación de María Cruz Martínez Martínez e os herdeiros de Prudencio Landín Carrasco, coa finalidade de proceder á súa xestión e execución designándose, como representante desta Administración no órgano rector da xunta o concelleiro Fernando Lafuente Lestón, e requiríndolles os propietarios afectados a constitución, mediante escritura pública, da Xunta de Compensación da Unidade, no prazo de tres meses desde a firmeza en vía administrativa do acto de aprobación de estatutos e bases, do cal

o texto definitivo é o publicado no BOP nº 190 do 1-10-1998, ó adecuarse ás disposicións da Lei 6/1998, do 13 de abril.

Recursos procedentes: contra este acordo, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses computados a partir do día seguinte a esta publicación, logo da comunicación ó órgano que dictou o acto impugnado, e isto sen prexuízo de que se poida exercitar, se é o caso, calquera outro recurso que se estime procedente.

Pontevedra, 2 de decembro de 1998.

Juan Luis Pedrosa Fernández

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral

10803