Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Xoves, 17 de decembro de 1998 Páx. 13.503

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARIÑO

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Cariño.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

2. Obxecto do contrato:

a) Descripción do obxecto: equipamentos turísticos na serra da Capela-Cariño.

b) Lugar de execución: Cariño.

c) Prazo de execución (meses): seis.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: trinta e cinco millóns de pesetas (35.000.000), IVE incluído.

5. Garantía:

Provisional: 700.000 pesetas.

Definitiva: 1.400.000 pesetas.

6. Obtención de documentación e información:

Entidade: Concello de Cariño.

Enderezo: Praza da Pulida.

Localidade e código postal: 15630 Cariño.

Teléfono: 981 40 50 64.

Fax: 981 40 50 29.

7. Clasificación do contratista:

Clasificación: grupo C, subgrupo 2, categoría 6.

Grupo G, subgrupo 6, categoría C.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: dentro do prazo de 13 días naturais, contados desde o seguinte ó da última publicación do presente anuncio de licitación no BOP ou no DOG, en horario de 9 a 14 horas.

b) Documentación que hai que presentar: a documentación presentarase en tres sobres pechados.

Sobre «A», subtitulado «Oferta económica», conterá a proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que figura no anexo II de prego-tipo de cláusulas administrativas particulares que rexerán a contratación de obras mediante concurso con procedemento aberto do Concello de Cariño, BOP nº 207, do 7-9-1996.

Sobre «B», subtitulado «Documentación», e «C» subtitulado «Referencias técnicas», coa documentación esixida na cláusula 11.3 do prego-tipo mediante concurso do Concello de Cariño anteriormente especificado.

c) Lugar de presentación:

-Entidade: Concello de Cariño (rexistro xeral).

-Enderezo: Praza da Pulida, s/n.

-Localidade e código postal: 15630 Cariño.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses, contados desde a apertura das proposicións (artigo 90 LCAP).

9. Apertura das ofertas:

a) Data: o terceiro día hábil seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións. No caso de cadrar en sábado, trasladarase ó luns seguinte.

b) Hora: ás 12 horas.

10. Gastos dos anuncios:

Os gastos correspondentes ós anuncios de licitación serán de conta do adxudicatario.

Cariño, 9 de decembro de 1998.

Fernando Tallón Cabana

Alcalde

11409