De conformidade co disposto no artigo 59.4º, da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro (BOE do 27 de noviembre), notifícaselles ás persoas mencionadas a continuación (que non puideron ser notificadas no último domicilio coñecido que así mesmo se indica9 a iniciación do expediente nº 15-1093/97 por infracción en materia de defensa do consumidor.
O que se lle comunica ó interesado para que no prazo de 10 días hábiles, contados a partir do seguinte ó desta notificación, efectúe as actuacións preliminares, a presentación de cantas alegacións, documento ou información estime convenientes, e se é o caso, a proposición e práctica de probas, advertindo o interesado de que lle queda posto de manifesto o expediente e que, de non efectuar alegacións ó contido do presente acordo de iniciación, este poderá ser considerado como proposta de resolución.
Expediente: 15-1093/98.
Inculpado: Rexurdir, S.L. (Don Ordenador).
Domicilio: Vázquez de Parga nº 76, Carballo.
Motivos: deficiente prestación nunha venda.
Data da iniciación: 11-2-1998.
A Coruña, 18 de novembro de 1998.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña
10855

