Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Xoves, 17 de decembro de 1998 Páx. 13.486

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 14 de outubro de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa, a declaración de utilidade pública e a necesidade de urxente ocupación que iso implica da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/247-4).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, artigos 52, 53 e 54 da Lei 54/1997,

do sector eléctrico, e artigos 10 e 16 do Decreto 2619/1966, sométese a información pública a petición de autorización, declaración de utilidade pública e a urxente ocupación da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: García Barbón, 38, Vigo.

Título: L.M.T., C.T. e R.B.T. Arrufana.

Situación: Mos.

Características técnicas: L.M.T., aérea núa, a 15 kV, de 215 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, desde o apoio 77 da L.M.T. A.T.I. 26 O Porriño-Redondela, rematando no C.T. que se proxecta en Arrufana, concello de Mos. C.T. de 100 kVA, relación de transformación 15 kV-380/220 V. R.B.T., aérea, de 1.000 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo I.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, por duplicado, no

prazo de trinta días a partir da última publicación ou notificación individual.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar por escrito os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formula-las alegacións procedentes por razón do disposto nos artigos 25 e 26 do regulamento da Lei 10/1966, de expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas.

Pontevedra, 14 de outubro de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: IN407A 98/247-4.Provincia: Pontevedra.

L.M.T., C.T., R.B.T. Arrufana.Termo municipal: Mos.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºParaxeCultivoNome e apelidosEnderezoNº apoiommlm

2Da LaxaLabradíoDorinda Leirós LusquiñosArrufana-Louredo, 191, 36415 Mos34320

12Veiga ArribaLabradíoErmitas González Barcielar/ Emestina Otero, 16-4º A, 36320 Redondela56550

15Da ChicaLabradíoDorinda Leirós LusquiñosArrufana-Louredo, 191, 36415 Mos2-3253265

10527