Rectificación do anuncio de licitación publicado no DOG nº 231 do 27 de novembro de 1998, polo que se convocaba concurso para a selección de empresa privada coa que constituír unha empresa de economía mixta para a xestión do servicio público de abastecemento e saneamento do termo municipal de Ferrol.
Para xeral coñecemento infórmase que por erro material no punto «6º) Garantías», este queda redactado do seguinte teor:
6º) Garantías:
-Provisional: 20.000.000 de ptas.
-Definitiva: 40.000.000 de ptas.
Ferrol, 27 de novembro de 1998.
O alcalde accidental
Rubricado
11413

