Aprobado o prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación do servicio de conserxería e limpeza do pavillón municipal de deportes de Baltar-Sanxenxo, ponse a información pública polo prazo de 8 días para efectos de reclamacións. Así mesmo, anúnciase a convocatoria de concurso para a contración do devandito servicio.
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Concello de Sanxenxo.
b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición: servicio de conserxería e limpeza do pavillón municipal de deportes de Baltar-Sanxenxo.
b) Prazo de prestación do servicio: 4 anos.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación.
Importe: 3.000.000 de pesetas anuais.
5. Garantías:
Provisoria: 240.000 pesetas.
Definitiva: 480.000 pesetas.
6. Obtención de documentación e información.
Sección de Obras Municipais do Concello de Sanxenxo. R/ Consistorio, 4-6 36960 Sanxenxo (Pon
tevedra). Teléfono: 986 72 00 75/ 76. Fax: 986 72 10 22.
Data límite para solicitar documentos e información: o día en que finalice o prazo de presentación de proposicións.
7. Requisitos específicos do contratista.
a) Clasificación: non se esixe.
b) Outros: acreditar suficiencia de medios humanos.
8. Presentación de ofertas.
a) Data límite: a que resulte de contar 26 días naturais desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio, sexa no BOP ou no DOG.
b) Documentación que hai que presentar: a descrita no respectivo prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación: Concello de Sanxenxo (ver punto 6).
9. Apertura de ofertas.
a) Entidade e domicilio: ver punto 6.
b) Data: no día hábil seguinte ó de remate da presentación de ofertas.
c) Hora: 13 horas.
10. Outras informacións.
Criterios de adxudicación: cláusula 7 do prego respectivo.
11. Gastos de anuncios.
A conta do adxudicatario.
Sanxenxo, 13 de novembro de 1998.
José L. Rodríguez Lorenzo
Alcalde
10802

