Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Xoves, 17 de decembro de 1998 Páx. 13.500

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 4 de decembro de 1998, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, mediante expediente anticipado de gasto, para a contratación dos servicios de asistencia sanitaria derivada das listas de espera de pacientes procedentes dos hospitais Montecelo e Provincial de Pontevedra.

1. Entidade adxudicadora: Servicio Galego de Saúde, División de Recursos Económicos, Subdirección Xeral de Orzamentos, edificio administrativo de San Caetano, bloque 2-2º, teléfono 981 54 27 78; fax 981 54 27 62. Santiago de Compostela.

2. Obxecto do contrato: a contratación dos servicios de asistencia sanitaria derivada das listas de espera de pacientes procedentes dos hospitais Montecelo e Provincial de Pontevedra.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: concurso polo procedemento aberto, trámite de urxencia e anticipado de gasto.

4. Orzamento base de licitación: importe máximo anual de 80.000.000 de pesetas.

5. Fianzas e garantías: fíxase unha fianza provisional de 500.000 pesetas e unha fianza definitiva do 2% do orzamento de licitación.

6. Documentos de interés para os licitadores: os pregos de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas pódense solicitar na División de Recursos Económicos (Servicio de Xestión de Concertos e Recursos Propios), edificio administrativo San Caetano, bloque 2-2º, Santiago de Compostela, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas.

7. Solvencia económica-financeira e técnica: acredítanse conforme o previsto no punto 7.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Criterios de adxudicación: os establecidos no punto 9 do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. a) Prazo e lugar de presentación das proposicións: as proposicións presentaranse antes das 14 horas do décimo terceiro día natural a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, e segundo establece o punto 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Documentación que deberán presenta-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares e na forma que nel se sinala.

10. Data de apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas realizaraa a mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, a partir das 9.30 horas do quinto día natural, contado a partir do seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas. No caso de que dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o seguinte día hábil.

11. Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 1998.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos

Económicos

11424