De conformidade co disposto no título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE do 28-11-1997), e decretos 2617 e 2619/1966, do 30 de outubro, sobre instalacións eléctricas (BOE do 24 de outubro), de aplicación transitoria, incóase o expediente e sométese a información pública a solicitude de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. con enderezo na Avda. de Arteixo, 171, da Coruña, como entidade beneficiaria, para a autorización administrativa; a declaración de utilidade pública, que levará implícita a urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa e imposición de servidumes de paso sobre os bens e dereitos que se afecten; e a aprobación do proxecto de execución das instalacións da liña eléctrica aérea a 20 kV, cunha lonxitude de 1,038 km, con orixe na L.M.T. actual de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., e final no C.T. proxectado Ardariz-Igrexa. Liña de media tensión aérea a 20 kV, cunha lonxitude de 0,289 km, con orixe na L.M.T. de Ardariz-Igrexa, e final no C.T.
proxectado Gaspares-Saavanda. Centro de transformación tipo intemperie Gaspares-Saavanda, cunha
potencia de 50 kVA e relación de transformación 20.000/380-220 V. Centro de transformación tipo intemperie Gaspares-Saavanda, cunha potencia de 50 kVA, e relación de transformación 20.000/380-220 V. Liña de baixa tensión aérea, cunha lonxitude de 0,01 km, con orixe no C.T. Ardariz-Igrexa, e conductor tipo R.Z. Liña de baixa tensión aérea, cunha lonxitude de 0,014 km, con orixe no C.T. Gaspares-Saavanda, e conductor tipo R.Z. (Expediente 364/1998).
Finalidade: mellora-la seguridade e calidade da subministración de enerxía eléctrica ós usuarios da zona de Gaspares-Saavanda e Ardariz-Igrexa (termo municipal de San Sadurniño).
En consecuencia, calquera persoa e os interesados que figuran na relación anexa, ós que se lles practica notificación individual, por xestión directa ante a entidade beneficiaria poderán rectifica-la titularidade dos predios, se este é o caso, e recadar datos para a identificación dos bens que se afecten; e examina-lo proxecto nesta delegación, sección 3ª enerxía, 2ª planta, edificio administrativo Monelos, praza de Luis Seoane, s/n, 15071 A Coruña; así mesmo, poderán formular por escrito alegacións en razón do disposto na Lei 54/1997 e nos decretos citados, dentro do prazo de trinta días seguintes ó da presente publicación.
Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novem
bro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de resultaren os titulares dos predios propostos como descoñecidos ou cando se ignore o lugar de notificación, e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que
se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.
A Coruña, 28 de outubro de 1998.
Manuel Estévez Mengotti
Delegado provincial da Coruña en funcións
Relación de propietarios, bens e dereitos afectados
Expediente: 364/1998.Provincia: A Coruña.
L.M.T. a C.T. de Ardariz e Gaspares.Termo municipal: S. Sadurniño.
PREDIOS PROPIETARIOS AFECCIÓN
Superficie Voo
Nº Paraxe Cultivo Nome e apelidos Enderezo Nº apoio m ml m
Pouso
2 Os Piñeiros Monte alto José M. Fernández Pita Patrón, s/n, 15561, Sta. Mª do Monte. S. Sadurniño œ 2 1 54 708
3 Os Piñeiros Monte alto Manuela Martínez
Ardariz, s/n, 15561, Sta. Mª do Monte, S. Sadurniño œ 2 1 77 994
10380

