Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 12 de abril de 1999 Páx. 4.156

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 24 de marzo de 1999 pola que se modifica o concerto educativo co centro privado Vivas de Vigo (Pontevedra).

Por Orde do 31 de xullo de 1998 (DOG do 19 de agosto e 27 de outubro de corrección de erros) aprobáronse os concertos educativos cos centros docentes privados da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tendo en conta o informe da Inspección Educativa de que o centro privado concertado Vivas de Vigo non ten en funcionamento o ciclo formativo de grao medio: xestión administrativa por falta de alumnado.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Eucativa

DISPÓN:

Primeiro.-Aproba-la diminución, para o curso 1998-99, do concerto educativo do ciclo formativo de grao medio co centro que se relaciona: Vivas de Vigo. 1 de xestión administrativa.

Segundo.-O documento administrativo no que se formalizará a dita modificación do concerto educativo, co referido centro, será asinado polo conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria e polo titular do centro privado ou persoa con representación debidamente acreditada.

Se o titular do centro privado non subscribise o documento de formalización na data que se lle notifique, entenderase decaído no seu dereito.

Terceiro.-A modificación que, por esta orde, se aproba terá efectos do 1 de setembro de 1998.

Cuarto.-De acordo co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, esta resolución esgota a vía adminis

trativa polo que, contra ela, poderá interporse recurso contencioso-administrativo perante os órganos competentes para entenderen dos recursos contencioso-administrativos, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 1999.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria