Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 12 de abril de 1999 Páx. 4.165

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 25 de febreiro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial para o ano 1999 do convenio colectivo da empresa Gestión y Técnicas del Agua, S.A.

Visto o expediente da revisión salarial para o ano 1999 do convenio colectivo da empresa Gestión y Técnicas del Agua, S.A., no seu centro de traballo do Burgo-Culleredo que tivo entrada nesta delegación provincial o día 19-2-1999, subscrito en representación da parte económica pola empresa, e, da parte social polo delegado de persoal o día 20-1-1999 de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito

de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 25 de febreiro de 1999.

P.S. (Decreto 227/1998, do 10 de xullo)

María José Cimadevila Cea

Secretaria provincial da Coruña

Táboa salarial para o ano 1999

Centro de traballo do Burgo-Culleredo

CategoríasSalario

base

Toxicidade

Penosidade

Perigosidade

NocturnidadePlus

asistencia

Total mesPagas extrasTotal ano

Encargado día97.92012.750110.670110.6701.660.050

Encargado noite R.S.U97.92024.48024.48012.750159.630110.6702.198.610

Conductor día88.74012.750101.490101.4901.522.350

Conductor noite R.S.U.88.74022.18522.18512.750145.860101.4902.010.420

Oficial R.S.U.85.68021.42021.42012.750141.27098.4301.947.690

Oficial de limpeza V./conductor L.V.85.68012.75098.43098.4301.476.450

Oficial de saneamento85.68021.42012.750119.85098.4301.712.070

Peón especializado R.S.U.79.56019.89019.89012.750132.09092.3101.822.230

Peón especializado limpeza V.79.56012.75092.31092.3101.384.650

Peón recolector R.S.U.78.54019.63519.63512.750130.56091.2901.801.320

Peón limpeza V.78.54012.75091.29091.2901.369.350

Complemento de antigüidade ano 1999: 2.040 ptas. trienio.

Plus de festivo ano 1999: 7.140 ptas. día completo.