Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 12 de abril de 1999 Páx. 4.172

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 25 de marzo de 1999, da Xefatura Provincial de Estradas de Lugo, pola que se sinala a data para o levantamento das actas previas á ocupación e sométese a información pública a relación de propietarios dos bens e dereitos afectados polas obras do proxecto de acondicionamento e mellora do trazado con reposición de servicios do ramal da N-VI a Gándaras de Piñeiro, treito: Albeiros, concello de Lugo. (Clave AP/LU/97.06).

Por resolución da Dirección Xeral de Obras Públicas da Xunta de Galicia do 18 de setembro de 1998, foi aprobado o proxecto das obras de acondicionamento e mellora do trazado con reposición de servicios do ramal da N-VI a Gándaras de Piñeiro, treito: Albeiros, T.M. Lugo, de clave AP/LU/97.06.

En acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia o día 6 de novembro de 1998, declárase urxente para efectos de aplicación do procedemento que regula o artigo 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, a ocupación de bens e dereitos afectados polo referido proxecto.

Para tal efecto convócanse ós propietarios e titulares de bens e dereitos afectados, que figuran na relación exposta no taboleiro de anuncios do Con

cello de Lugo e na Delegación Provincial de Estradas de Lugo, para que comparezan no lugar, día e hora que se detalla a continuación, co fin de proceder ó levantamente das actas previas á súa ocupación, que recollerán os datos necesarios para a determinación dos dereitos afectados, os seus titulares e o valor daqueles, sen prexuízo do traslado ó lugar dos predios se se considera necesario.

Lugar: Colexio Público de Albeiros.

Día: 26 de abril de 1999.

Horario: 10 h. a 13 h.

De Armesto Mauriz, Concepción a Rego Rebolo, Simón.

Horario: 15.30 h. a 18 h.

De Rey Fernández, Aurelia a Veiga Pérez, Antonio.

Ó devandito acto deberán acudi-los afectados persoalmente ou ben representados por persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade e o último recibo de contribución podendo acompañarse, pola súa conta se o consideran oportuno, dos seus peritos e un notario.

Tendo en conta os antecedentes e en cumprimento do establecido no artigo 17, parágrafo 2º da Lei de expropiación forzosa, ábrese información pública ata o momento do levantamento da acta previa á ocupación correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito ante esa Xefatura Provincial de Estradas da Xunta de Galicia sita, sita na Ronda da Muralla, nº 70-5ª planta, 27071 Lugo, as alegacións que consideren pertinentes, co obxecto de emendar posibles erros que se producisen ó relaciona-los propietarios afectados.

Lugo, 25 de marzo de 1999.

Carlos Escudero Vigil

Enxeñeiro xefe Provincial de Estradas de Lugo