Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Xoves, 17 de decembro de 1998 Páx. 13.503

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, en sesión celebrada o día 29 de outubro de 1998, acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle das NN.SS. de planeamento vixentes en Arteixo, consistentes en ordenar volumes e reaxustar aliñacións na unidade de actuación nº 41 (UA-41) situada na Travesía da Pastoriza, A Pastoriza, promovido por Manuel Figueiras Vitureira, en representación de Doficas, S.L.e redactado polo arquitecto Carlos A. Rodríguez Enríquez, que queda sometido a información pública polo prazo dun mes, contados a partir do seguinte ó da aparición do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, durante o cal as persoas interesadas poderán examina-lo seu contido comparecendo nas dependencias do Servicio Municipal de Urbanismo, sitas na Avda. do Balneario, nº 10-1º, Arteixo, e presentando as alegacións que consideren convenientes. (Expediente 29/1998. PED).

Arteixo, 13 de novembro de 1998.

Manuel Pose Miñones

Alcalde

11434