Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 12 de abril de 1999 Páx. 4.156

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

ORDE do 31 de marzo de 1999 pola que se anuncian subvencións a empresas privadas para a mellora da infraestructura hoteleira.

No eido do turismo faise cada día máis patente a necesidade de adapta-las empresas de servicios turísticos ás esixencias de maior calidade que se observa que demandan os mercados. Os establecementos de aloxamento, como oferentes de servicios, inciden directamente na configuración e calidade do producto turístico galego, xa que se atopan plenamente inmersos na súa xestión e comercialización.

Un dos factores máis importantes que motivan un axeitado movemento nas empresas hoteleiras é, sen dúbida, a súa calidade de servicios e a prestancia das súas instalacións. Neste sentido, cabe dicir que nos últimos anos o sector hoteleiro galego experimentou un considerable aumento na súa oferta de prazas como consecuencia da posta en funcionamento de novos establecementos, sen embargo é notorio que outros, que veñen desenvolvendo a súa actividade desde hai xa algún tempo, precisan moderniza-las súas instalacións para conseguir unha calidade óptima na oferta destes servicios na nosa Comunidade Autónoma. Por todo isto, nos pasados exercicios económicos, a Administración turística galega, dentro das súas liñas de obxectivos, artellou unha serie de medidas de fomento destiñadas á mellora dos sinalados establecementos hoteleiros e, como queira que tal medida alcanzou basicamente os obxectivos inicialmente previstos pero existindo aínda necesidades de mellora dos establecementos no sector

hoteleiro, faise preciso artellar no presente exercicio unhas novas medidas de fomento, na liña das dos pasados exercicios orzamentarios, así como unha nova liña destinada á creación de hoteis de calidade no medio rural para tentar dotar estas zonas, que teñen un grande potencial turístico, dunha oferta de calidade.

En consecuencia, e con cargo ós créditos orzamentarios da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo asignados para esta finalidade na Lei de orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para 1999, seguindo os criterios básicos

sobre o réxime de incentivos ó investimento productivo en Galicia sinalados no Decreto 309/1995, do 23 de novembro, sobre incentivos para o desenvolvemento económico e fomento da actividade empresarial da Comunidade Autónoma de Galicia e todo isto consonte o establecido sobre medidas de fomento no artigo 73 da Lei 9/1997, do 21 de agosto, de ordenación e promoción do turismo en Galicia, en concordancia co sinalado no artigo 74 da dita lei, convócanse unha serie de axudas destinadas á mellora da infraestructura hoteleira de Galicia, polo que,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Destinatarios.

A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, a través da súa Dirección Xeral de Turismo, poderá conceder subvencións con cargo á aplicación 10.05.751A.772.0, dos seus créditos orzamentarios para 1999, ás persoas físicas e xurídicas titulares de establecementos hoteleiros, en calquera das formas de posesión que determina o Código Civil, sempre e cando desenvolvan a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia.

As ditas concesións estarán limitadas polos créditos dispoñibles para este fin e cando as subvencións concedidas teñan carácter plurianual, aplicarase o que dispón, nos seus puntos 1, 2 e 3, o artigo 35.2º B) da Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1999, para os efectos do pagamento correspondente á anualidade do exercicio de 1999 e, se é o caso, a do 2000.

Artigo 2º.-Obxecto.

Poderán ser obxecto de subvención, de conformidade co que se establece nesta orde:

* As accións encamiñadas á modernización das instalacións existentes nos establecementos hoteleiros que estean clasificados dentro dos grupos de hoteis.

* As accións que permitan a conversión de hostais en hoteis.

* As accións encamiñadas á creación, no medio rural, de hoteis de alomenos 3 estrelas cando o solicitante teña xa aberto un establecemento turístico.

Abarcan estas accións a modernización e remodelación de tódalas instalacións, a creación ou mellora da oferta complementaria así como a substitución dos equipamentos obsoletos.

Artigo 3º.-Condicións particulares.

1. Os proxectos que se presenten na procura de subvención terán que cumpri-los requisitos esixidos pola normativa turística vixente.

2. Os establecementos para os que solicita subvención deberán de estar inscritos no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas (REAT) da Xunta de Galicia agás no caso de creación, no medio rural, de hoteis de alomenos 3 estrelas.

3. O investimento mínimo subvencionable non poderá ser inferior a quince millóns de pesetas para

os hoteis. Non existe investimento mínimo subvencionable no caso de conversión de hostais en hoteis.

4. Os proxectos que se presenten serán globais, é dicir, estarán contidos nunha única solicitude.

5. Os proxectos que se subvencionen terán que:

a) Comezarse durante o ano 1999 e estar rematados con tempo dabondo para xustifica-lo investimento subvencionado dentro dos prazos establecidos nesta orde.

b) Facer pública a colaboración da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo-Dirección Xeral de Turismo, tanto durante a realización das obras como posteriormente, mediante un cartel que se exhibirá en sitio ben visible. As características do dito cartel, así como a súa localización e contido, serán indicados polos correspondentes servicios provinciais de Turismo da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo. Os custos correspondentes á dita publicidade serán por conta do beneficiario da subvención.

c) Cumpri-lo disposto na Lei 8/1997, do 20 de agosto, de accesibilidade e supresión de barreiras na Comunidade Autónoma de Galicia.

6. Os beneficiarios das subvencións adquiren o compromiso de crea-los postos de traballo a que se compromete na declaración xurada reflectida no anexo II nun prazo de 3 anos contados desde a data de autorización de apertura pola administración turística ou, se é o caso, desde cando se reemprenda a actividade ou se teña xustificado correctamente o investimento subvencionado.

7. Os proxectos encamiñados á creación, no medio rural, de hoteis de alomenos 3 estrelas deberán de estar situados no mesmo predio que o establecemento turístico xa aberto.

Artigo 4º.-Contía das subvencións.

Os proxectos que se consideran nesta orde como accións subvencionables poderán acadar unha axuda económica de ata o 25% sobre o investimento subvencionable. Á dita cantidade engadiráselle 1.000.000 de ptas. por posto de traballo que se cree con carácter indefinido e que supere a porcentaxe mínima de contratación estable que, para ser beneficiario de subvención, se esixe nesta orde. En todo caso, a porcentaxe máxima de axuda non poderá supera-lo 50% do investimento subvencionable.

Considérase investimento subvencionable a execución material así como a adquisición de novo equipamento. Non se considera equipamento subvencionable a lencería, enxoval, vaixelas e análogos así como tampouco a adquisición de terreos, honorarios técnicos, nin ningún tipo de taxa ou imposto.

Artigo 5º.-Solicitudes e documentación.

1. As solicitudes, dirixidas ó director xeral de Turismo, e a documentación que de seguido se especifica, presentaranse, por duplicado exemplar, na delegación provincial da Consellería de Cultura,

Comunicación Social e Turismo-Servicio Provincial de Turismo, correspondente á localización do investimento, en calquera das formas previstas na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de vinte (20) días hábiles contados desde o día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia:

a) Solicitude segundo o modelo do anexo I.

b) Fotocopia cotexada do DNI e do NIF do solicitante ou do CIF cando corresponda.

c) 1. Proxecto básico, asinado por técnico facultativo competente, cando o investimento se refira á realización de obras.

2. Memoria explicativa, asinada por técnico facultativo competente, cando o investimento se refira á adquisición de equipamento, á execución dun proxecto de decoración, a intervencións de remoción e pequenas reparacións.

En todo caso deberase achegar, tanto sexa coa memoria como co proxecto básico, orzamento pormenorizado por conceptos do investimento proxectado e planos a escala 1:50 cando o investimento afecte á distribución ou uso das instalacións existentes.

d) Licencia urbanística, se fose o caso, que posibilite a execución do investimento para o que se solicita subvención. No caso de carecer dela no momento de realiza-la solicitude de subvención, será dabondo a presentación dun informe urbanístico, emitido polo concello, no que se indique que o proxecto para o que se solicita subvención é conforme coa legalidade urbanística vixente no municipio ou, se é o caso, certificación do concello comprensiva de que o investimento proxectado non precisa licencia urbanística.

e) Para os proxectos promovidos por persoas xurídicas, achegarase escritura de constitución ou modificación, se é o caso, debidamente inscrita no Rexistro Mercantil.

f) Declaración xurada doutras axudas solicitadas ou recibidas para o proxecto para o que se solicita subvención.

g) Anexo II asinado e debidamente cuberto.

h) Se é o caso, solicitude debidamente motivada para que, por circunstancias de estacionalidade da actividade ou de especiais dificultades do sector ou da empresa concreta, se solicite á Comisión Delegada da Xunta de Galicia para Asuntos Económicos que autorice de xeito excepcional a non esixencia de porcentaxe mínima de emprego estable para obte-la consideración de beneficiario da axuda.

2. Os interesados emendarán os defectos dos expedientes de solicitudes de subvención que o precisen, segundo o sinalado no artigo 71.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administra

tivo común, procedéndose ó arquivo, sen máis trámite, daqueles que non se cubrisen en tempo e forma.

3. As compulsas que procedan para toda a documentación que se especifica nesta orde faranse nos correspondentes servicios centrais ou provinciais da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo. Todo iso de conformidade co establecido no Decreto lexislativo 1/1992, do 11 de abril, polo que se aproba o texto articulado das bases contidas no capítulo 3 do título II da Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 112, do 12 de xuño), e na orde da Consellería de Economía e Facenda do 30 de xuño de 1992, pola que se regulamenta a utilización de efectos timbrados para o pagamento das taxas por servicios administrativos de compulsa.

Artigo 6º.-Selección das solicitudes e resolución.

As solicitudes, ás que se lles achegará un informe emitido polo respectivo xefe do Servicio Provincial de Turismo, por cada expediente, no que se deberá indica-la valoración desde un punto de vista turístico do proxecto presentado, se o establecemento para o que se solicita subvención está inscrito no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas (REAT) da Xunta de Galicia, así como se cumpre os demais requisitos administrativos esixibles para ser obxecto de subvención, serán estudiadas por unha comisión técnica constituída polo titular da Subdirección Xeral de Fomento e Cooperación, que a presidirá, actuando como vocais un representante de cada unha das delegacións provinciais da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, os xefes dos servicios provinciais de Turismo e os xefes do Servicio de Fomento e Promoción, de Investimentos e Supervisión Técnico. Turística e de Ordenación do Turismo da Dirección Xeral de Turismo. Exercerá as funcións de secretario da comisión o

antedito xefe do Servicio de Fomento e Promoción.

1. Para a valoración das solicitudes teranse en conta os seguintes criterios:

* A conversión de hostais en hoteis ou, se é o caso, a creación no medio rural de hoteis de alomenos 3 estrelas.

* A creación de postos de traballo.

* As melloras que se realizarán no establecemento co investimento proxectado.

* A creación ou mellora da oferta complementaria.

* O aumento da categoría segundo a normativa turística que a realización do proxecto supón para o establecemento.

2. Esta comisión, á vista dos expedientes e dos informes emitidos polos servicios provinciais, analizarán e cualificarán os proxectos e, tendo en conta as dispoñibilidades orzamentarias elevará ó director xeral de Turismo proposta de concesión ou denegación de subvención. Dos acordos adoptados pola sinalada comisión redactarase a correspondente acta.

3. O conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo dictará as resolucións de concesión ou, se é o caso, de denegación de subvencions.

A resolución de concesión determinará o importe da subvención concedida, con cargo ás disposicións orzamentarias da Comunidade Autónoma de Galicia para 1999, 2000 e 2001, en función das disposicións orzamentarias e das dificultades de índole técnica de execución do investimento subvencionado.

4. De conformidade co establecido no Decreto 264/1994, do 29 de xullo, entenderanse desestimadas as solicitudes sobre as que no recaese resolución expresa no prazo de seis meses contados desde a data do rexistro de entrada da solicitude.

Artigo 7º.-Aceptación-renuncia das subvencións e condicións xerais para as concedidas.

A) Da aceptación-renuncia das subvencións.

Unha vez recibidas as notificacións de concesión de subvención polos beneficiarios, estes, no prazo de dez días naturais, comunicaranlle á Dirección Xeral de Turismo a aceptación (segundo o modelo do anexo III) ou renuncia a elas. Se transcorridos os sinalados dez días non se fixese manifestación en ningún sentido, tal feito entenderase como renuncia á subvención e procederase, sen máis trámite, ó arquivo do expediente.

B) Das condicións xerais para as subvencións concedidas.

No prazo dun mes desde a presentación da aceptación da subvención, os beneficiarios presentarán na Dirección Xeral de Turismo a seguinte documentación:

a) Proxecto definitivo da acción subvencionada, no que se incluirá programa de obras que determinará a previsión anual de execución do investimento, consonte a resolución de concesión.

O dito proxecto e programa, que teñen que ser conformes co determinado na resolución de concesión da subvención, e para os efectos da súa validez para incorporar ó expediente, deberá ser informado favorablemente polo xefe do Servicio de Investimentos e Supervisión Técnico-Turística da Dirección Xeral de Turismo.

b) Licencia urbanística de obras, expedida polo concello e con referencia explícita ó proxecto subvencionado. Excepcionalmente poderase apraza-la presentación deste documento.

c) Certificación bancaria onde se debe aboa-la subvención.

Se, transcorrido o sinalado mes, non se cumprise algunha das condicións anteriores, procederase, sen máis trámite, ó arquivo do expediente.

Se por calquera motivo, e durante o exercicio económico, houbese máis crédito orzamentario para a concesión de subvencións obxecto desta orde, vista a proposta que lle formule a comisión técnica, o

director xeral de Turismo poderá conceder subvencións ós expedientes que non a recibisen.

Artigo 8º.-Xustificación e pagamento das subvencións.

1. Os beneficiarios de subvencións concedidas en virtude da presente orde e cando o importe dela se atribuíu en dúas ou máis anualidades terán como datas límite, para a presentación de xustificación do investimento executado, que se deberá realizar de conformidade co programa de obras, as seguintes:

Fase de 1999: 1 de novembro de 1999.

Fase de 2000: 30 de xuño do 2000, se o importe da subvención se imputou a dúas anualidades. No caso de terse imputado a tres, 15 de outubro do 2000.

Fase de 2001: 30 de xuño do 2001.

Se a subvención soamente se imputou ó exercicio de 1999, a data límite de presentación será o 1 de novembro de 1999.

En todo caso, os beneficiarios de subvencións, unha vez executado o investimento, deberán xustificalo o antes posible e nunca con posterioridade ás datas indicadas, datas que son límite de presentación da xustificación.

2. O investimento xustificado deberá coincidir coa resolución de concesión da subvención ou coas modificacións autorizadas. Se o investimento xustificado fose menor, e sempre mantendo os fins para os que se concedeu a subvención, ésta reducirase proporcionalmente ó investimento non xustificado. No caso de que o investimento xustificado fose menor do investimento mínimo subvencionable (15.000.000 de ptas.) a Dirección Xeral de Turismo valorará as circunstancias que motivaron esta minoración e non fosen previsibles coa solicitude, e poderá, se é o caso, logo de audiencia ó interesado, revoca-la subvención concedida.

3. Para percibi-la subvención os beneficiarios remitirán á Dirección Xeral de Turismo por triplicado exemplar a seguinte documentación:

3.1. Solicitude de cobro segundo o modelo do anexo IV.

3.2. Facturas e certificación por conceptos, asinada polo técnico director de obra, relativa á obra executada coa súa valoración e, no caso de obra rematada, tamén se achegará certificado de fin de obra, no caso de que o investimento subvencionable se referira á realización das obras e/ou instalacións previstas no artigo 5º.1.c)1. da presente orde.

Cando o investimento subvencionable se referise ás accións previstas no artigo 5º.1.c)2. da presente orde deberase remitir ou ben a documentación que se sinala no parágrafo anterior ou, no seu defecto, facturas orixinais ou copia compulsada delas, relativas ó investimento executado.

En calquera dos casos, nas facturas o interesado deberá especificar a qué concepto do investimento

que serviu de base á concesión de subvención corresponde cada unha delas.

3.3. Licencia urbanística que posibilitase a execución do investimento subvencionado, no caso de que se precisara e non se achegase anteriormente por causas excepcionalmente autorizadas.

3.4. Certificados de estar ó día nas suas obrigas tributarias coa Facenda do Estado e da Comunidade Autónoma e de estar ó día nas obrigas coa Seguridade Social.

3.5. Acta de manifestacións, en escritura pública, onde se recollan os compromisos ós que se fai referencia no artigo 3º.6 e no anexo II da presente orde. Será obrigatorio presentar este documento coa última solicitude de pagamento, e potestativo nos demais casos.

Por outra banda, no caso de que a subvención concedida supere a cifra de 5.000.000 de ptas. e cando se solicite o pagamento da anualidade de 1999, ou se é o caso, do 2000, ademais da documentación indicada na alínea 3 do presente artigo, tamén se deberá remiti-la documentación á que se fai referencia no artigo 35.2º.B).2 da Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1999.

4. Para o non previsto anteriormente, haberá que aterse ó disposto nesta materia nos artigos 78 e 79 da Lei 11/1992, de 7 de outubro, de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

Disposición adicional

Primeira.-A condición de beneficiario de subvención, sen prexuízo dos demais requisitos que nela se establecen, só poderá adquirirse cando alomenos o 35% do cadro de persoal da empresa solicitante de axuda teña contratos por tempo indefinido.

Cando o solicitante teña xa aberto un establecemento turístico e o investimento para o que solicita subvención estea encamiñado á creación, no medio rural, de hoteis de alomenos 3 estrelas, poderase adquiri-la condición de beneficiario de subvención, cando exista o compromiso de acadar como mínimo o 35% de estabilidade laboral ó remate do prazo que se conceda para tal efecto (artigo 3º e 4º desta orde).

A porcentaxe de estabilidade mínima laboral, no caso de empresas con menos de 10 traballadores e para os efectos de adquiri-la condición de beneficiario de subvención, será dun 33%.

Non será preciso dar cumprimento ós anteditos requistos de estabilidade laboral no caso de que a subvención solicitada ou, se é o caso, concedida sexa inferior a 10 millóns de pesetas.

En todo caso non será esixible o requisito de estabilidade mínima laboral en relación ós centros de traballo radicados fóra da Comunidade Autónoma de Galicia.

Segunda.-As modalidades de contratos aceptados na presente orde, para os efectos de creación de emprego, son:

-Autoemprego.

-Indefinidos.

-Fixos-descontinuos.

Todo isto con independencia de se a cotización á Seguridade Social se fai a través do réxime xeral ou especial de traballadores por conta allea ou polo de traballadores autónomos.

Se é o caso, e para o cálculo da equivalencia ó ano, procederase a dividi-la suma de horas traballadas pola xornada anual de actividade, determinando este resultado o número de postos creados.

O cumprimento das condicións relativas á creación de emprego acreditarase mediante o oportuno certificado do organismo laboral competente.

Terceira.-De xeito excepcional, logo de petición do solicitante e coa debida motivación, en casos de estacionalidade da actividade ou de especiais dificultades dun sector ou dunha empresa concreta, a Comisión Delegada da Xunta de Galicia para Asuntos Económicos poderá autoriza-la non esixencia de porcentaxe mínima de emprego estable para obte-la consideración de beneficiario da axuda.

Cuarta.-Para os efectos desta orde entenderase como creación de emprego a reconversión de postos de traballo temporais en postos de traballo fixos.

Quinta.-No caso de concesión de subvención trala resolución dun recurso administrativo as datas para a presentación da documentación a que fai referencia o artigo 7º.B) desta orde así como os prazos establecidos no artigo 8º.1 terase que determinar no acto que resolva o dito recurso. As ditas datas e prazos no poderán ser, en ningún caso, posteriores ó 30 de xuño do 2001. Será tamén de aplicación o disposto neste parágrafo cando se concedese unha subvención consonte ó sinalado no artigo 7º.B) desta orde.

Disposicións derradeiras

Primeira.-As unidades administrativas que actúen en calquera das fases do procedemento determinado na presente orde poderán solicitar ó administrado a documentación que consideren precisa para un mellor estudio do expediente.

Segunda.-O director xeral de Turismo dictará, de ser preciso, as resolucións e instruccións oportunas para o desenvolvemento e interpretación desta orde incluíndose nestas facultades as que sexan precisas para adaptar, de oficio, os importes de investimento subvencionable e subvención concedida ó euro así como calquera outra operación que sexa precisa neste eido seguindo para isto a normativa que exista para estes fins.

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 1999.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación Social

e Turismo