Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 12 de abril de 1999 Páx. 4.172

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (149/1999).

Camilo J. García Puertas Magariños, secretario do Xulgado do Social número dous de Santiago de Compostela, fai saber:

Que neste xulgado se seguen os autos arriba mencionados, promovidos por Rocío Romero Yuste, nos que se acordou citar por edictos o demandado en paradoiro descoñecido Juan Carlos Martínez Torres, Bar Chispa, para que o día 14 de abril, ás 9.55 horas, compareza na sala de audiencia deste xulgado ós actos de conciliación e xuízo previstos para esa data. Advírteselle de que a súa incomparecencia inxustificada non impedirá a realización dos devanditos actos, de que continuará o procedemento o seu curso e que as seguintes comunicacións que se lle deban facer realizaranse nos estrados deste xulgado, agás as que deban revesti-la forma de auto ou sentencia ou se trate de emprazamento. Tamén se lle advirte de que pode comparecer ou defenderse persoalmente ou por medio de representante designado mediante poder cumprido, mediante comparecencia perante este xulgado ou o de primeira instancia ou de paz do seu domicilio; e de que deberá

acudir con tódolos medios de proba de que intente valerse. Comunícaselle tamén que as copias da demanda e documentos que con ela se achegan están a súa disposición na secretaría deste xulgado.

Así mesmo, requírese o devandito demandado para que o día dos actos de conciliación e xuízo achegue os seguintes documentos: libro de matrícula, recibos de salario e contrato de traballo. Igualmente, cítase o representante legal da demandada para que o día sinalado compareza perante este xulgado co obxecto de prestar confesión xudicial.

E para que se publique no Diario Oficial de Galiciae lle sirva de notificación, citación e requirimento o demandado en paradoiro descoñecido Juan Carlos Martínez Torres, Bar Chispa, expido, selo e asino este edicto en Santiago de Compostela o 18 de marzo de 1999.

O secretario

Rubricado