Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 12 de abril de 1999 Páx. 4.169

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 29 de marzo de 1999 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes na Consellería de Industria e Comercio.

Convocada por Orde do 3 de febreiro de 1999 (DOG nº 33, do 18) a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes na Consellería de Industria e Comercio, esta consellería, no uso das facultades e atribucións conferidas pola Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e os artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e no uso das facultades que lle confire o artigo 15.4º da dita lei,

DISPÓN:

Primeiro.-Resolve-la convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes na Consellería de Industria e Comercio, anunciada pola Orde do 3 de febreiro de 1999 (DOG nº 33, do 18 de febreiro).

Segundo.-Adxudicar destino, nos postos de traballo que se indican, ós funcionarios que se relacionan no anexo á presente orde.

Terceiro.-O cesamento no actual destino do funcionario que obtivo praza producirase no prazo de tres días contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión da praza adxudicada deberá realizarse no prazo dos tres días seguintes ó do cesamento, se se trata da mesma localidade na que presta os seus servicios o funcionario, ou no prazo dun mes se se trata de distinta localidade, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Cuarto.-O centro onde cause alta o funcionario realizará, dentro dos prazos reflectidos no punto anterior, a dilixencia de toma de posesión.

Quinto.-Contra esta orde poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, comunicando previamente a esta consellería a vontade de interpoñelo, segundo o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 29 de marzo de 1998.

Antonio Couceiro Méndez

Conselleiro de Industria e Comercio

ANEXO

NRP: 3329170235A2059.

Grupo: D.

Apelidos e nome: Sánchez Cajaraville, Cristina.

Denominación do posto de traballo: secretario/a director xeral.

Centro directivo: Dirección Xeral de Programas Industriais e Infraestructuras Tecnolóxicas.

Localidade: Santiago de Compostela.

Corpo/escala: xeral.

Nivel: 18.

C. específico: 545.160.

NRP: 1056582768A2075.

Grupo: B.

Apelidos e nome: Fernández Piñeiro, Eugenio.

Denominación do posto de traballo: xefe de Servicio de Xestión.

Centro directivo: delegación provincial.

Localidade: Pontevedra.

Corpo/escala: especial.

Nivel: 28.

C. específico: 1.431.060.