Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 12 de abril de 1999 Páx. 4.185

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de marzo de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de demasías número 1483.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Pontevedra, fai saber que, en aplicación do disposto no artigo 57.1-a) do vixente Regulamento xeral para o réxime da minería, do 25-8-1978, se somete a información pública a petición das demasías producidas na concesión de explotación Mercedes Segunda número 1483, situada no termo municipal de Tui, solicitadas por Cerámicas del Miño, Carmen Ubeira y Cía., S.A.

O que se fai público para efectos de que no prazo de dez días, a partir desta publicación, os titulares das concesións mineiras estremeiras con Mercedes Segunda número 1483, manifesten as súas preten

sións sobre aquelas demasías sobre as que crean ter dereitos.

Pontevedra, 10 de marzo de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra