Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 12 de abril de 1999 Páx. 4.155

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 15 de marzo de 1999 pola que se autoriza o cambio de denominación do Instituto de Educación Secundaria de Gondomar (Pontevedra).

Tendo en conta o artigo 3, punto 1º do Decreto 324/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria (DOG nº 156, do 9 de agosto), así como os correspondentes informes, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, esta consellería

DISPÓN:

Autoriza-lo cambio de denominación do centro que no anexo se relaciona.

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 1999.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: Pontevedra.

Concello: Gondomar.

Localidade: Gondomar.

Código do centro: 36019220.

Denominación: Instituto de Educación Secundaria de Gondomar.

Nova denominación: Instituto de Educación Secundaria Auga da Laxe.