De conformidade co disposto no artigo 59.4º, da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro (BOE do 27-11-1992), notifícaselles ás persoas mencionadas a continuación (que non puideron ser notificadas no último domicilio coñecido que así mesmo se indica) a resolución do expediente nº 15-508/97 por infracción en materia de defensa do consumidor.
Contra a dita resolución cabe interpoñer recurso ordinario ante o presidente do Instituto Galego de Consumo (praza de Europa nº 10-A-2º, Edif. Área
Central-As Fontiñas, 15703 Santiago de Compostela) no prazo dun mes a partir desta notificación.
Se non fose obxecto de recurso no devandito prazo, a sanción devirá firme e executiva, e proderá facerse efectiva, en período voluntario, no subseguinte prazo de 15 días hábiles, en calquera entidade financeira, na conta 3110001136 da Caixa Galicia (2091), Oficina de Relación con Organismos (0388), Santiago de Compostela.
Expediente: 15-508/97.
Inculpado: Fontanería La Ronda, S.L.
Domicilio: Ronda de Outeiro nº 274, A Coruña.
Sanción e motivos: 50.000 ptas. Obstrucción ó labor inspector.
Data da resolución: 23-2-1998.
A Coruña, 18 de novembro de 1998.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña
11468

