En cumprimento do disposto no artigo do Real decreto 873/1977, do 22 abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Concialiación (SMAC) desta delegación provincial, foron depositadas ás 9 horas do día 23 de novembro de 1998 a acta de constitución e os estatutos da Asociación de Empresarios de Santa Marta de Ortigueira, que ten os seguintes ámbitos:
Territorial: local.
Profesional: tódalas persoas físicas con capacidade legal recoñecida e que teñan a titularidade ou representacion dunha empresa legalmente constituída.
Asinan a acta de constitución: luís Pereira Pía e catro persoas máis.
Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.
A Coruña, 23 de novembro de 1998.
María Reyes Carabel Pedreira
Delegada provincial da Coruña
10854

