Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 12 de abril de 1999 Páx. 4.118

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 86/1999, do 11 de marzo, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior correspondente ó título de técnico superior en educación infantil.

A Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, dispón no seu

artigo 4 que lles corresponde ás administracións educativas competentes establece-los currículos dos ciclos formativos.

En aplicación do devandito artigo, de acordo coas atribucións recollidas no Estatuto de autonomía, no Real decreto 1763/1982 sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de educación e no Real decreto 676/1993, do 7 de maio, que establece as directrices xerais sobre os títulos de formación profesional e as súas ensinanzas mínimas, díctase o Decreto 239/1995, do 28 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral das ensinanzas de formación profesional e as directrices sobre os seus títulos na Comunidade Autónoma de Galicia, determinando os aspectos que deben cumpri-los currículos dos diferentes ciclos formativos.

O Real decreto 2059/1995, do 22 de decembro, establece o título de técnico superior en educación infantil e as súas correspondentes ensinanzas mínimas, en consonancia co devandito Real Decreto 676/1993.

O Real decreto 1635/1995, do 6 de outubro, adscribe o profesorado dos corpos de profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional ás especialidades propias da formación profesional específica.

O Real decreto 777/1998, do 30 de abril, polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no ámbito do sistema educativo, completa a ordenación básica relativa a estas ensinanzas.

Seguindo os principios xerais que rexerán a actividade educativa, recollidos nos preceptos anteriores, o currículo dos ciclos formativos da formación profesional específica establécese de xeito que permita a adaptación da nova titulación ó eido profesional e de traballo na realidade socioeconómica galega e ás necesidades de cualificación do sector productivo da nosa economía, tendo en conta a marxe suficiente de autonomía pedagóxica que posibilite ós centros adecua-la docencia ás características do alumnado e ó contorno sociocultural do centro.

Isto require o posterior desenvolvemento nas programacións elaboradas polo equipo docente do ciclo formativo que concrete a adaptación sinalada, tomando como referencia inmediata as capacidades profesionais que definen o perfil profesional do título. Estas permitirán realiza-lo rol do posto de traballo en actividades específicas que producen resultados concretos, dirixi-las variacións que se dan na práctica do traballo e nos procesos productivos, actuar correctamente ante anomalías, dirixi-lo conxunto do traballo e acada-los obxectivos da organización, así como establecer prioridades e actuar en coordinación con outros departamentos.

O currículo que se establece no presente decreto desenvólvese tendo en conta os obxectivos xerais que fixan as capacidades que o alumnado debe aca

dar ó finaliza-lo ciclo formativo, e describen o conxunto de aptitudes que configura a cualificación profesional, así como os obxectivos dos distintos módulos profesionais, expresados neste decreto como capacidades terminais elementais, que definen en termos de resultados avaliables o comportamento, saber e comprender, que se require do alumnado para acada-los logros profesionais do perfil profesional.

Estas capacidades acádanse a partir duns contidos mínimos necesarios de tipo conceptual, procedemental e actitudinal, que proporcionarán o soporte de información e destreza precisos para desenvolver comportamentos profesionais, tanto no aspecto tecnolóxico como de valoración funcional e técnica. Estes contidos son igualmente importantes xa que todos eles levan a acada-las capacidades terminais elementais sinaladas en cada módulo. Preséntanse agrupados en bloques que non constitúen un temario nin son unidades compartimentadas que teñan por si mesmas sentido, a súa estructura responde a aquilo que deberá ter en conta o profesorado á hora de elabora-las programacións de aula e a orde na que se presentan non implica secuencia.

O proxecto integrado, que se inclúe neste ciclo formativo, permite comprender globalmente os aspectos sobresaíntes da competencia profesional característica do título que foron abordados noutros módulos profesionais. Ademais, integra ordenadamente distintos coñecementos sobre organización, características, condicións, tipoloxía, técnicas e procesos que se desenvolvan nas diferentes actividades productivas do sector ó que corresponda o título e, ó mesmo tempo, permite adquirir coñecementos, habilidades, destrezas e actitudes que favorecen o desenvolvemento daquelas capacidades relacionadas coa profesión que, sendo demandadas polo contorno productivo en que radica o centro, non puideron ser recollidas no resto dos módulos profesionais.

A inclusión do módulo de formación en centros de traballo (FCT) posibilita que o alumnado complete a competencia profesional acadada no centro educativo, mediante a realización dun conxunto de actividades productivas e/ou de servicios -contidosdo centro de traballo. Estas actividades de referencia poden ser modificadas ou substituídas por outras que, adaptándose mellor ó proceso productivo ou de servicios do centro de traballo, conduzan á adquisición das capacidades terminais deste módulo.

Os centros educativos disporán dun determinado número de horas que lles permitirán realiza-lo desenvolvemento curricular establecendo os obxectivos, contidos, criterios de avaliación, secuencia e metodoloxía que respondan ás características do alumnado e ás posibilidades de formación que ofrece o seu contorno.

Por todo isto, por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, co informe do Consello Galego de Ensinanzas Técnico-Profesionais

e do Consello Escolar de Galicia e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día once de marzo de mil novecentos noventa e nove,

DISPOÑO:

I. Título, perfil e currículo

Artigo 1º.-Identificación do título.

1. Este decreto establece o currículo que será de aplicación na Comunidade Autónoma galega para as ensinanzas de formación profesional relativa ó título de técnico superior en educación infantil, regulado polo Real decreto 2059/1995, do 22 de decembro, polo que se aproban as ensinanzas mínimas.

2. A denominación, nivel de formación profesional e duración do ciclo formativo son as que se establecen no punto 1 do anexo deste decreto.

Artigo 2º.-Perfil profesional.

A competencia xeral, capacidades profesionais, unidades de competencia, realizacións e criterios de realización, dominio profesional, así como a evolución da competencia e a posición no proceso productivo que definen o perfil profesional do título son as que se establecen no punto 2 do anexo deste decreto.

Artigo 3º.-Currículo do ciclo formativo.

O currículo do ciclo formativo é o que se establece no punto 3 do anexo deste decreto, sendo as capacidades terminais elementais os resultados avaliables de cada módulo.

II. Ordenación académica e impartición

Artigo 4º.-Admisión de alumnado.

Os criterios de prioridade na admisión de alumnado para acceder a este ciclo formativo en centros sostidos con fondos públicos son os que se expresan no punto 4.1 do anexo deste decreto.

Artigo 5º.-Profesorado.

1. As especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos que compoñen este título son as que se expresan no punto 4.2.1 do anexo deste decreto.

2. As materias de bacharelato que poden ser impartidas polo profesorado das especialidades relacionadas no presente título, son as que se expresan no punto 4.2.2 do anexo deste decreto.

3. As titulacións declaradas equivalentes para efectos de docencia, son as que se expresan no punto 4.2.3 do anexo deste decreto.

Artigo 6º.-Espacios e instalacións.

Os requisitos de espacios e instalacións que deben reuni-los centros educativos para a impartición do presente ciclo formativo son os que se determinan no punto 4.3 do anexo deste decreto.

Artigo 7º.-Validacións, correspondencias e acceso a estudios universitarios.

1. Os módulos susceptibles de validación por estudios de formación profesional ocupacional ou correspondencia coa práctica laboral son os que se especifican, respectivamente, nos puntos 4.4.1 e 4.4.2 do anexo deste decreto.

2. Sen prexuízo do anterior, por proposta dos ministerios de Educación e Cultura e de Traballo e Asuntos Sociais, poderanse incluír, se é o caso, outros módulos susceptibles de validación e correspondencia coa formación profesional ocupacional e a práctica laboral.

3. As persoas que cursen este ciclo formativo poderán unha vez que o superen acceder ós estudios universitarios que se indican no punto 4.4.3 do anexo deste decreto.

Artigo 8º.-Distribución horaria.

1. Os módulos profesionais deste ciclo formativo organizaranse segundo se establece no punto 4.5 do anexo deste decreto.

2. As horas de libre disposición que se inclúen neste punto serán utilizadas polos centros educativos para reforzar, nos módulos asociados a unidades de competencia, as capacidades de formación profesional de base ou de formación profesional específica, para lles dar resposta ás características dos alumnos, e ter en conta as necesidades de desenvolvemento económico, social e de recursos humanos do seu contorno socioproductivo.

Disposición adicional

Única.-A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria poderá adecua-las ensinanzas deste ciclo formativo ás peculiares características da educación a distancia e da educación de persoas adultas, así como ás características dos alumnos con necesidades educativas especiais.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria para dictar cantas disposicións sexan precisas, no ámbito das súas competencias, para a execución e desenvolvemento do disposto no presente decreto.

Segunda.-O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, once de marzo de mil novecentos noventa e nove.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

1. Identificación do título.

-Denominación: educación infantil.

-Nivel: formación profesional de grao superior.

-Duración: 2.000 horas.

2. Perfil profesional.

2.1. Competencia xeral:

Os requirimentos xerais de cualificación profesional do sistema productivo para este técnico son:

-Programar, intervir educativamente e avaliar programas de atención á infancia, aplicando os métodos de ensino-aprendizaxe que favorezan o desenvolvemento autónomo dos nenos e nenas de 0 a 6 anos, organizando os recursos adecuados.

Este técnico actuará, se é o caso, baixo a supervisión xeral de licenciados e/ou diplomados. Especificamente no primeiro ciclo de educación infantil, actuará baixo a supervisión dun mestre, segundo o establecido no R.D. 1004/1991 (BOE nº 152, do 26 de xuño de 1991) e na orde da Consellería de Familia, Muller e Xuventude, do 29 de febreiro de 1996 (DOG nº 57, do 20 de marzo).

2.2. Capacidades profesionais:

2.2.1. Capacidades técnicas:

-Obter e procesar información referida ó desenvolvemento infantil, ó contorno educativo e ó proceso de ensino-aprendizaxe, co fin de poder determina-la programación educativa e avalia-lo desenvolvemento infantil e a programación de intervención.

-Elaborar proxectos e actividades educativas e de atención á infancia, a partir da información obtida, recollendo a información necesaria para cubri-los obxectivos propios dos ámbitos de intervención mencionados.

-Desenvolver proxectos de intervención con nenos e nenas de 0 a 6 anos, atendendo ás súas necesidades básicas, favorecendo o seu desenvolvemento integral e organizando os recursos didácticos propios da súa competencia profesional.

-Avaliar programas, proxectos e actividades de educación infantil e atención á infancia, utilizando os recursos técnicos necesarios, procesando a información obtida para optimiza-lo proceso de ensino-aprendizaxe e intervir nos procesos transaccionais do neno co seu contorno inmediato, mediante os recursos de orientación adecuados.

2.2.2. Capacidades para afrontar continxencias:

-Actuar en condicións de posible emerxencia, transmitindo con celeridade os sinais de alarma, dirixindo as actuacións asignadas, aplicando os medios de seguridade establecidos para prever ou corrixir posibles riscos causados pola emerxencia e informando as persoas competentes cando a emerxencia exceda as súas competencias.

2.2.3. Capacidades para a dirección de tarefas:

-Manter comunicacións efectivas no desenvolvemento do seu traballo e en especial en actividades que esixan un elevado grao de integración con outros ser

vicios e entre os membros do equipo que as acomete, interpretando ordes e información, xerando instruccións claras con rapidez e informando e solicitando axuda a quen proceda, cando se produzan continxencias na prestación do servicio.

-Adaptarse a distintas situacións de intervención e tomar decisións, valorando as distintas variables que poden preve-la súa modificación, co fin de mellora-lo proceso de intervención, dentro do ámbito da súa competencia, consultando as decisións cos profesionais adecuados e utilizando os recursos subministrados pola formación continua e a investigación educativa.

-Establecer relacións sociais, afectivas e normativas, adecuadas á situación individual e colectiva, cos nenos e nenas baixo a súa responsabilidade, mantendo unha actitude profesional, mediante o contacto persoal e o desenvolvemento dunha intervención axustada ós criterios metodolóxicos definidos.

-Manter relacións fluídas cos membros do grupo funcional no que está integrado, responsabilizándose dos obxectivos asignados ó grupo, respectando o traballo dos demais e cooperando en tarefas colectivas e na superación das dificultades que se presenten, cunha actitude tolerante cara ás ideas dos compañeiros e membros dos equipos multiprofesionais.

2.2.4. Capacidades para adaptarse ó medio:

-Posuír unha visión global dos ámbitos en que se pode inseri-la súa actividade profesional, que lle permita adaptarse ós contornos e ós cambios económicos ou organizativos que se produzan, implicándose na consecución dos obxectivos previstos e participando activamente nas actividades que se lle encomenden, atendendo ás persoas de forma individualizada, con corrección e coas actitudes e os medios de axuda requiridos polo seu sistema de comunicación, condición sociocultural e situación persoal.

-Reflexionar sobre a súa propia práctica profesional, comprendendo a importancia da investigación educativa e a formación continua, de modo que lle permita mellora-la súa intervención, adaptándose ás circunstancias e modificando esta cando así se requira, así como facilita-la toma de decisións, tanto sobre a súa intervención como en colaboración con outros profesionais, especialmente naquelas situacións en que a toma de decisións supere a súa competencia profesional.

2.3. Responsabilidade e autonomía nas situacións de traballo:

A este técnico, no marco das funcións e obxectivos asignados por técnicos de nivel superior ó seu, requiriránselle nos campos ocupacionais concernidos, polo xeral, as capacidades de autonomía en:

* Definir procesos e programar actividades que favorezan o desenvolvemento global do neno de 0 a 6 anos, tendo en conta as competencias establecidas pola lexislación vixente.

* Obter información sobre procesos, programas e actividades de intervención con nenos e nenas de 0 a 6 anos.

* Avaliar información sobre o desenvolvemento do neno e a aplicación dos programas, procesándoa para a súa posterior utilización no proceso de aprendizaxe, tanto no campo formal como non formal.

* Realizar e intervir no seguimento de casos individuais cando se manifesten situacións de risco persoal ou social, en colaboración cos equipos multiprofesionais ou profesionais responsables dos ámbitos afectados.

* Organiza-lo ambiente e crea-lo clima adecuado para a intervención no desenvolvemento infantil.

* Organizar actividades e/ou proxectos que supoñan a adquisición de novas experiencias ou creación de novos intereses, tanto no campo formal como non formal.

* Deducir e levar a cabo actuacións en casos imprevistos no desenvolvemento das actividades profesionais.

* Elaborar información de resultados e evolución de desenvolvemento dos nenos, así como calquera outra información necesaria para o traballo co equipo educativo, equipos profesionais de intervención no ámbito infantil ou o traballo coas familias.

2.4. Unidades de competencia:

1. Programar e avalia-los procesos educativos e de atención á infancia.

2. Preparar, desenvolver e avalia-las actividades destinadas ó desenvolvemento de hábitos de autonomía e á atención das necesidades básicas.

3. Preparar, desenvolver e avaliar proxectos educativos formais e non formais.

2.5. Realizacións e dominios profesionais:

2.5.1. Unidade de competencia 1: programar e avalia-los procesos educativos e de atención á infancia:

RealizaciónsCriterios de realización

1.1.Establece-lo programa de intervención en colaboración co equipo de intervención, segundo contexto e finalidades da institución.* A elaboración conxunta da programación de intervención favorece a reflexión pedagóxica, a formación continua e a cohesión do equipo, e realízase mediante o seguinte:

-A adaptación dos obxectivos de etapa ás características do contexto.

-A distribución e organización dos contidos básicos das áreas.
-A adaptación dos principios metodolóxicos ás prácticas concretas.
-A adaptación dos elementos avaliativos ó contexto.
* A definición dos obxectivos e a selección, se é o caso, dos bloques de contidos ten en conta as características dos nenos e os obxectivos consensuados e determinados na programación, atendendo a criterios de oportunidade, prioridade e tempo dispoñible, co fin de facilita-la atención individualizada no desenvolvemento das capacidades (ou áreas de Educación Infantil) de:

-Identidade e autonomía persoal.

-Medio físico e social.
-Expresión e comunicación.
* A selección das estratexias de intervención ten en conta os obxectivos previstos e medios dispoñibles, co fin de logra-la súa adecuación ó sinalado pola entidade e ás necesidades dos nenos.

RealizaciónsCriterios de realización

* A definición de actividades deberá ter en conta a previsión de tempo, espacios, materiais, recursos económicos e recursos humanos necesarios para o seu desenvolvemento.
* A selección do material de uso ou consulta realízase tendo en conta os criterios consensuados e determinados na programación.
* A previsión de adaptacións curriculares, se é o caso, realízase a partir da información obtida e as recomendacións ou instruccións das entidades ou os profesionais competentes, co fin de atende-las necesidades derivadas das diversas situacións que se poden presentar.
* A actitude profesional do técnico, mediante a reflexión positiva, o contraste de opinións e o intercambio de experiencias, garante o consenso e a toma de decisións no seo do equipo.
* A participación nas actividades de equipo e a realización das actividades derivadas delas realízanse segundo criterios e procedementos establecidos.

1.2.Obter información do neno e do seu contorno, de modo que permita desenvolve-lo programa de intervención.* A interpretación da información recibida (médica, pedagóxica, asistencia social, etc) permite determina-lo nivel de desenvolvemento e as características do neno ou da nena.
* A elaboración de instrumentos de observación realízase a partir das necesidades detectadas e coas técnicas adecuadas, segundo criterios de fiabilidade, validez e facilidade de aplicación.
* A recollida de información xunto á familia ou ós titores do neno ou da nena cumpre cos prazos e procedementos establecidos, permitindo o coñecemento do seu desenvolvemento e do contexto de intervención.
* A organización da información obtida permite o seu contraste e a aplicación do método de interpretación máis adecuados para os parámetros fixados.
* A comunicación de información axústase ós procedementos, requirimentos técnicos e prazos establecidos, de forma que permita a toma de decisións ó equipo educativo e ó contorno afectivo e social do neno ou da nena.

1.3.Preparar, dirixir e avalia-las actividades dirixidas á colaboración coas familias.* A detección de demandas de información/formación realízase segundo o procedemento previsto.
* A selección de estratexias de intervención favorece a comunicación e a colaboración entre as familias e os educadores e ten en conta:

-As características e circunstancias das familias.

-As técnicas de dinamización adecuadas.
-A organización dos recursos necesarios.
-A estructura da información.
* A elaboración de materiais didácticos destinados ás familias ten en conta a situación sociofamiliar e a información obtida do neno.
* As instruccións e recomendacións ofrecidas deben facilitar ós pais a comprensión das conductas que se esperan deles respecto das súas fillas ou fillos.
* As instruccións impartidas facilitan a comunicación entre familias e educadores, co fin de obter e reforza-los logros obtidos polos nenos ou as nenas no ámbito familiar e educativo.

RealizaciónsCriterios de realización

* A actitude que o técnico debe manter é respectuosa e comunicativa, de acordo coa súa competencia profesional, facilitando a integración e participación das familias.
* O seguimento das estratexias de intervención seleccionadas realízase cos procedementos adecuados, co fin de favorece-la adaptación das actividades previstas.

1.4.Avaliar, en colaboración co equipo, programas de intervención infantil, co fin de garanti-la adecuación do programa ó desenvolvemento infantil.* A definición de indicadores ten en conta criterios de fiabilidade, validez e facilidade de recompilación, facilita a adaptación do plano de intervención e permite valorar:

-A adecuación dos obxectivos.

-A selección e secuencia dos contidos.
-A adaptación dos criterios metodolóxicos.
-A utilización dos procedementos de avaliación.
* A definición da estratexia e técnicas de avaliación ten en conta os indicadores previstos e os medios dispoñibles.
* A definición das actividades de avaliación permite determinar momentos e secuencia delas, atendendo a criterios de oportunidade e participación das persoas implicadas.
* A definición de procedementos de «retroalimentación» ten en conta os indicadores establecidos e os criterios de oportunidade valorados, co fin de resolve-las continxencias ou introduci-las modificacións necesarias.
* A definición de criterios para a elaboración de información de avaliación terá en conta a estructura e procedementos establecidos no organismo ou entidade contratante e os destinatarios da información.
* A recollida de información atense ó procedemento establecido e realízase nos momentos previstos no programa.
* O procesamento da información obtida realízase nos prazos establecidos e co método definido.
* A achega de suxestións respecto a modificacións no programa ten en conta os aspectos identificados máis relevantes.
* A información destinada ó equipo educativo elabórase segundo o procedemento e o prazo establecidos, consignando os elementos de información pertinentes para favorece-lo seguimento individual dos nenos e as nenas.
* Os informes destinados ás autoridades educativas ou ós responsables empresariais correspondentes elabóranse segundo o procedemento establecido e nos prazos previstos.
* A información destinada ás familias elaborarase segundo o procedemento previsto, achegando os elementos máis significativos de forma individualizada.

Dominio profesional

-Materiais e/ou productos intermedios:

Instrumentos de avaliación. Materiais para o tratamento ou procesamento de información (material de oficina, software e hardware informático, reprografía, etc). Equipos e materiais audiovisuais. Espacios habilitados para reunións e traballo en grupo. Material de promoción e difusión destinado ás familias. Sesións e actividades de equipo. Actividades destinadas ás familias.

-Principais resultados do traballo:

Elaboración de programas educativos e atención á infancia. Nos centros de educación infantil e para o ciclo 0-3, eses programas desenvolveranse nos seus distintos niveis de concreción (proxecto curricular de centro, programación de aula, etc) do proxecto educativo. Avaliación de programas educativos e de atención á infancia e elaboración da documentación correspondente (informes individuais, memorias, libro de aula, etc). Implicación das familias nos programas establecidos.

-Procesos, métodos e procedementos:

Instrumentos de programación educativa. Técnicas e procedementos de avaliación educativa. Análise e aplicación de modelos didácticos. Dinámica de grupos. Procesos e técnicas de comunicación. Procedementos para o tratamento e procesamento da información. Técnicas de investigación-acción participativa.

-Información:

Material curricular. Programas das empresas ou entidades. Material xerado polos equipos educativos ou de atención á infancia. Orientacións xeradas por equipos de atención temperá, centros de profesores e outras instancias educativas e asistenciais. Actas de reunións. Informes socioculturais do contorno da empresa ou institución. Lexislación vixente en materia de educación infantil e atención á infancia. Bibliografía científica en torno á atención á infancia. Informes diversos sobre evolución e desenvolvemento dos nenos.

-Persoal e/ou organizacións destinatarias:

Nenas e nenos de 0 a 6 anos, nos niveis de competencia establecidos pola lexislación vixente. Familias. Equipos educativos e multidisciplinares. Responsables educativos. Escolas infantís (primeiro ciclo), casas de nenos e outros programas e institucións de atención á infancia. Residencias materno-infantís. Servicios sociais con prestacións destinadas á infancia (cárceres, centros de acollida, etc). Servicios de educación non formal, públicos ou privados. Programas de atención á infancia no ámbito de servicios culturais e de tempo libre.

2.5.2. Unidade de competencia 2: preparar, desenvolver e avalia-las actividades destinadas ó desenvolvemento de hábitos de autonomía e á atención das necesidades básicas.

RealizaciónsCriterios de realización

2.1.Preparar e supervisa-los espacios e materiais de actividade, segundo a lexislación vixente, co fin de garanti-la satisfacción das necesidades básicas e desenvolve-la capacidade de autonomía nos nenos e as nenas asignados.* A asignación e/ou distribución de espacios cumpre as normas de seguridade infantil establecidas, naqueles destinados para:

-Alimentación.

-Aseo e hixiene.

-Sono e descanso.

-Uso e coidado de obxectos persoais.

-Actividades ó aire libre.
* A asignación e/ou distribución de espacios ten en conta o número e a idade dos nenos e das nenas asignados e a súa finalidade.

RealizaciónsCriterios de realización

* A asignación e/ou distribución de espacios realízase a partir dos criterios metodolóxicos previstos.
* A asignación e/ou distribución terá en conta as orientacións e informacións subministradas polos profesionais ou equipos competentes sobre os espacios de actividade.
* A selección e organización dos materiais específicos para cada espacio realízase en función da asignación e/ou distribución de espacios realizada e o orzamento dispoñible.
* Os materiais e equipos específicos dos espacios asignados cumpren as normas de calidade e seguridade establecidas.
* A achega de materiais por parte das familias atense ós criterios establecidos.
* A supervisión dos espacios e materiais realízase a partir dos criterios metodolóxicos previstos.
* A supervisión permite valora-la utilización dos espacios e os materiais, co fin de facilita-la achega de solucións ás desviacións detectadas.
* A supervisión permite comproba-lo estado e a cantidade dos materiais, co fin de solicitar novas compras ou reposicións.
* A supervisión permite comproba-lo estado dos espacios e materiais, co fin de comproba-la súa seguridade e solicita-las medidas oportunas para a súa reparación ou acondicionamento.
* A solicitude de materiais atense ás normas e ós procedementos establecidos, utilizando a documentación adecuada.

2.2.Realiza-las actividades de intervención dirixidas á satisfacción das necesidades básicas e á formación de hábitos.* A interpretación da información recibida permite a comprensión das necesidades de grupo e individuais dos nenos e das nenas con relación a:

-Alimentación.

-Aseo e hixiene.
-Descanso e sono.
-Uso e coidado de obxectos persoais.
-Actividades ó aire libre.
* A programación de intervención adecúase ás necesidades detectadas, ós criterios metodolóxicos previstos e ós recursos dispoñibles e debe recoller:

-O destinatario da actividade.

-Obxectivos da actividade.
-A selección dos materiais, segundo idade.
-A localización espacial da actividade.
-As normas para a realización das actividades.
-A secuencia de actividades.
-Os criterios e instrumentos de recollida de información.
* Nos casos que así se determine, deberase incluí-la previsión das axudas técnicas necesarias.
* As actividades destinadas a cubri-las necesidades básicas e a formación de hábitos relacionados coa alimentación realízanse segundo o previsto na programación, tendo en conta:

-A utilización adecuada do material.

-A adecuación á secuencia e o tempo previstos.
-A preparación e presentación dos alimentos.
-O seu consumo adecuado.
-A relación establecida co neno ou coa nena.

RealizaciónsCriterios de realización

* As actividades destinadas a cubri-las necesidades básicas e a formación de hábitos relacionados co aseo e a hixiene realízanse segundo o previsto na programación, tendo en conta:

-A utilización adecuada do material.

-A adecuación á secuencia e o tempo previstos.
-A aplicación das medidas hixiénico-sanitarias e de seguridade.
-A incorporación dos hábitos hixiénico-sanitarios no neno ou na nena.
-A relación establecida co neno ou a nena.
* As actividades destinadas a cubri-las necesidades básicas e a formación de hábitos relacionados co descanso e o sono realízanse segundo o previsto na programación, tendo en conta:

-A utilización adecuada do material.

-A adecuación á secuencia e o tempo previstos.
-A aplicación das actividades de relaxación.
-A incorporación dos hábitos de descanso e sono no neno ou na nena.
-A relación establecida co neno ou coa nena.
* As actividades destinadas a cubri-las necesidades básicas e a formación de hábitos relacionados co uso e coidado dos obxectos persoais realízanse segundo o previsto na programación, tendo en conta:

-A selección e colocación adecuada do material de uso persoal.

-A adecuación á secuencia e o tempo previstos.
-A incorporación dos hábitos de uso e coidado de obxectos persoais no neno ou na nena.
-A relación establecida co neno ou coa nena.
* As actividades ó aire libre destinadas a cubri-las necesidades de benestar psicofísico realízanse segundo o previsto na programación, tendo en conta:

-As posibilidades de uso e adaptación da estructura espacial.

-A selección e colocación adecuada do material.
-A adecuación ó tempo previsto.
-A utilización adecuada do material.
-A incorporación de hábitos de exercicio físico para un desenvolvemento saudable dos nenos e das nenas.

-A relación establecida co neno ou coa nena.

* A observación dos condicionantes externos e dos inherentes á actividade permite a adaptación do programa e a modificación das intervencións.
* O control dos materiais e productos utilizados permite corrixi-las continxencias detectadas, co fin de garanti-la seguridade dos nenos e das nenas.
* O control dos materiais e productos utilizados permite corrixi-las continxencias detectadas, co fin de garanti-la seguridade dos nenos e das nenas.
* A intervención en accidentes ou situacións de alteración sanitaria realízase cos procedementos e cos materiais previstos, co fin de garanti-la súa resolución.
* A comunicación da información sobre a realización das actividades ás persoas implicadas realízase segundo o procedemento previsto.

RealizaciónsCriterios de realización

2.3.Actuar en situacións de conflicto relacionadas co desenvolvemento das capacidades de autonomía e a realización de actividades de atención das necesidades básicas, seguindo, se é o caso, as orientacións recibidas dos profesionais competentes.* A información de grupo ou individual obtida durante o desenvolvemento das actividades permite detectar posibles situacións de conflicto.

* A aplicación das técnicas e instrumentos de avaliación permite recoller información sistemática sobre a situación detectada.

* A información obtida permite determina-las accións necesarias dentro do ámbito da súa competencia.
* A selección da información realízase elixindo aquela que teña carácter relevante e significativo, para a súa comunicación ós profesionais correspondentes e ás familias do grupo ó seu cargo.
* A comunicación das situacións detectadas ós profesionais correspondentes e ás familias dos nenos realízase segundo criterios e procedementos previstos.
* A comunicación ofrecida ás familias dos nenos favorece a súa implicación nas estratexias que se deben aplicar.
* A determinación dos obxectivos, estratexias e actividades para a resolución de conflictos realízase a partir da información recibida, segundo a situación detectada e os recursos dispoñibles.
* A aplicación das estratexias e actividades de intervención para a resolución de conflictos responderá ós criterios metodolóxicos previstos.
* A aplicación das estratexias e actividades de intervención para a resolución de conflictos permite obte-los logros previstos.
* A intervención do técnico na aplicación das estratexias e actividades realízase segundo criterios propios da súa profesionalidade, mantendo unha actitude serena e controlando a situación.
* A valoración das estratexias e actividades aplicadas permite valora-la súa adecuación á situación detectada.
* A valoración das estratexias e actividades aplicadas permite comprobar se se obtiveron os logros previstos.
* A valoración das estratexias e actividades aplicadas permite valora-la súa adecuación a outras situacións futuras.
* No caso de accidentes ou sucesos inesperados, aplícanse as medidas de primeiros auxilios ou de prevención establecidas, de forma correcta e adecuada a cada caso.
* A comunicación ás persoas competentes destes accidentes ou sucesos inesperados realízase segundo os criterios e cos procedementos previstos.

2.4.Aplica-las técnicas e procedementos de avaliación para valora-lo benestar físico e psíquico obtido e a consecución das capacidades de autonomía nos nenos e as nenas asignados.* A determinación de criterios e procedementos de avaliación realízase en función dos criterios metodolóxicos previstos.

* A elaboración dos instrumentos réxese por criterios de facilidade de aplicación, funcionalidade e fiabilidade.

* A aplicación dos instrumentos de avaliación realízase segundo os criterios previstos.
* A aplicación dos instrumentos de avaliación permite recolle-la información de forma adecuada, co fin de valorar correctamente os logros obtidos.
* A interpretación da información obtida permite a comprobación de que as capacidades de autonomía e o nivel de benestar adquiridos son os adecuados.

RealizaciónsCriterios de realización

* A comunicación ás persoas implicadas no proceso de avaliación realízase segundo os procedementos previstos.
* A interpretación da información obtida realízase utilizando correctamente os instrumentos avaliativos previstos e permite a toma de decisións sobre:

-A adecuación dos criterios metodolóxicos.

-A utilidade das estratexias de intervención aplicadas.
-A funcionalidade dos espacios e materiais empregados.
-A adecuación das técnicas e instrumentos de avaliación aplicados.
-A viabilidade e continuidade do programa educativo.
-Os axustes na coordinación do equipo educativo.

Dominio profesional.

-Medios de producción e/ou tratamento da información:

Instrumentos de observación. Procedementos de colaboración coas familias (entrevistas, cuestionarios, etc). Reunións de equipo educativo ou asistencial. Soporte informático. Material audiovisual.

-Materiais e productos intermedios:

Materiais de aula e de espacio libre. Material específico para cada actividade, adaptado ás situacións infantís: alimentación, hixiene e aseo, sono e descanso, uso persoal e actividades ó aire libre. Materiais da caixa de urxencias e primeiros auxilios. Material didáctico adaptado ás actividades. Preparación e supervisión de espacios de actividade. Selección e organización de materiais. Intervención educativa. Relacións entre os nenos.

-Principais resultados do traballo:

Satisfacción das necesidades básicas. Adquisición de hábitos. Desenvolvemento das capacidades de autonomía no neno.

-Procesos, métodos e procedementos:

Organización de espacios, materiais e tempos para a satisfacción de necesidades básicas e desenvolvemento de hábitos. Establecemento de hábitos e rutinas. Estratexias de resolución de conflictos. Técnicas e instrumentos de observación e avaliación. Procedementos de control de espacios e materiais. Procedementos de administración de primeiros auxilios. Técnicas de traballo en equipo.

-Información:

Material curricular. Informes de avaliación individualizados. Informes de equipos especializados. Informes pediátricos. Escalas evolutivas. Bibliografía específica. Normativa de seguridade, calidade e hixiene respecto ós materiais para empregar con nenos. Normativa de espacios de Educación Infantil. Catálogos divulgativos sobre material de Educación Infantil. Menús adaptados a cada situación. Instruccións para a elaboración de preparados alimenticios. Follas de pedidos de material específico. Instruccións específicas sobre coidados sanitarios.

-Persoal e/ou organizacións destinatarias:

Nenas e nenos de 0 a 6 anos nos niveis de competencia establecidos pola lexislación vixente. Escolas Infantís (primeiro ciclo), casas de nenos e outros programas e institucións de atención á infancia. Residencias materno-infantís. Servicios sociais que cobren servicios de atención á infancia (cárceres, centros de acollida, centros de menores, etc).

2.5.3. Unidade de competencia 3: preparar, desenvolver e avaliar proxectos educativos formais e non formais.

RealizaciónsCriterios de realización

3.1.Preparar e supervisa-los materiais didácticos e os espacios de actividade, segundo o programa establecido, adaptándoos ó tipo de actividade e ás súas pautas de desenvolvemento.* A asignación e/ou distribución de espacios ten en conta o número de participantes, a finalidade da actividade e o previsto na programación.
* No caso de saídas ó exterior ou de utilización de espacios non destinados especificamente a uso infantil, compróbase a dispoñibilidade, as posibilidades de desenvolve-la actividade e a seguridade dos espacios.
* A realización, se é o caso, das xestións oportunas para a contratación de medios de desprazamento e para o acceso ós espacios cumpre cos procedementos previstos.
* A previsión de gastos e o seu control fanse de acordo co orzamento asignado e os procedementos establecidos.
* A selección e/ou elaboración dos materiais (expresión e representación, iconográficos e audiovisuais, xogos e xoguetes, científico-recreativos, natureza, etc) realízase a partir dos obxectivos definidos para a actividade, segundo os criterios metodolóxicos previstos, co fin de adecualos a cada situación individual.
* A selección dos materiais realízase valorando a súa facilidade de acceso e custo e verificando que cumpren coas normas de seguridade e hixiene infantís establecidas.
* Os espacios de actividade cumpren os requisitos da normativa vixente en canto a seguridade e hixiene.
* A supervisión dos espacios e os materiais permite a posta en marcha da actividade.
* A supervisión permite comproba-lo estado e a cantidade dos materiais, co fin de solicitar novas compras ou reposicións.
* A supervisión permite comproba-lo estado dos espacios e materiais, co fin de garanti-la súa seguridade e solicita-las medidas oportunas para a súa reparación ou acondicionamento.
* A solicitude de materiais atense ás normas e ós procedementos establecidos e realízase coa documentación adecuada.

3.2.Realiza-las actividades de educación infantil, a partir do programa establecido, atendendo individual e colectivamente ós nenos e as nenas, para o desenvolvemento das súas capacidades.* No caso de intervención doutros profesionais ou das persoas responsables dos nenos ou as nenas, o técnico comunica as normas previstas, as actuacións que se van realizar e as actitudes que deben manter estes no desenvolvemento da actividade.
* A recepción da información establecida permite a posta en marcha da actividade.

RealizaciónsCriterios de realización

* A utilización do material axústase ó desenvolvemento da actividade, ós criterios metodolóxicos previstos e ás capacidades de cada neno ou nena.
* A utilización de materiais e equipos audiovisuais cumpre as normas de funcionamento establecidas e os criterios de uso didáctico fixados, co fin de obte-los resultados previstos.
* O uso dos distintos espacios educativos e a utilización do material axústase ás indicacións previstas, co fin de favorece-lo desenvolvemento integral infantil.
* O desenvolvemento das actividades cumprirá a secuencia e horario previstos, resolvendo continxencias e comunicando as desviacións, se procede.
* A aplicación de criterios de organización (agrupamento, control, relacións, preferencias individuais) dos recursos humanos realízase en función do programa establecido, co fin de garanti-lo desenvolvemento e a seguridade e integridade física dos nenos e das nenas.
* A intervención do técnico ten en conta os criterios metodolóxicos previstos e as características dos nenos e as nenas e realízase mediante:

-O establecemento de relacións afectivas, normativas e de identidade.

-A comunicación das instruccións necesarias para a comprensión da actividade.

-A atención individual e/ou grupal.

-A utilización das técnicas adecuadas axústase ós criterios metodolóxicos previstos no programa.

* A recollida de materiais, a limpeza do espacio e o aseo dos nenos e das nenas trala actividade, realizarase segundo o procedemento e os criterios metodolóxicos previstos.

3.3.Aplica-las técnicas e os procedementos de avaliación para valora-lo desenvolvemento de programas e actividades de educación formal e non formal.* A determinación, se é o caso, de criterios e procedementos de avaliación realízase en función dos obxectivos e dos criterios metodolóxicos previstos.
* A elaboración dos instrumentos réxese por criterios de facilidade de aplicación, funcionalidade e fiabilidade.
* A aplicación dos instrumentos de avaliación realízase segundo os criterios previstos.
* A aplicación dos instrumentos de avaliación permite recolle-la información de forma adecuada, co fin de valorar correctamente os logros obtidos en relación coas finalidades da institución, a evolución dos nenos e das nenas e a intervención desenvolvida.
* A comunicación ás persoas implicadas no proceso de avaliación realízase segundo os procedementos previstos.
* A interpretación da información obtida realízase utilizando correctamente os instrumentos avaliativos previstos e permite a toma de decisións sobre:

-A adecuación dos criterios metodolóxicos.

-A utilidade das estratexias de intervención aplicadas.
-A funcionalidade dos espacios, materiais e técnicas empregados.
-A adecuación das técnicas e instrumentos de avaliación aplicados.
-A viabilidade e continuidade do programa.
-Os axustes na coordinación do equipo.

Dominio profesional.

-Medios de producción e/ou tratamento da información:

Material informático. Material informativo e divulgativo. Instrumentos de avaliación. Ficheiro de actividades. Material audiovisual.

-Materiais e productos intermedios:

Materiais de aula e de espacio libre. Material da caixa de urxencias e primeiros auxilios. Material para atención de necesidades básicas. Material didáctico (musicais, plásticos, dramatización, lúdicos, científico-recreativos, literarios, psicomotricidade, etc) para cada actividade, adaptado ás situacións infantís. Preparación e supervisión de espacios de actividade. Xestión de medios de transporte. Selección e organización de materiais. Intervención educativa. Relacións entre os nenos. Espacios habilitados para o desenvolvemento de actividades.

-Principais resultados do traballo:

Desenvolvemento de actividades educativas. Desenvolvemento persoal e colectivo dos nenos e das nenas.

-Procesos, métodos e procedementos:

Métodos de intervención didáctica. Técnicas de expresión e comunicación. Técnicas de organización e dirección de xogos. Técnicas de dinamización de grupos.

-Información:

Materiais curriculares. Información diversa e individualizada de evolución infantil (psicolóxica, educativa, sociolóxica, médica, etc). Bibliografía específica. Material audiovisual. Documentación de traballo. Documentación de xogos, cancións, literatura e outras actividades. Lexislación en materia de responsabilidade civil.

-Persoal e/ou organizacións destinatarias:

Nenas e nenos de 0 a 6 anos, nos niveis de competencia establecidos pola lexislación vixente. Familias. Clientes. Escolas infantís (primeiro ciclo), casas de nenos e outros programas e institucións de atención á infancia. Residencias materno-infantís. Outros servicios sociais con prestacións destinadas á infancia (cárceres, centros de acollida, etc). Programas destinados á infancia no ámbito de servicios culturais e de tempo libre. Servicios de atención á infancia ofertados por distintas institucións ou empresas (RENFE, centros comerciais, transporte marítimo, aeroportos, turísticas, etc).

2.6. Evolución da competencia profesional:

2.6.1. Cambios nos factores tecnolóxicos, organizativos e económicos:

Menciónanse a continuación unha serie de cambios previsibles no sector que, en maior ou menor medida, poden influír na competencia deste técnico:

-As directrices emanadas do Decreto 1004/1991 (BOE nº 152, do 26 de xuño) transformarán a estruc

tura das empresas ou institucións dedicadas á atención infantil, promovendo a recualificación dos profesionais do sector. Tamén se derivará un maior peso cara ás actividades e procesos de ensino-aprendizaxe. A nova ordenación do sistema educativo permitirá a constitución de equipos de educadores infantís, no primeiro ciclo de educación infantil, compostos por técnicos superiores e, se é o caso, mestres especialistas en educación infantil.

-A aparición de empresas dedicadas a actividades de ocio infantil posibilitará un incremento da demanda de profesionais cualificados para a estimulación e desenvolvemento de actividades lúdicas infantís, dentro dos límites de idade da súa competencia.

-As novas estructuras sociais (incorporación da muller ó campo laboral, familias monoparentais, etc) e as directrices emanadas da UE con relación ós programas destinados á infancia, poderán determina-la aparición de novas empresas, propostas ou servicios nos que este profesional pode exerce-la súa actividade.

2.6.2. Cambios nas actividades profesionais:

A caída dos índices de natalidade pode representar un freo á xeración de emprego, que pode vir compensado por unha diminución da proporción entre nenos e educadores.

A libre circulación dos profesionais entre os distintos países da Unión Europea pode supoñer unha adaptación no exercicio da súa profesión, así como nas características dos destinatarios do servicio (discapacidade, prevención social, problemas migratorios, etc.).

A tendencia social de incremento do emprego feminino leva emparellada a necesidade de derivar parte dos aspectos educativos ó ámbito escolar, así como a unha maior incidencia do traballo educativo con familias que, neste caso, empezan a asumir tarefas para as que tradicionalmente non están formados, o que implica o desenvolvemento de actividades como escola de pais ou similares.

Os programas e proxectos de integración de minusválidos, amparados polo espírito lexislativo, crearán a necesidade de acomete-la educación de nenos e nenas nesta situación, determinados por idade biolóxica ou mental, favorecendo a especialización nese campo.

A crecente aparición de programas informáticos interactivos e audiovisuais para o ámbito educativo pode derivar no aumento de ferramentas ó servicio do educador, que debe estar preparado para asumi-lo seu uso na aula.

2.6.3. Cambios na formación:

O acento nos procesos de ensino-aprendizaxe leva emparellado un maior peso dos coñecementos científicos no ámbito da investigación educativa e do deseño curricular, unido a unha conciencia permanente de actualización profesional.

Os programas de integración e o respecto ás necesidades de individualización xeran a necesidade de coñecementos específicos para poder establece-las adaptacións necesarias en cada caso.

A importancia crecente do xogo como motor da aprendizaxe nestas idades levará a un maior coñecemento deste campo, valorando as súas aplicacións educativas e o aproveitamento de distintos tipos de recursos neste ámbito.

Pola necesidade de actualización permanente e as características do sector e os destinatarios, é imprescindible deixar espacio para as posibles achegas que poidan derivarse da intervención educativa.

2.7. Posición no proceso productivo:

2.7.1. Contorno profesional e de traballo:

Este técnico exercerá a súa actividade, fundamentalmente, no sector de docencia, dentro do subsector de educación infantil no primeiro ciclo, nas institucións, públicas ou privadas, dependentes tanto dos organismos estatais como dos autonómicos e locais. Nestas institucións actuará segundo os requisitos derivados do artigo 10 do capítulo I: da educación infantil, da Lei orgánica de ordenación xeral do sistema educativo. Neste sector é fundamental o traballo en equipo con profesionais do seu mesmo rango ou en cooperación con outros profesionais, así como a corresponsabilidade coas familias.

No sector de asistencia social, encadrarase en institucións e/ou programas específicos de traballo con menores en situacións de risco ou descompensación social, de forma plena, ou en medios de apoio familiar segundo as directrices doutros profesionais ou encargándose de casos específicos.

No sector de «educación non formal» (actividades recreativas, de tempo libre, lúdicas, etc) poderá acceder a diversos postos de traballo, incorporándose nun equipo con outros profesionais ou desenvolvendo programas específicos relacionados con estes campos (natureza, turismo, cidade, lecer, cultura, etc.) delimitando as súas funcións ó período de idade comprendido entre 0 e 6 anos.

Os tipos de empresas ou institucións son moi variados, tanto no seu tamaño como nos seus fins, tendo na actualidade como característica común a todas elas o traballo en equipo dos distintos profesionais que exercen alí a súa actividade.

2.7.2. Contorno funcional e tecnolóxico:

Desenvolve as súas actividades nas áreas funcionais de deseño, programación, desenvolvemento e avaliación de actividades de ensino-aprendizaxe e actividades de educación formal e non formal.

As técnicas e coñecementos abarcan o campo do desenvolvemento e aprendizaxe infantil. Encóntranse ligados directamente a:

* Proceso de desenvolvemento evolutivo infantil en tódolos seus ámbitos: cognitivo-motor e socioafectivo, así como alteracións de dito desenvolvemento.

* Programas, institucións, servicios e modalidades de atención á infancia.

* Técnicas de planificación, programación e investigación sobre a acción.

* Técnicas de observación e avaliación.

* Estratexias e métodos de ensinanza-aprendizaxe necesarios para a intervención educativa en diferentes idades e contextos.

* Medios e recursos de intervención no ámbito infantil, así como as técnicas requiridas para o seu desenvolvemento: xogos de expresión e comunicación e calquera outros que favorezan o desenvolvemento infantil.

* Técnicas de traballo en equipo e dinamización de grupos.

2.7.3. Ocupacións, postos de traballo tipo máis relevantes:

A título de exemplo e especialmente con fins de orientación profesional, enumérase a continuación un conxunto de ocupacións ou postos de traballo que poderían ser desempeñados adquirindo a competencia profesional definida no perfil do título:

* Educador infantil.

* Animador infantil.

Posibles especializacións:

A especialización derívase dos tres ámbitos en que pode traballar (educativo, traballo social ou educación non formal). A amplitude de institucións e programas poden requirir unha especialización neste técnico ó incorporarse ó mundo productivo. Esta situación require un período de adaptación/formación no posto de traballo para consegui-la oportuna especialización.

3. Currículo.

3.1. Obxectivos xerais do ciclo formativo:

-Comprende-lo marco legal, económico e organizativo das diferentes modalidades de atención á primeira infancia.

-Adquiri-los coñecementos teórico-prácticos que permitan unha adecuada intervención educativa na etapa 0 a 6 anos.

-Adquiri-la formación necesaria para coparticipar con familias, equipos e outros profesionais no desenvolvemento global dos nenos de 0 a 6 anos.

-Dispoñer dos recursos necesarios e das técnicas e os procedementos asociados que se poidan empregar no desenvolvemento de programas de intervención dirixidos á primeira infancia.

-Dispoñer das estratexias pedagóxicas máis adecuadas para a xeración e o desenvolvemento de programas dirixidos a este sector de poboación.

-Xerar iniciativas que permitan a mellora dos distintos procesos en que intervén, valorando a súa viabilidade e adecuación ó contorno.

-Ter unha actitude favorable á continua reciclaxe profesional, para completar e actualiza-la súa formación inicial.

-Reflexionar sobre a súa intervención, mantendo unha actitude crítica e investigadora, entendendo que a reformulación da súa actividade é a vía óptima para a súa mellora profesional.

-Valora-la responsabilidade que entraña a súa actuación ó intervir con persoas, delimitando as súas funcións e competencias.

-Utiliza-los elementos propios do método científico para transferilos a situacións de ensino-aprendizaxe no exercicio da súa profesión.

-Seleccionar e valorar criticamente as diversas fontes de información relacionadas coa súa profesión que lle permitan o desenvolvemento da súa capacidade de autoaprendizaxe e posibiliten a evolución e adaptación das súas capacidades profesionais ós cambios tecnolóxicos e organizativos do sector.

3.2. Módulos profesionais asociados a unha unidade de competencia:

3.2.1. Módulo profesional 1: didáctica da educación infantil:

Asociado á unidade de competencia 1: programar e avalia-los procesos educativos e de atención á infancia.

Capacidades terminais elementais:

* Comprende-la estructura curricular do sistema educativo desde o marco da educación infantil.

* Identifica-los diferentes documentos que ten que elaborar un centro de educación infantil segundo a normativa vixente.

* Elabora-los documentos de planificación do centro de educación infantil en colaboración con outros compañeiros e compañeiras.

* Elaborar programacións de aula atendendo ás circunstancias específicas de cada grupo de alumnas e alumnos.

* Valora-lo proceso de avaliación como un elemento esencial da atención educativa á infancia.

* Selecciona-las técnicas e recursos metodolóxicos axeitados para a intervención no proceso educativo dunha escola infantil, en función das características evolutivas dos nenos e nenas do grupo.

* Organiza-lo espacio dunha escola infantil en función das actividades, estratexias metodolóxicas e características dos nenos e das nenas.

* Organiza-lo tempo dunha escola infantil segundo as características evolutivas dos nenos e das nenas.

* Seleccionar e organiza-los recursos materiais axeitados para unha escola infantil tendo en conta os grupos de idade que acolle e as actividades programadas.

* Organiza-los recursos persoais dunha escola infantil distribuíndo os diferentes grupos de alumnos e alumnas, en función da programación e do proxecto educativo.

* Recoñece-los principios das diferentes correntes pedagóxicas para fundamenta-la intervención cos nenos e nenas dunha escola infantil.

* Identifica-los principais referentes lexislativos sobre a atención e educación da infancia para coñece-los seus dereitos, leis, institucións e fundamentos de intervención en situacións de risco.

* Identificar diferentes modelos de intervención na educación infantil para identificar e diferencia-lo que se utiliza nas nosas escolas.

* Identifica-las principais institucións e organismos que achegan recursos para a súa formación permanente.

* Elabora-las adaptacións curriculares pertinentes en función das necesidades educativas especiais que presente o alumnado dunha escola infantil.

-Contidos (duración 185 horas).

Contidos procedementais

-A infancia:

* Selección de documentación lexislativa e material para a investigación histórica.

* Interpretación de datos en función da época socio-histórico-económica na que acontecen.

-A educación infantil e a atención á infancia en Galicia e nos países do noso contorno:

* Identificación dos diferentes ámbitos nos que poden desenvolve-lo seu traballo os educadores e educadoras infantís.

* Busca, selección e análise de información sobre a educación infantil e a atención á infancia en Galicia e nos países do noso contorno.

-O proceso de ensino-aprendizaxe: teorías e implicacións didácticas:

* Busca, selección e análise de bibliografía sobre as diferentes teorías e modelos sobre o desenvolvemento e o proceso de ensino-aprendizaxe.

* Identificación das implicacións didácticas para a educación infantil que presentan as diferentes teorías e modelos sobre o desenvolvemento e o proceso de ensino-aprendizaxe.

-Principios que favorecen o proceso de aprendizaxe infantil:

* Análise dos principios que subxacen no deseño curricular de educación infantil.

* Identificación das diferentes teorías que sustentan os principios que favorecen o proceso de ensino-aprendizaxe en educación infantil.

* Formulación de propostas educativas a partir dos diferentes principios que deben marca-la intervención na educación infantil.

-Modelos actuais de educación infantil e atención á infancia en Galicia:

* Identificación das características da poboación destinataria dos diferentes programas dirixidos á infancia.

* Identificación das circunstancias que deron orixe ós diferentes programas dirixidos á infancia.

-A educación no medio rural:

* Busca, selección e análise de información sobre a educación no medio rural.

* Deseño e avaliación de programas de atención á infancia no medio rural.

-Os documentos do centro de educación infantil:

* Análise de proxectos de centro de escolas infantís.

* Realización de proxectos educativos.

* Realización de proxectos curriculares.

-A programación:

* Análise de unidades didácticas dirixidas a nenas e nenos de educación infantil.

* Deseño de unidades didácticas axeitadas ós nenos e nenas de educación infantil.

-O material como recurso didáctico:

* Organización dos materiais en función dos recursos espaciais dos centros de atención á infancia.

* Busca, selección e análise dos recursos materiais en función das características do alumnado dun centro de educación infantil e dos obxectivos que pretendamos conseguir.

* Elaboración de recursos materiais en función das características do alumnado dun centro de educación infantil e os obxectivos que pretendamos conseguir.

-A organización dos espacios como recurso didáctico:

* Busca, selección e análise de diferentes propostas de organización do espacio na educación infantil.

* Organización do espacio dunha escola infantil.

* Organización de espacios no ámbito da educación infantil non formal.

-A organización do tempo como recurso didáctico:

* Busca, selección e análise de propostas sobre a organización do tempo na educación infantil formal e non formal.

* Realización de horarios e calendarios para a organización dunha escola infantil.

* Identificación nos diferentes documentos curriculares de aspectos relacionados coa organización do tempo na escola infantil.

-A organización do persoal e do alumnado da escola infantil:

* Organización dos recursos persoais da escola infantil.

* Distribución do alumnado dunha escola infantil en función das súas características.

-A avaliación: modelos, instrumentos, medios e recursos:

* Deseño e aplicación dos diferentes instrumentos de avaliación.

* Elaboración e utilización de diferentes documentos de avaliación.

* Elaboración e utilización de diferentes documentos de comunicación ós pais da evolución dos nenos e nenas da escola infantil.

-Diversidade educativa e necesidades educativas especiais:

* Planificación de plans de actuación diferenciados ante a presencia de alumnado con necesidades educativas especiais na educación infantil.

* Identificación dos organismos específicos de apoio á diversidade educativa na educación infantil.

-Recursos para a autoformación, actualización e formación permanente:

* Selección de programas específicos para a actualización do ou da especialista en educación infantil.

* Identificación de organismos convocantes de programas específicos para a actualización do ou da especialista en educación infantil.

Contidos conceptuais

-A infancia:

* Historia da infancia.

* Os primeiros centros de atención á infancia.

* Situación da infancia na actualidade.

* Lexislación específica sobre a infancia.

* Organismos internacionais relacionados coa infancia.

-A educación infantil e a atención á infancia en Galicia e nos países do noso contorno:

* Evolución do concepto de educación infantil ó longo da historia.

* A educación infantil no marco educativo actual.

* Perfil e campo profesional do técnico ou técnica superior en educación infantil.

* A educación e a atención infantil noutros países.

-O proceso de ensino-aprendizaxe: teoría e implicacións didácticas:

* O proceso de ensino-aprendizaxe: elementos que interveñen nel.

* Diferentes modelos e teorías que inciden nos procesos de ensino-aprendizaxe.

-Escola tradicional.

-Os movementos de renovación pedagóxica.

-Achegas de distintas teorías psicolóxicas á educación infantil.

-Principios que favorecen o proceso de aprendizaxe infantil:

* A motivación.

* Sentido e significatividade das aprendizaxes.

* A globalización das situacións de ensino-aprendizaxe.

* A actividade, a experiencia e o xogo.

* O espacio, os materiais e o tempo.

-Modelos actuais de educación infantil e atención á infancia en Galicia:

* Lexislación que regula a educación infantil e a atención á infancia.

* Os diferentes centros de educación infantil.

* Os centros residenciais de atención á infancia.

* Programas de carácter asistencial.

* Programas de animación.

* Programas de carácter compensatorio.

-A educación no medio rural:

* Diferentes programas de atención á infancia no medio rural.

* Principios nos que se sustenta a educación infantil no medio rural.

* Características específicas da educación rural.

-Os documentos do centro de educación infantil:

* Lexislación específica sobre os documentos do centro de educación infantil.

* A programación xeral de centro.

* O proxecto educativo de centro.

* O proxecto curricular de centro.

-A programación:

* A programación como terceiro nivel de concreción curricular.

* Diferentes tipos de unidades didácticas.

* Os elementos da programación.

-O material como recurso didáctico:

* Lexislación específica sobre os materiais escolares na educación infantil.

* A análise dos recursos didácticos.

* A organización dos recursos materiais dunha escola infantil.

-A organización dos espacios como recurso didáctico:

* Historia do edificio escolar.

* Lexislación específica sobre o espacio escolar.

* A organización do espacio escolar.

* Outros espacios de uso na infancia.

-A organización do tempo como recurso didáctico:

* Lexislación específica sobre a organización temporal dunha escola infantil.

* A distribución do tempo na educación infantil

-A organización do persoal e do alumnado da escola infantil:

* Diferentes modelos de organización escolar ó longo da historia.

* Lexislación específica sobre organización do persoal e do alumnado dunha escola infantil.

* Os órganos de goberno dunha escola infantil.

* A distribución do alumnado en grupos.

* Os órganos de apoio dunha escola infantil.

* A coordinación dos diferentes profesionais que traballan nunha escola infantil.

-A avaliación: modelos, instrumentos, medios e recursos:

* Modelos de avaliación.

* Funcións da avaliación.

* Fases do proceso avaliador.

* Técnicas de avaliación.

* Instrumentos de avaliación.

* Lexislación específica sobre a avaliación en educación infantil.

* Os documentos de avaliación na educación infantil.

* A avaliación dos proxectos de centro.

-Diversidade educativa e necesidades educativas especiais:

* Evolución histórica da atención ás necesidades educativas especiais.

* Lexislación específica sobre a atención á diversidade educativa na educación infantil.

* O centro ordinario de educación infantil e a atención ás necesidades educativas especiais.

* Os proxectos de centro en relación co alumnado con necesidades educativas especiais.

* O reforzo pedagóxico.

* As adaptacións curriculares.

* O plano de desenvolvemento individual.

* Organismos de apoio na atención á diversidade educativa na educación infantil.

-Recursos para a autoformación, actualización e formación permanente:

* As asociacións profesionais e os sindicatos.

* Os movementos de renovación pedagóxica.

* Os centros de formación continuada do profesorado.

* Outras iniciativas públicas e privadas.

Contidos actitudinais

-A infancia:

* Consciencia do valor da información recollida en función da época á que corresponde.

* Valoración da importancia da atención dada á infancia como un aspecto do progreso social.

* Interese polo mundo da infancia e dos aspectos relacionados con ela.

-A educación infantil e a atención á infancia en Galicia e nos países do noso contorno:

* Sensibilidade cara ó coñecemento da evolución da educación e a atención á infancia en Galicia e nos países do noso contorno.

-O proceso de ensino-aprendizaxe: teoría e implicacións didácticas:

* Preocupación polo coñecemento das achegas históricas para a mellora do traballo cotiá do ou da especialista en educación infantil.

* Curiosidade polo coñecemento das achegas teóricas e prácticas no traballo na educación infantil.

-Principios que favorecen o proceso de aprendizaxe infantil:

* Apreciación da importancia duns principios educativos que enmarquen a intervención na educación infantil.

* Respecto polas opinións dos outros membros do equipo e valoración do consenso como fórmula para chegar a propostas comúns sobre os principios que deben marca-la liña metodolóxica dun centro de educación infantil.

-Modelos actuais de educación infantil e atención á infancia en Galicia:

* Apreciación da existencia de diferentes programas e servicios de atención á infancia como resposta ás diversas situacións familiares.

-A educación no medio rural:

* Consciencia da importancia dunha Educación Infantil específica para o mundo rural no noso país.

-Os documentos do centro de educación infantil:

* Valoración do traballo en equipo como esencial do educador infantil.

-A programación:

* Consciencia da importancia da planificación educativa para o traballo na educación infantil.

* Eficacia e eficiencia na posta en práctica da programación dirixida ós nenos e nenas de educación infantil en función das súas características e do contexto.

-O material como recurso didáctico:

* Valoración da importancia da selección de recursos comúns para os nenos e as nenas da escola infantil.

* Interese polos aspectos relacionados cos recursos materiais da escola infantil.

-A organización dos espacios como recurso didáctico:

* Consciencia da importancia da utilización homoxénea do espacio por parte dos nenos e das nenas.

* Preocupación pola lexislación sobre espacios escolares como un elemento substancial para a análise do concepto de ensino que posúen as diferentes administracións.

* Interese polos aspectos relacionados coa organización dos espacios da escola infantil.

-A organización do tempo como recurso didáctico:

* Consciencia da importancia específica que ten a organización do tempo na escola infantil para a adquisición de conceptos fundamentais no alumnado destas idades.

* Interese polos aspectos relacionados coa organización do tempo na escola infantil.

-A organización do persoal e do alumnado da escola infantil:

* Responsabilidade e colaboración cos outros membros do equipo educativo dunha escola infantil no proceso de organización do centro.

-A avaliación: modelos, instrumentos, medios e recursos:

* Consciencia das consecuencias de todo tipo que pode produci-lo proceso avaliador.

* Comprensión da importancia que ten a avaliación dentro do proceso educativo.

-Diversidade educativa e necesidades educativas especiais:

* Consciencia da importancia de elaborar propostas educativas axeitadas ante as necesidades educativas especiais.

* Interese polos aspectos relacionados coa diversidade educativa e o tratamento das necesidades educativas especiais.

* Sensibilidade polo tratamento diferenciado que require todo o alumnado en función das súas necesidades.

* Aceptación das diferencias interpersoais como consubstancial á esencia do ser humano.

-Recursos para a autoformación, actualización e formación permanente:

* Preocupación pola formación continuada como un elemento constituínte da cualificación profesional.

* Curiosidade por coñecer institucións e organismos específicos de formación continuada do profesorado.

* Interese pola actualización e formación permanente.

* Actitude positiva cara á súa autoformación.

3.2.2. Módulo profesional 2: autonomía persoal e saúde:

Asociado a unidade de competencia 2: preparar, desenvolver e avalia-las actividades destinadas ó desenvolvemento de hábitos de autonomía e á atención das necesidades básicas.

Capacidades terminais elementais

* Identifica-las características do desenvolvemento físico e as necesidades básicas en materia de saúde dos nenos e nenas de 0 a 6 anos.

* Programar actividades de atención ás necesidades básicas dos nenos e nenas en función da idade e do contexto de intervención.

* Prepara-los espacios e materiais axeitados para as actividades referidas á atención das necesidades básicas en función das características do alumnado, dos criterios metodolóxicos e da programación.

* Identifica-las enfermidades e os accidentes máis frecuentes na infancia e aplica-los procedementos óptimos para cada caso.

* Identifica-los pasos na planificación de programas para o desenvolvemento e adquisición de hábitos de alimentación correctos, de hábitos de hixiene e vestido e de hábitos de sono e conducta en casos determinados.

* Desenvolver e aplicar proxectos ou programas educativos de estimulación e aprendizaxe dos hábitos de autonomía persoal para a satisfacción das necesidades básicas e psicofísicas dos nenos e nenas, segundo a idade e o contexto.

* Identifica-los trastornos e conflictos máis frecuentes na infancia en relación cos hábitos de autonomía persoal e de conducta.

* Aplicar programas de intervención destinados a nenos e nenas en situacións de conflicto, xurdidas da aplicación das estratexias metodolóxicas.

* Desenvolver procedementos de avaliación dos modelos de aplicación na atención ás necesidades infantís.

* Elaborar programas de avaliación e seguimento das intervencións na aprendizaxe de hábitos de autonomía persoal.

* Elaborar documentos para a comunicación cos pais e para a observación e seguimento da evolución da conducta dos nenos e nenas.

-Contidos (duración 185 horas).

Contidos procedementais

-Crecemento e desenvolvemento físico do neno de 0 a 6 anos:

* Diferenciación dos aspectos cualitativos e cuantitativos que se producen no desenvolvemento infantil.

* Utilización dos recursos apropiados para a atención ós meniños acabados de nacer.

* Utilización de técnicas de recollida de datos para o seguimento e valoración dos avances no desenvolvemento físico dos nenos.

* Interpretación de escalas e datos da evolución dos diferentes parámetros físicos dos cativos.

-Necesidades infantís primarias:

* Alimentación.

-Análise e clasificación dos alimentos básicos na infancia.

-Manexo da táboa de alimentos e criterios axeitados na elaboración de menús.

-Aplicación das técnicas correctas na alimentación dos bebés.

* Aseo e hixiene:

-Análise das condicións básicas de saúde no medio no que se desenvolve o neno.

-Identificación e observación de medidas hixiénicas correctas.

-Aplicación correcta das técnicas de baño da infancia.

-Planificación e organización dos espacios para a hixiene infantil.

-Utilización axeitada da roupa e do calzado, segundo o lugar e o tempo.

* Descanso e sono:

-Planificación das condicións que eviten a fatiga no neno.

-Organización de espacios para o descanso e o sono na escola.

-Planificación de actividades previas e inmediatamente posteriores ó momento de durmir.

-Utilización do momento de ir durmir como un «momento especial» na relación educador-neno.

-Saúde e enfermidade:

* Detección, identificación e intervención ante nenos e nenas que presenten síntomas de enfermidade.

* Identificación dos principais síntomas das enfermidades máis habituais na infancia.

* Prevención na educación infantil dos principais aspectos que teñan que ver coa xénese de enfermidades transmisibles.

* Organización de actividades e planificación de recursos para nenos hospitalizados.

* Organización e planificación de campañas e actividades de promoción da saúde.

-Hábitos de autonomía persoal:

* Identificación e organización dos recursos materiais, espaciais e temporais para o desenvolvemento das rutinas diarias.

* Selección e utilización de estratexias que favorezan a adquisición de hábitos en relación coa alimentación, a hixiene, descanso e autonomía e identidade persoais.

* Atención e seguimento do proceso que o neno segue para o control de esfínteres.

-Programación, adestramento e avaliación dos hábitos de autonomía:

* Planificación e avaliación de programas de adquisición de hábitos adaptados á idade dos nenos.

* Adecuación de espacios e recursos que faciliten a adquisición e adestramento en hábitos de autonomía.

* Selección e planificación de estratexias de colaboración familia-escola na formación dos hábitos.

-Conflictos e trastornos máis habituais relacionados coa alimentación, a hixiene, o sono e outros hábitos:

* Detección e análise dos conflictos que se presentan en relación coa alimentación, coa hixiene e co sono e con outros hábitos.

* Planificación da intervención nos conflictos que se presenten relacionados cos hábitos anteriores.

* Planificación de estratexias de colaboración familia-escola na resolución de conflictos relacionados cos hábitos de autonomia.

-Accidentes infantís: situacións habituais e pautas de intervención:

* Análise dos riscos e factores que predispoñen ós accidentes na infancia.

* Identificación dos riscos potenciais de accidentes infantís no mundo escolar.

* Organización e planificación de «espacios seguros» que eviten no posible os accidentes infantís.

* Aplicación de técnicas de respiración artificial e masaxe cardiaca.

* Aplicación práctica de primeiros auxilios, adaptados ó tipo e á gravidade do accidente en cada caso.

Contidos conceptuais

-Crecemento e desenvolvemento físico do neno de 0 a 6 anos:

* Fecundación, embarazo e parto.

* Crecemento, maduración e desenvolvemento.

* Factores que inflúen no desenvolvemento infantil.

* Características do neonato.

* Etapas do desenvolvemento infantil. Características físicas do infante ata os seis anos.

* Técnicas de recollida de seguimento do crecemento infantil.

* Alteracións no desenvolvemento físico do neno e indicadores.

-Necesidades infantís primarias:

* Alimentación:

-Nutrición, alimentación e dietética.

-Funcións e influencia da alimentación no desenvolvemento infantil.

-Os principios inmediatos e os grupos de alimentos.

-Distintas fases na alimentación infantil: a lactación natural, a lactación artificial e a alimentación complementaria.

-Os menús na escola infantil: criterios de elaboración.

-A alimentación como momento educativo: o papel da educadora.

* Aseo e hixiene:

-Hixiene e saúde.

-Hixiene do ambiente.

-O aseo corporal.

-Vestidos, calzados e outros obxectos de uso persoal. Tipos de roupa e calzado.

-Utensilios de uso persoal.

-O medio acuático: posibilidades educativas.

* Descanso e sono:

-A actividade e o descanso na infancia.

-A fatiga no neno: causas que a producen.

-Características do descanso e do sono na infancia. Fisioloxía do ciclo vixilia-sono.

-O sono do neno na casa e na escola infantil: horarios, espacios e rituais.

-Bases psicopedagóxicas do descanso na escola infantil.

-Asesoramento familiar: condicións que facilitan o sono.

-Saúde e enfermidade:

* Saúde e enfermidade: concepcións e factores implicados no seu proceso.

* A escola promotora de saúde: elementos e características.

* A educación para a saúde na escola infantil.

* As enfermidades na infancia.

* As enfermidades infecciosas na infancia: características, síntomas, período de incubación e tratamento. Prevención.

* As enfermidades infantís non transmisibles. Prevención.

* O educador como axente de saúde.

* As vacinas.

-Hábitos de autonomía persoal:

* A importancia do cotián na educación infantil: rutinas e hábitos.

* Os hábitos: elementos constitutivos.

* Criterios que se deben ter presentes na formación dos hábitos.

* Hábitos en relación coa alimentación.

* Hábitos en relación coa hixiene.

* Hábitos en relación co descanso.

* A autonomía e identidade persoais.

-Programación, adestramento e avaliación dos hábitos de autonomía:

* Programas para a adquisición dos hábitos de autonomía persoal.

* Actividades específicas para o desenvolvemento de hábitos de autonomía persoal.

* Recursos para o desenvolvemento de hábitos de autonomía persoal.

* Avaliación dos hábitos de autonomía persoal.

* A colaboración entre pais e educadores para a formación de hábitos na infancia.

-Conflictos e trastornos máis habituais relacionados coa alimentación, a hixiene, o sono e outros hábitos:

* Conflictos relacionados co sono dos nenos.

* Trastornos relacionados coa hixiene.

* Trastornos relacionados coa alimentación.

* Conflictos máis habituais da conducta infantil

* Modificación de conductas: métodos, técnicas e procedementos.

-Accidentes infantís: situacións habituais e pautas de intervención:

* Epidemioloxía.

* Factores de risco de accidentes na infancia.

* Normas de seguridade e medidas preventivas nas distintas idades e nos distintos espacios da casa e da escola.

* Accidentes máis frecuentes na infancia.

* Marco lexislativo sobre seguridade infantil.

* Intervención ante os accidentes infantís.

* A caixa de urxencias.

* Papel do profesional de educación infantil na prevención de accidentes.

Contidos actitudinais

-Crecemento e desenvolvemento físico do neno de 0 a 6 anos:

* Sensibilización ante ás diferencias individuais no ritmo de crecemento e maduración infantil.

* Valoración dos factores ambientais que contribúen ó desenvolvemento físico do neno.

* Curiosidade polas distintas fases da evolución do ser humano desde a fecundación ata o momento de nacer.

* Valoración da importancia do seguimento dos parámetros de desenvolvemento físico dos nenos.

-Necesidades infantís primarias:

* Alimentación, hixiene e sono.

-Valoración e apreciación dos hábitos correctos de alimentación, hixiene e sono infantil.

-Interese polas tarefas relacionadas coa alimentación, a hixiene e o sono infantil.

-Aceptación das diferencias individuais na alimentación.

-Valoración da alimentación, hixiene e sono como momentos educativos.

-Saúde e enfermidade:

* Sensibilización cara ós hábitos de hixiene como prevención de enfermidades.

* Responsabilidade na atención e seguimento dos nenos que manifestan síntomas de enfermidade.

* Interese e colaboración nas campañas de promoción da saúde organizadas polas diferentes institucións ou organizacións comunitarias.

* Actitude positiva cara a si mesmo e cara ós demais.

-Valoración do papel do educador infantil.

-Hábitos de autonomía persoal:

* Valoración das rutinas diarias como eixe da intervención na escola infantil.

* Actitude positiva cara á autonomía e á iniciativa do neno.

* Asunción do feito de repetir tódolos días as rutinas diarias, ilusionándose e apreciando os pequenos logros que se van dando.

* Responsabilizarse de establecer cos nenos unha atención individualizada, fomentando neles a confianza e vínculos emocionais positivos.

* Interese pola observación e seguimento da conducta dos nenos en relación cos hábitos de autonomía.

-Programación, adestramento e avaliación dos hábitos de autonomía:

* Sensibilización e comprensión das dificultades do neno para a adquisición de determinados hábitos.

* Actitude positiva cara ó neno para axudalo a elaborar unha imaxe positiva de si mesmo.

* Valoración da importancia do «modelo adulto» como referencia do neno para a adquisición dos seus hábitos.

* Valoración da importancia da adquisición de hábitos no desenvolvemento infantil.

-Conflictos e trastornos máis habituais relacionados coa alimentación, a hixiene, o sono e outros hábitos:

* Aceptación e reflexión das posibles conductas regresivas que o neno poida mostrar.

* Rexeitamento de actitudes negativas cara os nenos que poidan presentar algún tipo de trastorno.

* Toma de conciencia da importanciada colaboración cos pais e outros profesionais na superación dos conflictos ou trastornos que os nenos presenten.

-Accidentes infantís: situacións habituais e pautas de intervención:

* Reacción con calma e autocontrol en situacións de accidente.

* Preocupación pola formación e reciclaxe en primeiros auxilios.

* Valoración dos riscos potenciais que pode presenta-lo medio escolar.

* Valoración das posibles medidas que hai que tomar diante dun posible accidente.

* Precaución e actitude responsable ante as medidas que hai que tomar no caso de ignorar ou dubidar.

3.2.3. Módulo profesional 3: metodoloxía do xogo:

Asociado a unidade de competencia 3: preparar, desenvolver e avaliar proxectos educativos formais e non formais.

Capacidades terminais elementais

* Analiza-la importancia metodolóxica do xogo na etapa da educación infantil, explicando a función do xogo na vida dos nenos e das nenas.

* Analiza-la evolución do xogo na infancia, co fin de adapta-las actividades lúdicas e os xoguetes ás diferentes necesidades e capacidades dos nenos e nenas a medida que van madurando.

* Elaborar e seleccionar materiais didácticos e lúdicos para diferentes ámbitos e proxectos educativos formais e non formais, valorando o seu grao de adecuación.

* Aplica-lo xogo como técnica e como recurso para o desenvolvemento de proxectos de intervención lúdico-recreativos con nenos e nenas de 0 a 6 anos.

* Organizar espacios axeitados, en función dos obxectivos, da idade e número de nenos e nenas, para proxectos educativos formais e non formais, tendo en conta as normas de seguridade e hixiene.

* Elaborar técnicas e instrumentos de observación para aplicalas en distintas situacións lúdicas.

* Identifica-las pautas de observación que dan a información sobre unha situación lúdica determinada.

* Aplicar técnicas e instrumentos de observación en distintas situacións lúdicas e educativas.

* Desenvolver proxectos de intervención lúdico-recreativos no ámbito da educación non formal.

-Contidos (duración 185 horas).

Contidos procedementais

-Xogo e desenvolvemento do neno:

* Utilización do xogo como eixe da intervención educativa.

* Análise das posibilidades educativas que promoven os diferentes tipos de xogo.

* Avaliación do xogo como instrumento básico da educación infantil.

* Observación e identificación dos diferentes momentos evolutivos do xogo na infancia.

* Identificación e análise das necesidades do neno e da nena e o seu reflexo nos xogos que practica.

-Técnicas e recursos do modelo lúdico:

* Utilización do modelo lúdico como dinamizador da vida infantil.

* Identificación dos obxectivos que hai que acadar co modelo lúdico.

* Selección e elaboración dos recursos lúdicos que se van utilizar na educación formal e non formal.

* Realización e aplicación do modelo lúdico nas diferentes situacións.

* Análise do papel do técnico de educación infantil no xogo dos nenos e nenas.

-Implicacións do xogo coas dimensións afectiva, social, cognitiva e sensomotora:

* Análise dos aspectos do desenvolvemento que potencian os diferentes tipos de xogos.

* Deseño de actividades lúdicas adaptadas ás necesidades motoras, afectivas, sociais e cognitivas dos nenos e nenas.

* Elaboración e selección de diferentes xogos para as distintas áreas do desenvolvemento infantil.

-Organización dos espacios:

* Análise da importancia do espacio na conducta lúdica dos nenos e nenas.

* Planificación de espacios adaptados ás diferentes actividades e necesidades lúdicas.

* Análise dos espacios lúdicos no medio urbano.

-A observación no xogo:

* Planificación dos pasos que se van seguir na observación dos nenos e nenas en situacións lúdicas.

* Análise dos criterios que se terán en conta en canto á observación da conducta infantil no momento do xogo.

* Elaboración de instrumentos de observación do xogo dos nenos e nenas.

* Avaliación axeitada dos datos recollidos nas observacións feitas durante o xogo dos nenos e nenas.

-Materiais e recursos necesarios para os xogos escolares e extraescolares:

* Elaboración de ficheiros de recursos e materiais que se van utilizar nas diferentes idades e situacións lúdicas.

* Observación e comparación dos recursos e materiais lúdicos utilizados en diferentes culturas.

* Planificación dos recursos e materiais para actividades extraescolares.

* Investigación, recollida e estudio sobre xogos tradicionais e populares.

* Utilización de materiais de refugallo para a elaboración de xoguetes.

-Xogos e xoguetes:

* Selección, planificación e adecuación dos xogos para as distintas idades.

* Análise e estudio das posibilidades educativas dos xoguetes presentes no mercado.

* Busca e recuperación de xogos e xoguetes tradicionais.

* Planificación de campañas de divulgación de criterios que hai que valorar á hora de merca-los xoguetes infantís.

-Organización, programación e desenvolvemento de actividades lúdicas extraescolares, de lecer e tempo libre e animación infantil:

* Planificación, con outros profesionais e institucións, de actividades de tempo libre e de animación infantil.

* Organización de diferentes propostas de xogos e animación infantil adaptadas ás posibilidades e recursos do medio.

* Utilización de datas significativas para resaltar e promover diferentes aspectos da vida cultural e social.

* Realización e animación de diferentes programas lúdicos relacionados co mundo infantil.

* Utilización do xogo como eixe de intervención educativa non formal.

-Atención á diversidade educativa:

* Planificación, organización e deseño de actividades lúdicas e de animación orientadas a nenos con discapacidades.

* Selección e deseño de xoguetes sen barreiras.

* Aplicación das posibilidades da ludoterapia cos nenos e nenas con necesidades educativas especiais.

-Programas e institucións de oferta lúdica:

* Selección e adaptación de programas de carácter lúdico para os nenos e nenas de 0 a 6 anos.

* Avaliación de programas de oferta lúdica orientados á infancia.

* Utilización e promoción de diferentes institucións de oferta lúdica.

* Análise das posibilidades da ludoteca como dinamizadora do barrio.

-O xogo nos programas de integración social:

* Identificación e avaliación dos sectores de integración social.

* Aplicación dos recursos lúdicos na integración de sectores marxinais.

* Análise e estudio de actividades lúdicas que se poden aplicar cos diferentes sectores de integración social.

Contidos conceptuais

-Xogo e desenvolvemento do neno:

* Definición e natureza do xogo infantil.

* Teorías sobre o xogo.

* Trazos e características do xogo infantil.

* Funcións do xogo infantil.

* Evolución do xogo na infancia.

* Xogo e aprendizaxe na infancia.

-Técnicas e recursos do modelo lúdico:

* Concepto e características do modelo lúdico.

* O modelo lúdico na educación non formal.

* O modelo lúdico na educación formal infantil.

* Os recursos lúdicos: xeración e renovación.

* O papel do educador no xogo dos nenos.

-Implicación do xogo coas dimensións afectiva, social, cognitiva e sensomotora:

* Achegas do xogo ó desenvolvemento infantil:

-Xogo e desenvolvemento senso-motor

-Xogo e desenvolvemento afectivo-emocional

-Xogo e desenvolvemento cognitivo

-Xogo e desenvolvemento social

-O xogo como recurso didáctico.

-Organización dos espacios:

* Espacios lúdicos para intervención educativa formal e non formal.

* Os espacios ou zonas lúdicas na aula de educación infantil: limitacións e posibilidades.

* Criterios de organización de ambientes lúdicos.

* Espacios lúdicos no medio urbano.

-A observación no xogo:

* A observación como instrumento de intervención educativa.

* Indicadores que se terán en conta na observación do xogo infantil.

* Instrumentos para a observación do xogo dos nenos e nenas.

-Materiais e recursos necesarios para os xogos escolares e extraescolares:

* Tipos de materiais e recursos necesarios para o xogo.

* Criterios para a selección de materiais e recursos para os xogos escolares e extraescolares.

* Organización dos materiais e recursos para os xogos escolares e extraescolares.

* Uso e conservación dos materiais lúdicos escolares e extraescolares.

* A creatividade dos nenos na elaboración de materiais para o xogo.

* Recursos do contorno para os xogos infantís.

* Mobiliario.

-Xogos e xoguetes:

* Os xoguetes e a súa contribución ó desenvolvemento infantil.

* Características dos xoguetes infantís.

* Clasificación e tipos de xogos.

* Criterios para a selección dos xoguetes.

* Os xogos e xoguetes tradicionais.

* Os medios de comunicación e a súa influencia nos xogos e xoguetes infantís.

* Lexislación sobre os xoguetes.

-Organización, programación e desenvolvemento de actividades lúdicas extraescolares, de lecer e tempo libre e de animación infantil:

* A intervención lúdica.

* O estudio do contexto no que se desenvolven as actividades lúdicas.

* A programación de actividades lúdicas para o tempo de lecer.

* A avaliación de programas de actividades lúdicas.

* Organización de recursos para actividades extraescolares, de lecer e tempo libre e de animación infantil.

-Atención á diversidade educativa:

* A ludoterapia na educación infantil.

* O xogo e a integración escolar dos nenos e nenas con necesidades educativas especiais.

* O papel do educador no tratamento das necesidades educativas especiais e o xogo.

* Xoguetes sen barreiras.

-Programas e institucións de oferta lúdica:

* Sectores productivos de oferta lúdica.

* Servicios e organizacións de carácter lúdico.

* Aspectos organizativos e lexislativos.

* As ludotecas: organización e posibilidades educativas.

-O xogo nos programas de integración social:

* Sectores da integración social.

* Programas e proxectos de integración social e uso do xogo.

* O papel do educado nos programas de integración social.

Contidos actitudinais

-Xogo e desenvolvemento do neno:

* Apreciación da importancia do xogo no desenvolvemento infantil.

* Valoración positiva do xogo como recurso metodolóxico.

* Interese e curiosidade polos xogos infantís nas diferentes etapas evolutivas.

-Técnicas e recursos do modelo lúdico:

* Valoración do modelo lúdico na educación infantil formal e non formal.

* Atención e seguimento do neno a través dos seus xogos.

* Responsabilizarse en canto ás necesidades lúdicas do neno.

-Implicación do xogo coas dimensións afectiva, social, cognitiva e sensomotora:

* Toma de conciencia da importancia do xogo nos diferentes ámbitos do desenvolvemento infantil.

* Fomento de diferentes xogos que impliquen o desenvolvemento integral dos nenos e nenas.

* Rexeitamento de xogos sexistas ou violentos.

-Organización dos espacios:

* Interese polas diferentes necesidades lúdicas dos nenos e nenas organizando diferentes espacios lúdicos.

* Valoración dunha correcta organización espacial na educación infantil.

* Valoración dos diferentes espacios lúdicos segundo a idade e os obxectivos perseguidos.

-A observación no xogo:

* Valoración da observación do xogo dos nenos e nenas para unha mellor intervención educativa.

* Interese pola observación como instrumento avaliativo.

* Valoración correcta dos datos recollidos na observación dos xogos dos nenos e nenas.

-Materiais e recursos necesarios para os xogos escolares e extraescolares:

* Gozo e interese pola busca e organización dos materiais e recursos lúdicos.

* Fomento da creatividade infantil en canto a elaboración de materiais para o xogo.

* Interese polos recursos que o contorno pode ofrecer para o xogo dos nenos e nenas.

-Xogos e xoguetes:

* Valoración dos xogos e xoguetes que non impliquen risco para a saúde do neno ou nena.

* Esforzarse na recuperación de xogos e xoguetes tradicionais.

* Fomento de xogos e xoguetes de interese pedagóxico e educativo.

-Organización, programación e desenvolvemento de actividades lúdicas extraescolares, de lecer e tempo libre e animación infantil:

* Valoración e gusto polo tempo libre e de lecer.

* Colaboración con outros profesionais na organización de actividades nestes tres ámbitos.

* Fomento de actividades en contacto coa natureza e promoción de actividades lúdicas que favorezan as relacións persoais e de grupo.

* Interese polas actividades de educación non forma.

-Atención á diversidade educativa:

* Valoración do xogo como recurso de aprendizaxe dos nenos e nenas con necesidades educativas especiais.

* Responsabilidade en adaptar e dinamiza-los xogos e actividades lúdicas ós nenos e nenas con necesidades educativas especiais.

-Programas e institucións de oferta lúdica:

* Actitude aberta cara a programas e institucións de oferta lúdica.

* Valoración das ludotecas como espacios lúdicos de interese para os nenos e nenas.

* Colaboración coas diferentes institucións de oferta lúdica.

-O xogo nos programas de integración social:

* Toma de conciencia da importancia dos xogos para os nenos e nenas con dificultades de integración social.

* Valoración do seu papel como dinamizador dos xogos dos nenos e nenas de sectores marxinais.

* Actitude positiva e de respecto pola singularidade dos grupos marxinais a que atende.

3.2.4. Módulo profesional 4: expresión e comunicación:

Asociado a unidade de competencia 3: preparar, desenvolver e avaliar proxectos educativos formais e non formais.

Capacidades terminais elementais

* Identifica-las características do desenvolvemento expresivo e comunicativo dos nenos e nenas de 0 a 6 anos.

* Aplica-lo coñecemento das características do desenvolvemento expresivo e comunicativo dos nenos e nenas de 0 a 6 anos na realización de proxectos ou programas de educación infantil e na adaptación ás características individuais.

* Identifica-las principais alteracións que se poden dar no desenvolvemento da comunicación e da expresión na infancia, a partir da observación e do seu grao de desenvolvemento para poder acada-los obxectivos da programación.

* Actuar axeitadamente ante os casos de alteracións no desenvolvemento da comunicación e da expresión na infancia, realizando as actividades programadas nestas situacións para acada-los obxectivos da programación.

* Identificar diferentes recursos expresivos e comunicativos que se poden empregar na educación infantil para un mellor desenvolvemento da expresión e da comunicación.

* Utilizar distintas técnicas de expresión e comunicación, valorando a súa achega ó proceso de ensino-aprendizaxe, en función do grao de desenvolvemento do neno ou da nena ou da programación.

* Emprega-los recursos didácticos, materiais e espaciais, que apoien e favorezan o desenvolvemento expresivo e comunicativo na infancia, realizando as actividades deseñadas nas unidades didácticas.

* Identificar diferentes proxectos de intervención na infancia, analizando o seu tratamento da área de expresión e comunicación, para observa-lo desenvolvemento expresivo e comunicativo dos nenos e nenas.

* Desenvolver programas de intervención na área de comunicación e expresión para nenos e nenas de 0 a 6 anos, realizando as actividades deseñadas na programación.

* Analizar e valorar criticamente a comunicación e a expresión como medio de enriquecemento persoal.

-Contidos (duración 165 horas).

Contidos procedementais

-A expresión e a comunicación:

* Análise dos elementos que interveñen no proceso comunicativo.

* Diferenciación das propiedades da comunicación humana.

* Análise dos diferentes aspectos da linguaxe humana.

-Expresión e comunicación na infancia:

* Observación das distintas fases na evolución da expresión e comunicación na infancia.

* Análise da situación lingüística de Galicia no deseño curricular base de educación infantil.

* Observación das necesidades comunicativas dos nenos e nenas para unha adecuada intervención.

* Detección das principais alteracións da fala.

* Relaciona-las alteracións na linguaxe con outros posibles trastornos da infancia.

-A linguaxe oral:

* Observación dos recursos lingüísticos empregados polos nenos e nenas para coñece-lo seu desenvolvemento expresivo.

* Selección e utilización dos recursos axeitados para o desenvolvemento da linguaxe oral na educación infantil.

* Deseño de actividades para potencia-la comunicación oral en función do grupo de idade.

* Avaliación de programas de comunicación verbal con nenos e nenas de 0 a 6 anos.

* Análise do tratamento da linguaxe oral no currículo da educación infantil.

-A literatura infantil:

* Narración de contos infantís, recreando un ambiente axeitado para o seu goce.

* Recuperación da tradición oral de Galicia con relación á infancia.

* Producción de contos propios.

* Adaptación dos contos, poemas e outros recursos orais á idade e características dos nenos e nenas.

* Organización de espacios de «lectura» dentro dunha escola infantil.

* Selección de recursos e actividades para a animación á lectura con nenos e nenas de 0 a 6 anos.

* Avaliación de programas de animación á lectura.

* Análise do tratamento da literatura infantil no currículo da educación infantil.

-A expresión xestual e corporal:

* Utilización da expresión corporal como vía de fomento da imaxinación, da fantasía e do descubrimento das posibilidades corporais.

* Aplicación de técnicas e recursos de expresión corporal.

* Interpretación e comprensión de mensaxes non verbais da comunicación infantil.

* Selección e deseño de recursos de expresión e comunicación xestual e corporal.

* Planificación de actividades de expresión xestual e corporal adaptadas ás distintas idades.

* Deseño de espacios para a comunicación xestual e corporal.

* Avaliación de programas de expresión e comunicación xestual e corporal para nenos e nenas de 0 a 6 anos.

* Análise do tratamento da comunicación xestual e corporal no currículo da educación infantil.

-A expresión plástica:

* Observación das manifestacións da expresión plástica nas diversas etapas polas que pasan os nenos e nenas.

* Deseño e realización de actividades plásticas adaptadas á educación infantil.

* Análise das produccións plásticas infantís.

* Utilización de diferentes técnicas, instrumentos e materiais plásticos axeitados á idade dos pequenos e pequenas.

* Planificación de espacios para o traballo da expresión plástica na educación infantil.

* Selección e deseño de recursos da expresión plástica.

* Avaliación de programas de expresión e plástica para nenos e nenas de 0 a 6 anos.

* Análise do tratamento da expresión plástica no currículo da educación infantil.

-A expresión rítmico-musical:

* Observación e identificación dos diferentes momentos evolutivos da expresión rítmico-musical na infancia.

* Utilización de técnicas e recursos musicais para inicia-los cativos na educación rítmico-musical.

* Deseño e realización de actividades musicais adaptadas á educación infantil.

* Exploración das posibilidades educativas do son a partir de diferentes instrumentos e obxectos.

* Selección e memorización de cancións.

* Utilización do folclore popular galego como vehículo de expresión rítmico-musical na educación infantil.

* Elaboración de cancioneiros adaptados ás necesidades de cada idade. Avaliación de programas de expresión rítmico-musical para nenos e nenas de 0 a 6 anos.

* Análise do tratamento da expresión rítmico-musical no currículo da educación infantil.

-A linguaxe lóxico-matemática:

* Observación das manifestacións lóxico-matemáticas nas diferentes etapas evolutivas.

* Deseño e realización de actividades lóxico-matemáticas ás capacidades evolutivas do neno ou nena.

* Selección e utilización de recursos para o desenvolvemento da linguaxe lóxico-matemática.

* Avaliación de programas de linguaxe lóxico-matemática para nenos e nenas de 0 a 6 anos.

* Análise do tratamento da linguaxe lóxico-matemática no currículo da educación infantil.

-Outros sistemas de expresión e comunicación:

* Exploración das posibilidades educativas da imaxe.

* Análise das influencias dos medios de comunicación na educación infantil.

* Avaliación de programas multimedia destinados á infancia.

* Análise dos diferentes sistemas alternativos de comunicación.

-Atención á diversidade:

* Axusta-la forma de falar e comunicarse ás características dos nenos e nenas con trastornos de linguaxe.

* Planificación de actividades que favorezan a recuperación dos trastornos da linguaxe que presentan os nenos e nenas.

* Deseño de adaptacións curriculares axeitadas ás características particulares de nenos e nenas con alteracións na comunicación.

* Observación e seguimento da evolución dos trastornos de comunicación detectados en nenos e nenas.

Contidos conceptuais

-A expresión. A comunicación:

* O proceso de comunicación.

* Diferentes aspectos no estudio da comunicación.

* Elementos que interveñen na comunicación.

* Factores que inciden no desenvolvemento da comunicación.

-A expresión e a comunicación na infancia:

* O desenvolvemento da comunicación e a expresión na infancia. As diferentes linguaxes.

* Os procesos de comunicación na infancia en situacións bilingües e diglósicas.

* Alteracións na linguaxe e a comunicación; detección e prevención.

* Trastornos da comunicación nas deficiencias.

-A linguaxe oral:

* Fases no desenvolvemento da linguaxe oral na infancia.

* Factores que interveñen na adquisición da linguaxe.

* Funcións da linguaxe infantil.

* Desenvolvemento da linguaxe oral en situacións bilingües e diglósicas.

* Modelos básicos de educación bilingüe en sociedades diglósicas: transición, complementario, inmersión, submersión.

* Recursos para traballa-la linguaxe oral na educación infantil.

-A literatura infantil:

* Natureza, historia e continuidade da narrativa infantil.

* Diferentes teorías na análise da literatura infantil: lingüística, psicolóxica e socioantropolóxica.

* Funcións da literatura infantil.

* O conto: definición e características.

* A tradición oral.

* As ilustracións nos contos.

* Os nenos e nenas como creadores de contos.

* Aspectos técnicos na narración de contos.

* A poesía na literatura infantil.

* O teatro para nenos e nenas: o neno e a nena como espectadores.

* Utilización da literatura como recurso pedagóxico.

* Os libros infantís: criterios de selección.

* A biblioteca infantil.

* Principios pedagóxicos. O papel do educador.

-A linguaxe xestual e corporal:

* A comunicación xestual e corporal. Etapas no seu desenvolvemento.

* A creatividade na expresión xestual e corporal.

* Técnicas de expresión xestual e corporal.

* Recursos para traballa-la expresión xestual e corporal.

* A expresión dramática.

* Técnicas de expresión dramática.

* Recursos educativos para a dramatización.

* O papel do educador no desenvolvemento da expresión corporal, xestual e dramática.

-A linguaxe plástica:

* Evolución da expresión plástica na infancia.

* Elementos básicos da linguaxe plástica.

* Técnicas e recursos para a expresión plástica.

* Principios pedagóxicos. Papel do educador ou educadora.

-A linguaxe rítmico-musical:

* Evolución da expresión rítmico-musical na infancia.

* Elementos fundamentais da expresión musical.

* Educación auditiva e vocal.

* Criterios de selección de cancións e danzas. O folclore galego.

* Estratexias metodolóxicas na educación musical infantil.

* A fonoteca infantil.

* O papel do educador ou educadora na educación musical.

-A linguaxe lóxico-matemática:

* Evolución da linguaxe lóxico-matemática

* Aspectos básicos da expresión lóxico-matemática:

* Recursos e materiais da expresión lóxica-matemática.

* Principios pedagóxicos. O papel do educador.

-Outros sistemas de expresión e comunicación:

* A imaxe no ensino.

* Os medios audiovisuais.

* Sistemas alternativos de comunicación.

-Atención á diversidade educativa:

* A escola infantil ante o alumnado que presenta alteracións da comunicación.

* Estratexias de intervención para traballa-la comunicación e expresión nos principais trastornos da comunicación.

* Recursos e materiais específicos para a atención á diversidade nas alteracións da comunicación.

* Avaliación e seguimento das medidas de reforzo pedagóxico e das adaptacións curriculares.

Contidos actitudinais

-A expresión. A comunicación:

* Interese polas características e propiedades da linguaxe humana.

* Valoración da comunicación como un proceso de intercambio social que contribúe ó enriquecemento persoal.

* Valoración das linguaxes non verbais como formas de comunicación.

-Expresión e comunicación na infancia:

* Toma de conciencia da importancia da comunicación no desenvolvemento infantil.

* Sensibilización sobre o papel do persoal educativo no desenvolvemento da comunicación infantil.

* Colaboración, xunto con outros profesionais e a familia na detección e recuperación dos nenos e nenas con dificultades na linguaxe.

* Actitude positiva de axuda e respecto a cada neno e nena de cara á superación das súas dificultades coa linguaxe.

* Fomento do respecto da lingua materna na que se exprese o neno ou a nena.

* Colaboración, xunto con outros profesionais, na normalización lingüística.

-Linguaxe oral:

* Valoración da necesidade de que os nenos e nenas evoquen e verbalicen habitualmente as súas propias vivencias, debidamente ordenadas no tempo.

* Preocupación pola expresión verbal das accións ou actividades que realizan cos pequenos e pequenas.

* Interese polas manifestacións orais de carácter popular: poemas, adiviñas, refráns, etc.

* Valoración da importancia da atención e o seguimento da evolución dos nenos e nenas no desenvolvemento da linguaxe.

* Esforzarse na creación dun ambiente óptimo que facilite os intercambios e a comunicación entre os nenos e nenas e entre os nenos e nenas cos adultos.

-A literatura infantil:

* Valoración da importancia da literatura na educación infantil.

* Interese pola recollida, elaboración, clasificación e adaptación das diferentes manifestacións da literatura popular e tradicional ás características da infancia.

* Interese pola utilización dos recursos que brinda a literatura infantil e polo aproveitamento de tódalas súas posibilidades expresivas.

* Valoración das bibliotecas sendo respectuoso coas normas que rexen a súa utilización.

-A expresión xestual e corporal:

* Valoración das posibilidades expresivas e comunicativas dos xestos e do corpo na educación infantil.

* Aceptación da libre expresión corporal dos nenos, valorando a creatividade infantil neste ámbito.

-A expresión plástica:

* Valoración da expresión plástica na infancia.

* Valoración, aceptación e respecto para as creacións plásticas realizadas polos nenos e nenas.

* Reflexión sobre a importancia da adquisición de hábitos de limpeza, orde e conservación dos útiles e materiais empregados na expresión plástica.

-Expresión rítmico-musical:

* Valoración das actividades rítmico-musicais no desenvolvemento infantil.

* Valoración das posibilidades terapéuticas da música e a súa influencia na vida emocional das persoas.

-A linguaxe lóxico-matemática:

* Valoración das actividades lóxico-matemáticas no desenvolvemento infantil.

* Gusto pola exploración de materiais e obxectos diversos relacionados coa área lóxico-matemática co obxecto de levalas á aula.

* Valoración do sentido matemático que poden presentar algunhas das actividades que se realizan na escola infantil: ordenación de materiais, anotacións no calendario, utilización do reloxo, etc...

* Pracer por introduci-los nenos e nenas no coñecemento científico.

* Actitude aberta cara á experimentación e manipulación dos obxectos por parte dos nenos e nenas.

-Outros sistemas de comunicación:

* Interese por proporcionar a cada neno ou nena os recursos comunicativos que precise.

-A atención á diversidade educativa:

* Responsabilización da posta en práctica das actividades da linguaxe específicas que cada neno e nena requira.

3.3. Módulos profesionais transversais:

3.3.1. Módulo profesional 5: desenvolvemento cognitivo e motor:

Capacidades terminais elementais

* Identifica-las principais características do desenvolvemento sensorial, cognitivo e motor na infancia, para poder valora-lo grao de evolución do neno ou da nena.

* Realizar proxectos ou programas de educación infantil aplicando as técnicas axeitadas para o adecuado desenvolvemento sensorial, cognitivo e motor.

* Utilizar adecuadamente estratexias metodolóxicas tendentes a favorece-lo desenvolvemento sensorial, cognitivo e motor nos nenos e nenas.

* Identifica-las principais técnicas de observación e rexistro para coñece-lo grao de desenvolvemento integral das diferentes capacidades sensoriais, cognitivas e motoras na infancia.

* Identifica-los principais síntomas das alteracións do desenvolvemento sensorial, cognitivo e motor para poder aplica-los programas adecuados.

* Definir criterios de actuación fronte ós trastornos do desenvolvemento sensorial, cognitivo e motor.

* Identifica-las claves da educación psicomotriz e elaborar programas para un adecuado desenvolvemento psicomotor.

* Planificar e desenvolver actividades psicomotrices favorecedoras do control e da expresión corporal.

-Contidos (duración 185 horas).

Contidos procedementais

-O desenvolvemento sensorial:

* Selección e utilización de recursos axeitados para o desenvolvemento das capacidades sensoriais na infancia.

* Planificación de actividades tendentes a mellora-las capacidades sensoriais na infancia.

* Identificación e diferenciación das principais alteracións e trastornos do desenvolvemento sensorial.

-O desenvolvemento motor:

* Selección e utilización de recursos axeitados para o desenvolvemento motor.

* Realización práctica das actividades básicas do movemento.

* Identificación e diferenciación das principais alteracións e trastornos do desenvolvemento motor.

* Planificación de actividades para a reeducación das alteracións psicomotrices.

-O desenvolvemento cognitivo:

* Selección e deseño de recursos para a estimulación cognitiva.

* Planificación de actividades tendentes a mellora-las capacidades cognitivas na infancia.

* Identificación e diferenciación das principais alteracións e trastornos do desenvolvemento cognitivo.

* Seguimento e avaliación dos nenos e nenas con dificultades intelectuais.

-A observación e o rexistro do desenvolvemento sensoriomotor na infancia:

* Elaboración de materiais para as distintas probas.

* Deseño de protocolos de rexistro para as observacións.

* Aplicación práctica de escalas e probas.

* Avaliación e procesamento dos datos obtidos mediante a observación.

* Utilización de medios audiovisuais para rexistrar actividades sensoriomotoras.

-Adaptacións curriculares:

* Deseño de adaptacións curriculares axeitadas ás características particulares de nenos e nenas con trastornos sensoriais, cognitivos ou motores.

* Avaliación de adaptacións curriculares propostas para nenos e nenas con trastornos sensoriais, cognitivos ou motores.

-Recursos materiais e persoais:

* Organización e adaptación de espacios axeitados para dar resposta á diversidade educativa.

* Recompilación de materiais técnicos necesarios para traballar con nenos e nenas con trastornos ou alteracións sensoriais, cognitivas ou motoras.

* Utilización de materiais axeitados para os distintos tipos de necesidades educativas especiais.

* Avaliación dos recursos e materiais empregados para traballar con nenos e nenas con alteracións do desenvolvemento.

-A integración na escola infantil:

* Elaboración das pautas de actuación ante a escolarización de nenos e nenas con alteracións ou trastornos sensoriais, cognitivos ou motores.

-A psicomotricidade:

* Análise da importancia do movemento no desenvolvemento infantil.

* Busca, selección e análise de bibliografía sobre a psicomotricidade infantil.

* Análise do tratamento da psicomotricidade no currículo da educación infantil.

* Investigación do concepto de corpo desde diversos ámbitos (medicina, educación física, educación infantil, psicomotricidade...).

-A práctica psicomotriz:

* Análise das posibilidades de distintos materiais na educación psicomotriz.

* Análise das principais escalas e probas psicomotrices.

* Deseño de actividades de estimulación psicomotriz, adecuadas ós diferentes niveis da educación infantil.

* Organización de espacios para a práctica psicomotriz en educación infantil.

* Elaboración de programacións de psicomotricidade infantil seguindo os diferentes enfoques metodolóxicos.

* Dirección de sesións de psicomotricidade.

* Observación e análise de sesións de psicomotricidade.

* Avaliación de programas de educación psicomotriz.

Contidos conceptuais

-O desenvolvemento sensorial:

* Sensación e percepción.

* Os distintos sistemas sensoriais.

* Desenvolvemento dos diferentes sistemas sensoriais.

* Principais obxectivos da educación sensorial.

* Estratexias e recursos para a educación sensorial.

* Principais alteracións e trastornos da organización sensorial.

-O desenvolvemento motor:

* Factores que determinan o desenvolvemento motor.

* Desenvolvemento do control postural.

* Patróns básicos do movemento humano.

* Principais obxectivos da educación da motricidade na primeira infancia.

* Estratexias e recursos na educación da motricidade na primeira infancia.

* Principais alteracións e trastornos da organización motriz.

-O desenvolvemento cognitivo:

* Principais teorías explicativas.

* Factores que inflúen no desenvolvemento cognitivo.

* Elementos que constitúen o proceso cognitivo.

* Etapas do desenvolvemento cognitivo na infancia.

* Principais características de cada etapa.

* Principais obxectivos da estimulación cognitiva.

* Estratexias e recursos para a estimulación cognitiva

* Principais alteracións e trastornos do desenvolvemento cognitivo

-A observación e o rexistro do desenvolvemento sensoriomotor na infancia:

* A observación e as súas características.

* Fases do proceso de observación.

* Instrumentos de observación.

* O rexistro das observacións.

-Adaptacións curriculares:

* As necesidades educativas especiais no ámbito do desenvolvemento cognitivo, sensorial e motor durante a infancia.

* O proceso de identificación e valoración das necesidades educativas especiais na educación infantil.

* Adaptacións curriculares: distintos tipos.

* Principios das adaptacións curriculares.

* Elementos esenciais na elaboración das adaptacións curriculares.

-Recursos materiais e persoais:

* Recursos materiais máis adecuados para a estimulación de nenos e nenas con alteracións cognitivas, sensoriais ou motoras.

-Espacios. Eliminación de barreiras.

-Recursos de instruccións, para a comunicación, con soporte eléctrico, asociados á informática.

* Recursos persoais.

-Persoal educativo.

-Equipos multiprofesionais.

-Persoal de apoio.

-A integración na escola infantil:

* A atención temperá.

* Principios básicos da integración escolar: normalización, sectorización e individualización.

* A escolarización dos nenos e nenas con alteracións e trastornos do desenvolvemento sensorial.

* A escolarización dos nenos e nenas con alteracións e trastornos do desenvolvemento motor.

* A escolarización dos nenos e nenas con alteracións e trastornos do desenvolvemento cognitivo

-A psicomotricidade:

* A psicomotricidade, historia e principais posicións teóricas.

* Ámbitos da psicomotricidade: educación, reeducación e terapia psicomotriz.

* Elementos básicos da psicomotricidade:

* Evolución da adquisición do esquema corporal e da organización espacio-temporal.

* A grafomotricidade.

-A práctica psicomotriz:

* A observación psicomotriz. Principais escalas de desenvolvemento e probas psicomotrices.

* Diferentes metodoloxías na práctica psicomotriz.

* Obxectivos da educación psicomotriz.

* Recursos e materiais.

* Programas de educación psicomotriz.

Contidos actitudinais

-O desenvolvemento sensorial:

* Valoración da importancia do desenvolvemento sensorial na evolución infantil.

* Toma de conciencia da existencia de patróns normais e anormais do desenvolvemento sensorial.

-O desenvolvemento motor:

* Valoración do movemento como un dos piares nos que se asenta o desenvolvemento infantil.

* Toma de conciencia da existencia de patróns normais e anormais do desenvolvemento motor.

* Valoración das implicacións educativas da motricidade infantil.

-O desenvolvemento cognitivo:

* Valoración das implicacións educativas do pensamento infantil.

* Toma de conciencia da existencia de patróns normais e anormais do desenvolvemento cognitivo.

* Valoración da importancia dunha axeitada estimulación para un correcto desenvolvemento intelectual na infancia.

-A observación e o rexistro do desenvolvemento sensoriomotor na infancia:

* Toma de conciencia da importancia que ten unha boa observación no proceso educativo.

* Valoración da relatividade dos resultados da observación.

* Respecto pola individualidade no desenvolvemento de cada persoa.

* Interese pola utilización dos novos medios tecnolóxicos como apoio nas prácticas de observación.

* Rexeitamento de tendencias categorizadoras.

* Interese pola observación obxectiva de cada neno ou nena.

-Adaptacións curriculares:

* Tolerancia e respecto polas persoas diferentes.

* Valoración da integración como recurso educativo axeitado nos casos de necesidades educativas especiais na infancia.

* Rexeitamento das categorizacións e clasificacións dos nenos e nenas por algún trazo do seu comportamento.

-Recursos materiais e persoais:

* Valoración da importancia da colaboración con outros profesionais no tratamento das necesidades educativas especiais.

-A integración na escola infantil:

* Valoración da importancia de deseñar plans de actuación individualizados ante a presencia de alumnado con necesidades educativas especiais.

* Interese por unha boa relación entre familia e escola no caso de nenos e nenas con necesidades educativas especiais.

* Sensibilización do alumno sobre a importancia dunha normalización dos servicios de atención ás necesidades educativas especiais.

-A psicomotricidade:

* Valoración da importancia dunha adecuada interiorización do esquema corporal.

* Valoración da psicomotricidade como medida de compensación educativa.

* Gusto e interese pola libre expresión corporal.

* Valoración da influencia da psicomotricidade na aprendizaxe e no desenvolvemento persoal.

-A práctica psicomotriz:

* Favorece-la comunicación cun mesmo e cos demais.

* Fomento dunha actitude de acollida cara ós nenos e nenas ós que se dirixe a intervención.

* Valoración da práctica psicomotriz como fonte de comunicación e de expresión para sentirse a gusto consigo mesmo, cos demais e co medio.

* Potencia-la creatividade persoal, a espontaneidade e a iniciativa.

3.3.2. Módulo profesional 6: desenvolvemento socioafectivo e intervención coas familias:

Capacidades terminais elementais

* Identifica-las características do desenvolvemento socioafectivo dos nenos e nenas de 0 a 6 anos, para establecer unha boa colaboración coas familias.

* Utiliza-los coñecementos do desenvolvemento socioafectivo infantil na programación das actividades de educación infantil.

* Identifica-los principais conflictos que poden darse no desenvolvemento socioafectivo, para elaborar estratexias de intervención coas familias.

* Utilizar distintos tipos de estratexias para a prevención, detección e recuperación das alteracións que se poidan presentar no desenvolvemento socioafectivo.

* Desenvolver proxectos de intervención educativa no ámbito socioafectivo, para potencia-lo desenvolvemento do neno ou da nena.

* Identifica-la importancia dunha boa intervención coas familias, elaborando estratexias de colaboración familia-escola.

* Establecer-los diferentes criterios educativos que deben estar presentes na relación e colaboración coas familias.

* Tomar conciencia das necesidades afectivas dos nenos e nenas nos primeiros anos da vida, para identifica-lo tipo de interacción idónea coas familias.

-Contidos (duración 110 horas).

Contidos procedementais

-Desenvolvemento afectivo do neno ou nena de 0 a 6 anos. Procesos básicos:

* Análise dos elementos que interveñen no desenvolvemento afectivo.

* Recoñecemento das fases polas que pasa o desenvolvemento afectivo na infancia.

* Reflexión sobre a influencia da familia no desenvolvemento afectivo infantil.

* Identificación e diferenciación dos principais conflictos relacionados coa afectividade na infancia.

* Deseño das estratexias educativas que favorezan o desenvolvemento afectivo.

-Desenvolvemento social do neno ou nena de 0 a 6 anos. Procesos básicos:

* Análise dos elementos que interveñen no desenvolvemento social.

* Recoñecemento e descrición das fases polas que pasa o desenvolvemento social na infancia.

* Reflexión sobre o papel dos diferentes axentes no desenvolvemento social.

* Identificación e descrición dos principais conflictos relacionados coa socialización.

* Selección e deseño de recursos tendentes a posibilita-la consecución da autonomía persoal.

* Planificación de actividades axeitadas para o adecuado desenvolvemento social dos nenos e nenas de educación infantil.

* Planificación do período de adaptación na escola infantil.

-Desenvolvemento sexual:

* Análise dos elementos que interveñen no desenvolvemento sexual.

* Identificación das fases máis importantes polas que pasa a evolución da sexualidade na infancia.

* Identificación e diferenciación dos principais conflictos asociados ó desenvolvemento sexual.

* Selección e deseño de recursos educativos axeitados para a educación sexual.

* Deseño de actividades de educación sexual adaptadas á educación infantil.

* Deseño de actividades de coeducación adaptadas á educación infantil.

-Desenvolvemento moral:

* Identificación das etapas polas que pasa o desenvolvemento moral na infancia.

* Análise dos elementos que interveñen no desenvolvemento moral.

* Identificación dos principais comportamentos que caracterizan a moral heterónoma e autónoma na infancia.

* Planificación de estratexias educativas axeitadas para o desenvolvemento do xuízo moral.

-Problemas e trastornos de conducta na infancia:

* Identificación dos principais problemas de conducta que poden aparecer na infancia.

* Aplicación de instrumentos e técnicas de avaliación ante os problemas de conducta na infancia.

* Deseño de programas de intervención ante nenos e nenas con problemas de conducta.

-Colaboración coas familias:

* Deseño de instrumentos de recollida da información que permitan identifica-las necesidades e demandas de asesoramento das familias.

* Elaboración de distintos tipos de entrevistas.

* Elaboración de distintos tipos de cuestionarios destinados ás familias.

* Planificación de reunións coas familias.

* Deseño dun sistema de información bilateral entre a familia e a institución educativa.

* Deseño e planificación de actuacións educativas no marco da escola infantil nas que poidan participa-las familias.

Contidos conceptuais

-Desenvolvemento afectivo do neno ou nena de 0 a 6 anos. Procesos básicos:

* A afectividade infantil: características e evolución.

* Principais teorías explicativas.

* O apego e a vinculación afectiva.

* O papel da familia.

* Conflictos da afectividade nos primeiros anos.

* A afectividade nos nenos e nenas con necesidades educativas especiais.

* O papel da escola no desenvolvemento afectivo.

* A función do educador no desenvolvemento afectivo.

-Desenvolvemento social do neno ou nena de 0 a 6 anos. Procesos básicos:

* O proceso de socialización.

* Teorías explicativas do desenvolvemento social.

* Evolución da conducta social na infancia.

* Principais axentes de socialización.

* Conflictos da sociabilidade nos primeiros anos.

* A educación infantil e o desenvolvemento social.

* O papel do educador no desenvolvemento da socialización.

-Desenvolvemento sexual:

* A sexualidade.

* Teorías explicativas do desenvolvemento sexual.

* Principais características da sexualidade infantil.

* Problemas e conflictos asociados ó desenvolvemento sexual.

* A educación sexual na educación infantil.

* A coeducación na educación infantil.

-Desenvolvemento moral:

* O desenvolvemento moral.

* Teorías do desenvolvemento do xuízo moral.

* Intervencións educativas para favorece-lo desenvolvemento moral.

-Problemas e trastornos da conducta na infancia:

* A agresividade na infancia.

* Problemas de integración grupal.

* Os problemas ligados á adquisición dos hábitos.

* Alteracións na relación co contorno.

* A detección dos problemas de conducta na infancia.

* O papel do persoal educativo ante os problemas de conducta na infancia.

-Colaboración coas familias:

* Necesidade de colaboración familia-escola.

* Delimitación de funcións e responsabilidades.

* Os intercambios de información entre familia e escola. Principais instrumentos e técnicas.

* A participación das familias na escola infantil.

Contidos actitudinais

-Desenvolvemento afectivo do neno ou nena de 0 a 6 anos. Procesos básicos:

* Valoración da importancia dunha boa vinculación afectiva no desenvolvemento infantil.

* Toma de conciencia da existencia de conflictos relacionados coa afectividade nos primeiros anos da vida.

-Desenvolvemento social do neno ou nena de 0 a 6 anos. Procesos básicos:

* Sensibilización sobre a importancia dos diferentes axentes de socialización.

* Interese pola evolución da conducta social na infancia.

-Desenvolvemento sexual:

* Valoración crítica dos estereotipos existentes sobre os papeis sexuais.

* Sensibilización sobre a importancia das experiencias educativas infantís no desenvolvemento da sexualidade.

-Desenvolvemento moral:

* Interese polo estudio do desenvolvemento moral e polas súas posibilidades educativas.

* Valoración da importancia da formación axeitada do xuízo moral.

-Problemas e trastornos da conducta na infancia:

* Tolerancia e respecto polas persoas diferentes.

* Rexeitamento das tendencias etiquetadoras dos nenos e nenas con problemas de conducta.

-Colaboración coas familias:

* Valoración da importancia da colaboración coas familias na educación infantil.

* Interese pola creación de vías de comunicación coas familias.

3.3.3. Módulo profesional 7: animación e dinámica de grupos:

Capacidades terminais elementais

* Identifica-las características fundamentais das diferentes etapas do desenvolvemento humano co fin de adecua-las ás programacións e estratexias de animación e dinámica de grupo.

* Analiza-la influencia dos factores sociolóxicos nas conductas específicas de diferentes colectivos.

* Identifica-los diferentes contextos nos que se pode desenvolve-la animación sociocultural, para elaborar programas de intervención axeitados ás características dun determinado grupo.

* Caracterizar intervencións socioculturais que permitan contextualizar actuacións que resolvan situacións no ámbito da educación para o tempo libre e o ocio.

* Caracterizar intervencións socioculturais que permitan contextualizar actuacións que resolvan situacións problemáticas derivadas da sociedade actual.

* Analizar proxectos de animación de grupos en función da súa tipoloxía e obxectivos co fin de elaborar propostas axeitadas a un grupo ou colectivo concretos.

* Aplicar en situacións simuladas distintas técnicas de dinámica de grupos e procedementos de animación.

* Identifica-los diferentes elementos e estratexias empregadas segundo a etapa educativa para conseguir unha boa comunicación.

* Identifica-las interferencias que poden dificulta-la comprensión da mensaxe e propoñer un programa alternativo valorando a súa eficacia na animación e dinámica de grupos.

* Seleccionar e deseñar diferentes recursos comunicativos tendo en conta as características do medio no que se van aplicar, a finalidade e os recursos económicos dispoñibles.

* Utiliza-las técnicas de comunicación verbal e xestual adecuadas a unha etapa educativa contextualizando a actuación pola tipoloxía do grupo e os obxectivos propostos.

-Contidos (duración 110 horas).

Contidos procedementais

-A animación como educación non formal:

* Busca, selección e análise de bibliografía relacionada co ámbito da animación.

* Comparación da situación da animación á infancia en Galicia e nos países do noso contorno.

* Comparación da lexislación sobre animación sociocultural de Galicia coa dos países do noso contorno.

-Fundamentos de psicoloxía e socioloxía aplicados á animación:

* Análise das principais características da personalidade humana.

* Identificación das características comúns e das peculiaridades psicolóxicas de determinados colectivos.

* Identificación dos diferentes papeis que xogan as persoas que integran un grupo.

* Emprego axeitado de técnicas sociométricas.

-Proceso e métodos de intervención:

* Identificación das diferentes fases do proceso de planificación social.

* Análise de planos de intervención social.

-O proxecto de animación:

* Realización de proxectos de animación en función dos contextos específicos.

* Avaliación de proxectos de animación

* Utilización dos recursos axeitados en cada unha das fases da elaboración dun proxecto.

* Planificación de reunións de traballo.

* Dirección de reunións de traballo.

-O animador: modelos e situacións de traballo:

* Identificación das diferentes situacións nas que pode desenvolve-lo seu traballo o animador sociocultural.

* Elaboración de propostas de intervención para as diferentes situacións nas que pode desenvolve-lo seu traballo.

* Avaliación de propostas de traballo para a animación sociocultural.

-Dinámica e dinamización de grupos:

* Selección da técnica de animación de grupos axeitada en función das súas características.

* Aplicación correcta de diferentes técnicas de animación de grupos.

* Emprego axeitado de cuestionarios e técnicas de observación do funcionamento en grupo.

* Aplicación correcta de diferentes técnicas de resolución de conflictos en función das diferentes situacións de partida.

* Utilización de recursos gráficos e audiovisuais para a transmisión de información complementaria a unha actividade.

* Identificación das interferencias que dificultan a comprensión dunha mensaxe.

Contidos conceptuais

-A animación como educación non formal:

* A animación sociocultural. Obxectivos e modalidades.

* Antecedentes históricos da animación sociocultural.

* Situación da animación sociocultural en Galicia e nos países do noso contorno.

* Lexislación específica sobre a animación sociocultural no noso país.

* O educador infantil como axente de animación.

-Fundamentos de psicoloxía e socioloxía aplicados á animación:

* A personalidade. A súa implicación na animación.

* A motivación.

* A formación de actitudes.

* Socioloxía do lecer e do tempo libre.

* Individuo e grupo.

* Tipos de grupos.

* Distribucións de funcións dentro dos grupos.

* Técnicas de análise sociométrica.

-Proceso e métodos de intervención:

* Diferentes fases do proceso de planificación social: plans, programas e proxectos.

* Diferentes esquemas de planificación da intervención social.

-O proxecto de animación:

* Elementos na elaboración do proxecto.

* As reunións de traballo: elementos da súa planificación e desenvolvemento.

-O animador: modelos e situacións de traballo:

* Diferentes modelos de animador sociocultural.

* A intervención do animador no marco da educación social.

* A formación do animador sociocultural.

* Diferentes situacións de traballo do animador sociocultural.

-Dinámica e dinamización de grupos:

* Diferentes técnicas de animación de grupos:

* Diferentes técnicas de resolución de conflictos.

* Principais técnicas de transmisión de información a grupos.

Contidos actitudinais

-A animación como educación non formal:

* Interese polo mundo da animación sociocultural.

* Valoración dos programas de animación sociocultural como un progreso social.

-Fundamentos de psicoloxía e socioloxía aplicados á animación:

* Valoración do contexto social como propiciador de diferentes necesidades socioeducativas.

* Interese polos aspectos psicolóxicos e sociolóxicos relacionados coa animación.

-Proceso e métodos de intervención:

* Capacidade de cooperación e de traballo en equipo.

* Curiosidade polo coñecemento de procesos e métodos de intervención social.

-O proxecto de animación:

* Valoración da planificación como condición fundamental do éxito das reunións.

* Actitude positiva cara ó traballo en grupo.

* Actitude de respecto ante as opinións diferentes.

-O animador: modelos e situacións de traballo:

* Valoración da especificidade das propostas de intervención para unha maior efectividade destas.

* Interese polo coñecemento de diferentes situacións de traballo do animador social.

-Dinámica e dinamización de grupos:

* Sensibilidade para a intervención en grupos sociais.

* Interese polos aspectos relacionados coa dinámica e dinamización de grupos.

* Valoración da importancia do coñecemento da dinámica e a dinamización de grupos como fundamental para o traballo con diferentes colectivos sociais.

3.3.4. Módulo profesional de proxecto integrado.

Duración: 55 horas.

Capacidades terminais elementaisActividades formativas de referencia

1.Decidir, dentro do contorno profesional do traballo, o sector no que se vai desenvolve-lo proxecto.* Buscar información específica sobre o sector no que se vai desenvolve-lo proxecto.
* Especifica-los destinatarios da iniciativa e a súa organización.
* Elabora-lo guión de traballo que se vai seguir para a realización do proxecto.

2.Analiza-las características e necesidades do contexto no que se pretende aplica-la iniciativa, utilizando as estratexias e instrumentos adecuados.* Analiza-los contextos que poden incidir no desenvolvemento da actividade:-Histórico.-Xeográfico.-Económico-cultural.-Demográfico.
* Analiza-las características específicas dos destinatarios do proxecto.

3.Clarifica-la tipoloxía e organización do proxecto para planifica-los recursos necesarios e analiza-la súa viabilidade.* Defini-la tipoloxía do proxecto en función da súa titularidade (privada, pública, concertada, etc).

* Realiza-lo organigrama de persoal do proxecto.

4.Defini-la proposta educativa en función dos sinais de identidade e principios metodolóxicos que sustentan o proxecto.* Enuncia-los principios metodolóxicos que sustentan o proxecto.

* Defini-los sinais de identidade do proxecto.

* Establece-las pautas de relación entre os responsables do proxecto e as familias.

Capacidades terminais elementaisActividades formativas de referencia

5.Organiza-los espacios, tempos e materiais en función das características e sinais de identidade do proxecto.* Organización e descrición dos espacios nos que se desenvolverá a actividade.

* Elaboración do calendario xeral da actividade.

* Elaboración dos horarios dos profesionais e dos usuarios.
* Selección dos materiais máis axeitados para o desenvolvemento da actividade.
* Defini-los criterios de organización dos materiais.

6.Segui-los pasos necesarios para a constitución legal da empresa.* Selecciona-la forma xurídica máis adecuada.
* Elabora-los estatutos, se é o caso.
* Recompilación da documentación específica para legaliza-la situación da empresa diante da Seguridade Social, Facenda e Traballo.

7.Elabora-lo estudio económico da empresa analizando a viabilidade do proxecto en función dos ingresos e dos gastos.* Analiza-los gastos que vai levar aparellada a execución do proxecto.

* Analiza-los posibles ingresos que poida xera-la empresa.

* Determina-la viabilidade do proxecto en función do orzamento.

8.Deseña-las estratexias para a promoción da empresa seleccionando os medios máis axeitados e elaborando materiais para a súa difusión.* Decidi-los medios máis adecuados para a promoción da actividade.

* Elabora-los materiais adecuados para a difusión do proxecto ante os diferentes colectivos ós que pode ir dirixido.

3.4. Módulo profesional de formación en centros de traballo:

Duración: 710 horas.

Capacidades terminais elementaisActividades formativas de referencia

1.Participar no deseño, programación e avaliación das actividades dirixidas ós nenos e nenas tanto na educación formal como non formal, colaborando de xeito responsable no centro de traballo.* Analiza-las características propias do centro de traballo e o programa ou programas dirixidos ós nenos e nenas que atende.

* Achega-las iniciativas que supoñan unha mellora para o desenvolvemento das actividades do programa que se van desenvolver.

* Colaborar no deseño de actividades que se leven a cabo, adaptándoas ás características dos nenos e nenas ós que van dirixidas.
* Selecciona-las estratexias de intervención tendo en conta os obxectivos que se queren acadar e os medios dispoñibles.
* Programa-las actividades tendo en conta os recursos humanos e materiais necesarios para o seu desenvolvemento.
* Avalia-lo programa de intervención ou o proxecto educativo formal ou non formal que se estea a levar a cabo.

2.Obter e analizar información relativa ós nenos e nenas que se atende nos diversos programas de intervención.* Colaborar na determinación e identificación do grao de desenvolvemento e das características propias do grupo de nenos e nenas que se ten asignado.
* Colaborar na elaboración de instrumentos de observación, partindo das necesidades detectadas e coas técnicas axeitadas.
* Recoller, organizar e comunica-la información de maneira adecuada, de xeito que permita a toma de decisións ó equipo educativo e a intervención no contorno socioafectivo do neno ou nena.
* Colaborar na selección de estratexias de intervención que favorezan a comunicación e a colaboración entre as familias e os educadores, tendo en conta as características e circunstancias de cada familia, as técnicas de dinamización necesarias e os recursos dispoñibles.

Capacidades terminais elementaisActividades formativas de referencia

3.Analizar e valora-los programas nos diferentes ámbitos de intervención: centros educativos, asistenciais e de lecer e tempo libre, adaptándoos ás necesidades e peculiaridades dos nenos e nenas ós que se dirixen.* Planifica-las actividades para o desenvolvemento infantil en función das diferentes idades, en relación ó proxecto educativo proposto e aplicando os principios pedagóxicos de educación infantil.
* Colaborar nas estratexias de intervención educativa nos diferentes ámbitos da educación formal e non formal.
* Avalia-las estratexias e os modelos de intervención, adecuando os obxectivos, contidos e criterios metodolóxicos, en función do ámbito no que se desenvolvan.
* Utiliza-lo xogo como técnica e recurso para o desenvolvemento do proxecto de intervención lúdico recreativo.

4.Realizar tarefas especificas de organización do espacio e do tempo, así como de selección de recursos materiais e humanos que promoven o desenvolvemento integral dos nenos e nenas, axustándose ós criterios metodolóxicos establecidos.* Realiza-la avaliación inicial do contexto asignado, utilizando técnicas e medios adecuados.

* Colaborar na determinación dos criterios de organización dos distintos espacios e materiais.

* Realiza-lo deseño de distribución de espacios educativos, do mobiliario e dos materiais.

* Colaborar na selección e organización de materiais, espacios e calquera outro recurso necesario para a satisfacción das necesidades básicas dos cativos, tendo en conta as súas características individuais.
* Selecciona-lo material en función dos criterios metodolóxicos previstos.
* Utiliza-los recursos temporais para o desenvolvemento de rutinas e hábitos, respectando os ritmos individuais dos nenos e nenas e as necesidades derivadas da actividade colectiva.
* Utiliza-lo material axeitado ó desenvolvemento das diferentes actividades de aprendizaxe, así como ós espacios e recursos humanos.

5.Contribuír ó desenvolvemento integral dos nenos e nenas, realizando as actividades de atención ás súas necesidades básicas, así como as actividades de aprendizaxe previstas para o desenvolvemento das capacidades infantís, tanto a nivel motor, como afectivo, social, lingüístico e intelectual.* Intervir no desenvolvemento das actividades asignadas, segundo criterios metodolóxicos previstos.

* Realizar actividades que fomenten no neno e nena os hábitos de autonomía persoal (alimentación, hixiene, sono e descanso).

* Realizar actividades ó aire libre que favorezan o benestar físico e psicolóxico dos nenos e nenas.

* Identificar e resolve-las situacións de conflicto posibles, así como as continxencias que se presenten, utilizando os procedementos e estratexias axeitados, se é o caso, ás canles establecidas cando superen a súa competencia.
* Colaborar na elaboración de programas destinados á eliminación e/ou modificación de conductas problemáticas.
* Utiliza-los recursos didácticos, materiais e espaciais que favorezan o desenvolvemento expresivo e comunicativo dos nenos e nenas.

6.Integrarse no equipo de traballo, participando activamente, responsabilizándose das tarefas que se lle asignen, coordinándose con outros profesionais, estando aberto a posibles suxestións e mantendo relacións fluídas cos compañeiros.* Participar nas reunións organizadas polos equipos de traballo.

* Manter relacións fluídas na planificación, desenvolvemento e avaliación das actividades co titor ou titora do centro de traballo.

7.Avalia-la práctica realizada no centro de traballo destacando os aspectos máis significativos.* Elabora-los informes de avaliación onde se reflictan os cambios producidos nos nenos e nenas a raíz da súa intervención nas diferentes áreas da educación infantil.
* Determina-las actividades de avaliación e os momentos da súa aplicación.

Capacidades terminais elementaisActividades formativas de referencia

* Avalia-lo contorno do traballo, identificando as relacións laborais no marco organizativo e de funcionamento da empresa.
* Reflexionar sobre a súa propia intervención, valorando a aplicación dos coñecementos, habilidades e actitudes desenvolvidas, informando sobre as necesidades de capacitación profesional futura, segundo se requira.
* Aplica-los instrumentos de avaliación establecidos, modificando o proxecto, a actividade ou a súa propia intervención cando así se requira.

3.5. Módulo profesional de formación e orientación laboral:

Capacidades terminais elementais

* Analiza-las situacións de risco máis habituais no ámbito laboral que poidan afectar á saúde.

* Aplicar, no ámbito laboral, as medidas de protección e prevención que correspondan ás situacións de riscos existentes.

* Analiza-las actuacións que se seguirán en caso de accidentes de traballo.

* Aplica-las medidas sanitarias básicas inmediatas no lugar do accidente en situacións simuladas.

* Analiza-las formas e procedementos de inserción na realidade laboral como traballador por conta propia ou por conta allea.

* Analiza-las propias capacidades e intereses así como os itinerarios profesionais máis idóneos.

* Identifica-lo proceso para unha boa orientación e integración do traballador na empresa.

* Identifica-las ofertas de traballo no sector productivo referido ós seus intereses.

* Analiza-los dereitos e obrigas que se derivan das relacións laborais.

* Describi-lo sistema de protección social.

* Interpreta-los datos da estructura socioeconómica española, identificando as diferentes variables implicadas e as consecuencias das súas posibles variacións.

* Analiza-la organización e a situación económica dunha empresa do sector, interpretando os parámetros económicos que a determinan.

* Analiza-lo tecido empresarial de Galicia comparándoo co doutras comunidades autónomas.

* Analiza-la evolución socioeconómica do sector productivo na Comunidade Autónoma de Galicia.

-Contidos (duración 55 horas).

Contidos procedementais

-Saúde laboral:

* Localización da normativa aplicable en materia de seguridade tanto para a empresa como para os traballadores.

* Aplicación das medidas sanitarias básicas inmediatas no lugar do accidente nunha situación simulada.

* Identificación dos factores de riscos nun contexto concreto.

* Determinación das formas de actuación ante os riscos atopados.

* Identificación de anomalías nas máquinas e ferramentas do taller.

* Determinación dos equipos de protección individual.

-Lexislación e relacións laborais:

* Identificación das distintas modalidades de contratación.

* Identificación dos dereitos e obrigas dos empresarios e traballadores.

* Interpretación dun convenio colectivo, relacionándoo coas normas do Estatuto dos traballadores.

* Elaboración dunha folla de salario.

* Aplicación da normativa da Seguridade Social en cada caso concreto.

-Orientación e inserción sociolaboral:

* Elaboración do currículum vitae e actividades complementarias deste.

* Identificación e definición de actividades profesionais.

* Localización de institucións formativas así como investigación e temporalización dos seus plans de estudios.

-Principios de economía:

* Lectura e interpretación de diferentes artigos de prensa e de textos técnicos, sobre diferentes temas económicos.

* Manexo e interpretación de táboas económicas.

* Analiza-las causas ou variables que poden influír no investimento, consumo e aforro, tanto nas economías domésticas, como nas empresas.

-Economía e organización da empresa:

* Análise das empresas da localidade onde estea situado o instituto para estudia-las características xerais, comerciais, financeiras, etc.

* Confección de organigramas de diferentes empresas e estudio das necesidades específicas de cada unha.

-O sector productivo na Comunidade Autónoma de Galicia:

* Análise dunha empresa do sector.

* Comparación e clasificación das distintas empresas do sector.

* Lectura e análise dun convenio colectivo do sector.

Contidos conceptuais

-Saúde laboral:

* Condicións de traballo e seguridade.

* Factores de risco: físicos, químicos, biolóxicos e organizativos.

* Danos profesionais.

* Medidas de prevención e protección.

* Marco legal de prevención laboral.

* Notificación e investigación de accidentes.

* Estatística para a seguridade.

* Primeiros auxilios.

-Lexislación e relacións laborais:

* Dereito laboral nacional e comunitario.

* Contrato de traballo.

* Modalidades de contratación.

* Modificación, suspensión e extinción da relación laboral.

* Órganos de representación dos traballadores.

* Convenios colectivos

* Conflictos colectivos.

* Seguridade Social e outras prestacións.

-Orientación e inserción sociolaboral

* Mercado de traballo.

* A autoorientación profesional.

* O proceso de busca de emprego. Fontes de información e emprego.

* Traballo asalariado, na Administración e por conta propia. A empresa social.

* Análise e avaliación do propio potencial profesional e dos intereses persoais.

* Itinerarios formativos/profesionalizadores.

-Principios de economía:

* Variables macroeconómicas e indicadores socioeconómicos.

* Relacións socioeconómicas internacionais

-Economía e organización da empresa:

* A empresa: tipos de modelos organizativos. Áreas funcionais. Organigramas.

* Funcionamento económico da empresa:

-Patrimonio da empresa.

-Obtención de recursos: financiamento propio e alleo.

-Interpretación de estados de contas anuais.

-Custos fixos e variables.

-O sector productivo na Comunidade Autónoma de Galicia:

* Tipoloxía e funcionamento das empresas.

* Evolución socioeconómica do sector.

* Situación e tendencia do mercado de traballo.

Contidos actitudinais

* Respecto pola saúde persoal e colectiva.

* Interese polas condicións de saúde no traballo.

* Valoración do ambiente como patrimonio común.

* Interese por coñecer e respecta-las disposicións legais polas que se rexen os contratos laborais.

* Valoración e cumprimento da normativa laboral.

* Igualdade ante as diferencias socio-culturais e trato non discriminatorio en tódolos aspectos inherentes á relación laboral.

* Toma de conciencia dos valores persoais.

* Actitude emprendedora e creativa para adaptarse ás propias necesidades e aspiracións.

* Preocupación polo mantemento da ética profesional.

* Valoración da importancia da utilización dos bens de uso común e público, así como bens libres de uso cotián, por exemplo, a auga.

* Valoración crítica dunha economía de mercado.

* Valoración positiva da actuación do traballo en equipo.

* Toma de conciencia de que as cooperativas que se están constituíndo coa finalidade fundamental de crear emprego.

4. Ordenación académica e impartición.

4.1. Criterios de prioridade na admisión de alumnado para acceder a este ciclo formativo:

Na admisión de alumnos en centros sostidos con fondos públicos a este ciclo formativo, cando non existan prazas suficientes, aplicaranse sucesivamente os seguintes criterios de prioridade:

-Ter cursada calquera modalidade de bacharelato.

-O expediente académico do alumno no que se valorará a nota media.

4.2. Profesorado:

4.2.1. Especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos profesionais do ciclo formativo de educación infantil:

Módulo profesional

Especialidade

do profesorado

Corpo

1Didáctica da educación infantilIntervención sociocomunitariaProfesor de ensino secundario

2Autonomía persoal e saúdeServicios á comunidadeProfesor técnico de FP

3Metodoloxía do xogoServicios á comunidadeProfesor técnico de FP

4Expresión e comunicaciónServicios á comunidadeProfesor técnico de FP

5Desenvolvemento cognitivo e motorIntervención sociocomunitariaProfesor de ensino secundario

6Desenvolvemento socioafectivo e intervención coas familiasIntervención sociocomunitariaProfesor de ensino secundario

Módulo profesional

Especialidade

do profesorado

Corpo

7Animación e dinámica de gruposIntervención sociocomunitariaProfesor de ensino secundario

8Formación e orientación laboralFormación e orientación laboralProfesor de ensino secundario

4.2.2. Materias de bacharelato que poden ser impartidas polo profesorado das especialidades relacionadas no presente decreto.

Materias

Especialidade

do profesorado

Corpo

EconomíaFormación e orientación laboral (1)Profesor de ensino secundario

Economía e organización de empresasFormación e orientacióin laboral (1)Profesor de ensino secundario

(1) Título de licenciado en administración e dirección de empresas, licenciado en ciencias empresariais, licenciado en ciencias actuariais e financeiras, licenciado en economía, licenciado en investigación e técnicas de mercado, diplomado en ciencias empresariais e diplomado en xestión e administración pública.

4.2.3. Titulacións declaradas equivalentes para efectos de docencia:

As titulacións declaradas equivalentes, para efectos de docencia, para o ingreso nas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario deste título son as que figuran na táboa. Tamén son equivalentes para efectos de docencia as titulacións homólogas ás especificadas segundo o R.D. 1954/1994, do 30 de setembro.

Especialidade do profesorado

Titulación declarada equivalente

para efectos de docencia

Intervfención sociocomunitaria

-Mestre, en tódalas súas especialidades-Diplomado en educación social-Diplomado en traballo social

Formación e orientación laboral

-Diplomado en ciencias empresariais-Diplomado en relacións laborais-Diplomado en traballo social-Diplomado en educación social-Diplomado en xestión e administración pública

4.3. Requisitos mínimos de espacios e instalacións para impartir estas ensinanzas:

De conformidade co establecido no Real decreto 777/1998, do 30 de abril, o ciclo formativo de formación profesional de grao medio de explotacións agrícolas intensivas require, para a impartición das ensinanzas relacionadas neste decreto, os seguintes espacios mínimos:

Espacio formativo

Superficie

(30 alumnos)

Superficie

(20 alumnos)

Grao de

utilización

Taller de servicios sociais120 m90 m80%

Aula polivalente60 m40 m20%

-A superficie indicada na segunda columna da táboa corresponde ó número de postos escolares establecido no artigo 35 do R.D. 1004/1991, do 14 de xuño. Poderán autorizarse unidades para menos de trinta postos escolares, polo que será posible reduci-los espacios formativos proporcionalmente ó número de alumnos, tomando como referencia para a determinación das superficies necesarias as cifras indicadas nas columnas segunda e terceira da táboa.

-O «grao de utilización» expresa en tanto por cento a ocupación en horas do espacio prevista para a impartición das ensinanzas, por un grupo de alumnos, respecto da duración total destas ensinanzas.

-Na marxe permitida polo «grao de utilización», os espacios formativos establecidos poden ser ocupados por outros grupos de alumnos que cursen o mesmo ou outros ciclos formativos, ou outras etapas educativas.

-En todo caso, as actividades de aprendizaxe asociadas ós espacios formativos (coa ocupación expresada polo grao de utilización) poderán realizarse en superficies utilizadas tamén para outras actividades formativas afíns.

-Non se debe interpretar que os diversos espacios formativos identificados deban diferenciarse necesariamente mediante pechamentos.

4.4. Validacións, correspondencias e acceso a estudios universitarios:

4.4.1. Módulos profesionais que poden ser obxecto de validacións coa formación profesional ocupacional:

* Metodoloxía do xogo.

* Autonomía persoal e saúde.

4.4.2. Módulos profesionais que poden ser obxecto de correspondencia coa práctica laboral:

* Metodoloxía do xogo.

* Autonomía persoal e saúde.

* Formación en centros de traballo.

* Formación e orientación laboral.

4.4.3. Acceso a estudios universitarios:

* Licenciado en pedagoxía.

* Licenciado en psicoloxía.

* Licenciado en socioloxía.

* Mestre (tódalas especialidades).

* Diplomado en educación social.

* Diplomado en enfermería.

* Diplomado en logopedia.

* Diplomado en podoloxía.

* Diplomado en traballo social.

* Diplomado en terapia ocupacional.

* Diplomado en turismo.

4.5. Distribución horaria:

-Os módulos profesionais deste ciclo formativo organízanse da seguinte forma:

Horas totaisDenominación dos módulos

1º, 2º e 3º trimestre

185Didáctica da educación infantil

185Autonomía persoal e saúde

185Metodoloxía do xogo

185Desenvolvemento cognitivo e motor

Horas totaisDenominación dos módulos

110Desenvolvemento socioafectivo e intervención coas familias

55Formación e orientación laboral

4º, 5º e 6º trimestre

165Expresión e comunicación

110Animación e dinámica de grupos

55Proxecto integrado

710Formación en centros de traballo

-As horas de libre disposición do centro neste ciclo formativo son 55 que se utilizarán nos tres primeiros trimestres.