Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 12 de abril de 1999 Páx. 4.171

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 1999 pola que se nomea profesor titular de universidade da área de coñecemento de química física, do departamento de Química Física e Química Orgánica, a Juan Pablo Hervés Beloso (praza 1/1998).

Consonte coa proposta formulada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución da Universidade de Vigo do 16 de febreiro de 1998 (BOE do 12 de marzo) para a provisión dunha praza de profesor titular de universidade da área de coñecemento de química física, do departamento de Química Física e Química Orgánica, a favor de Juan Pablo Hervés Beloso, con documento nacional de identidade número 52.490.114 e cum

prindo o interesado os requisitos do punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Juan Pablo Hervés Beloso profesor titular de universidade da área de coñecemento de química física, do departamento de Química Física e Química Orgánica.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polo interesado, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Boletín Oficial do Estado.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo, de conformidade co establecido na Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa dentro do prazo de 2 meses contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Boletín Oficial do Estado.

Vigo, 9 de marzo de 1999.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo