De conformidade co disposto nos artigos 59.4º e 61 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, (BOE do 27 de novembro), faise pública a proposta de resolución formulada no expediente sancionador que se indica e que se segue nesta delegación provincial de Sanidade e Servicios Sociais á presunta infractora que no anexo se sinala, xa que, intentada a súa notificación no último domicilio coñecido, esta non se puido prac
ticar (devolta pola oficina de correos por troco de domicilio).
As alegacións presentadas pola interesada non desvirtúan o contido das imputacións expostas no documento de iniciación deste expediente.
A expedientada dispón dun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ó da publicación da presente cédula, para examina-lo expediente e presenta-las alegacións e achega-las probas que estime pertinente en defensa dos seus dereitos. O correspondente expediente figura á disposición do interesado para coñecemento íntegro e constancia do devandito acto nas dependencias da Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais de Lugo, sita na Ronda da Muralla, nº 70.
ANEXO
Expediente: S-42/98.
1. Denunciada: María Dolores Rego Pena, DNI 76.392.330.
2. Último domicilio coñecido: r/ Eugenio López, nº 15 de Ortigueira-A Coruña.
3. Feitos imputados: o día 15 de agosto de 1998, na estrada C-642 p.k. 62, membros da Guarda Civil do posto do Vicedo procederon a identifica-lo vehículo, tipo furgoneta, matrícula C-0806-AN, onde Mª Dolores Rego Pena, transportaba entre outros peixes, 25 Kgr. de faneca sen guía, factura ou documentación que acreditara a súa procedencia, e co correspondente carné de manipulador de alimentos, valedeiro para catro anos, expedido no ano 1989.
4. Preceptos infrinxidos: artigo 35.A).3ª da Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade; artigos 2.1º.1 e 2.2º do R.Decreto 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor e da producción agroalimentaria; artigos 1.1º d) e 5 do R. Decreto 157/1985, do 11 de xullo, da Xunta de Galicia, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia sanitaria; artigo 3.1º.7 do Real decreto 1437/1992, do 27 de novembro, polo que se fixan as normas sanitarias aplicables á producción e comercialización dos productos pesqueiros e da acuicultura (modificado polo Real decreto 1840/1997, do 5 de decembro); artigos 17.2º e 23.2º do Decreto 419/1993, do 17 de decembro, da Xunta de Galicia, polo que se refunde a normativa vixente sobre descarga e primeira venda e comercialización dos recursos mariños en fresco; artigo 4.1º do R. Decreto 239/1986, do 24 de xullo, polo que se aproba o regulamento de manipuladores de alimentos.
5. Cualificación das infraccións: leve.
6. Sanción proposta: 25.000 pesetas.
Lugo, 19 de novembro de 1998.
P.A.
Ángel Luis Martínez Celorrio
Instructor
10952

