En cumprimento do disposto no artigo 4 da lei 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, e para os efectos previstos nel, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Concialiación (SMAC) desta delegación provincial, foron depositadas ás 12 horas do día 18 de novembro de 1998 a acta de constitución e os estatutos da Asociación de Asalariados del Sector Taxi de Santiago de Compostela, que ten os seguintes ámbitos:
Territorial: local (Santiago de Compostela).
Profesional: asalariados do taxi de Santiago de Compostela.
Asinan a acta de constitución: José Ramón Asorey Camino e seis persoas máis.
Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.
A Coruña, 18 de novembro de 1998.
María Reyes Carabel Pedreira
Delegada provincial da Coruña
11137

