Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Xoves, 17 de decembro de 1998 Páx. 13.487

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 26 de outubro de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa, a declaración de utilidade pública e a necesidade de urxente ocupación que iso implica da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/255-4).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, artigos 52, 53 e 54 da Lei 54/1997, do sector eléctrico, e artigos 10 e 16 do Decreto 2619/1966, sométese a información pública a petición de autorización, declaración de utilidade pública e a urxente ocupación da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: García Barbón, 38, Vigo.

Título: L.M.T., C.T. e R.B.T. Baiuca.

Situación: Meaño.

Características técnicas: L.M.T., aérea núa, a 20 kV, de 527 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, desde o apoio 2 da L.M.T. ó C.T. Constela-Vista Alegre rematando

no C.T. que se proxecta en Baiuca, concello de Meaño. C.T. de 50 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T., aérea, de 595 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón desde o C.T. Baiuca e C.T. Bouza.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo I.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, por duplicado, no prazo de trinta días a partir da última publicación ou notificación individual.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar por escrito os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formula-las alegacións procedentes por razón do disposto nos artigos 25 e 26 do regulamento da Lei 10/1966, de expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas.

Pontevedra, 26 de outubro de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: IN407A 98/255-4.Provincia: Pontevedra.

L.M.T., C.T., R.B.T. Baiuca.Termo municipal: Meaño.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SuperficieVoo

NºParaxeCultivoNome e apelidosEnderezoNº apoiommlm

2A InsuaLabradíoMercedes Vázquez PintosAldea de Abaixo, 13, 36968 Covas-Meaño1116160

5A InsuaLabradíoDolores Sineiro RadioConstenla, 16, 36968 Covas-Meaño220

12GosendeLabradíoNicanor Ribeiro VarelaAldea de Abaixo, 14, 36968 Covas-Meaño21660

14GosendeLabradíoVicenta Pomares ZarateAvda. Galicia, 40, 36630 Cambados1580

19A VesadaLabradíoMarina Sineiro PiñeiroAldea de Abaixo, 12, 36968 Covas-Meaño24240

23A VesadaLabradíoJosefa Pomares Zarater/ Hospital, 42, 36630 Cambados8

27A VesadaLabradíoCarmen Torres GonzálezNoalla-A Revolta, 42, 36960 Sanxenxo20135

27-AA VesadaMonte altoCarmen Torres GonzálezNoalla-A Revolta, 42, 36960 Sanxenxo10100

30A GreleiraViñedoNatalio Figueroa CastroCristimil, 12, 36960 Padrenda-Meaño3280440

36Fonte de PortasViñedoMarisa Barreiro MeisAs Covas, 51, 36968 MeañoC.T.358380

10165