Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Venres, 18 de decembro de 1998 Páx. 13.529

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 27 de novembro de 1998 pola que se nomea profesora titular de universidade da área de coñecemento de urbanística e ordenación do territorio, do departamento de Proxectos Arquitectónicos e Urbanismo, a Julia Fernández de Caleya Blankemeyer.

De conformidade coa proposta da comisión designada para xulga-lo concurso que convocado por resolución desta universidade do 1 de outubro de 1997 (BOE do 25 de outubro), para a provisión da praza número 97/044, de profesor titular de universidade da área de coñecemento de urbanística e ordenación do territorio, do departamento de Proxectos Arquitectónicos e Urbanismo, desta universidade, a favor de Julia Fernández de Caleya Blankemeyer, e logo de que a interesada acreditara os requisitos ós que alude o punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro.

Este rectorado, no uso das atribucións que lle confire o artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolve nomear a Julia Fernández de Caleya Blankemeyer profesora titular de universidade, da área de coñecemento de urbanística e ordenación do territorio, do departamento de Proxectos Arquitectónicos e Urbanismo, desta universidade.

A Coruña, 27 de novembro de 1998.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

11150