Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 12 de abril de 1999 Páx. 4.185

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de marzo de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/81-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966,

sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Resifor, S.A.

Enderezo social: Coruxido-Bastavales, 15000 Brión.

Denominación: L.M.T. aéreo-Subterr., de coxeración Resifor a L.M.T.A. Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Situación: Teo-Brión.

Descricións técnicas: L.M.T. aéreo-subtereránea a 20 kV, de 5.472 m de lonxitude dos cales 162 m aéreos e 5.310 m subterráneos, en conductor LA-110 e R.H.V.-240 mm Al, que parte da planta de coxeración de Resifor, S.A., no lugar de Coruxido-Bastavales, Brión e remate na L.M.T. nº 5 de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. denominada Santiago II-Teo. Concello de Teo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 10 de marzo de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña