Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 12 de abril de 1999 Páx. 4.194

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, na sesión celebrada o día vintecinco de marzo de mil novecentos noventa e nove, acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle promovido por José Cotelo Juncal, en representación de propietarios da UA-37 (Expte. 41/1998 PED), no que se contén proposta para a definición de aliñacións e rasantes na unidade de actuación nº 37, situada na praza da Constitución, no solo urbano de Meicende-Arteixo, segundo proxecto técnico redactado polo arquitecto Luis Collarte Rodríguez e visado polo COAG, que queda sometido a información pública polo prazo dun mes, contados a partir do seguinte ó da aparición do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o devandito prazo as persoas interesadas poderán examina-lo seu contido comparecendo nas dependencias do Servicio Municipal de Urbanismo, sitas na Avenida do Balneario, nº 10-1º, Arteixo, e presenta-las alegacións que estimen convenientes.

Arteixo, vinteseis de marzo de mil novecentos noventa e nove.

Manuel Pose Miñones

Alcalde