1. Entidade adxudicadora: Servicio Galego de Saúde, División de Recursos Económicos, Subdirección Xeral de Orzamentos, edificio administrativo de San Caetano, bloque 2-2º, teléfono 981 54 27 78; fax 981 54 27 62. Santiago de Compostela.
2. Obxecto do contrato: a contratación dos procesos de cirurxía potencialmente ambulatoria a pacientes procedentes dos hospitais Montecelo e Provincial de Pontevedra.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: concurso polo procedemento aberto, trámite de urxencia e anticipado de gasto.
4. Orzamento base de licitación: importe máximo anual de 80.000.000 de pesetas.
5. Fianzas e garantías: fíxase unha fianza provisional de 500.000 pesetas e unha fianza definitiva do 2% do orzamento de licitación.
6. Documentos de interés para os licitadores: os pregos de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas pódense solicitar na División de Recursos Económicos (Servicio de Xestión de Concertos e Recursos Propios), edificio administrativo San Caetano, bloque 2-2º, Santiago de Compostela, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas.
7. Solvencia económica-financeira e técnica: acredítanse conforme o previsto no punto 7.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.
8. Criterios de adxudicación: os establecidos no punto 9 do prego de cláusulas administrativas particulares.
9. a) Prazo e lugar de presentación das proposicións: as proposicións presentaranse antes das 14 horas do décimo terceiro día natural a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, e segundo establece o punto 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.
b) Documentación que deberán presenta-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares e na forma que nel se sinala.
10. Data de apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas realizaraa a mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, a partir das 9.30 horas do quinto día natural, contado a partir do seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o seguinte día hábil.
11. Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.
Santiago de Compostela, 4 de decembro de 1998.
Antonio Fernández-Campa García-Bernardo
Director xeral da División de Recursos
Económicos
11425

