Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 12 de abril de 1999 Páx. 4.194

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BECERREÁ

INFORMACIÓN pública.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Becerreá.

2. Obxecto do contrato: venda do ben patrimonial: antigo edificio - escola de Pozacas (Agueira).

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: poxa.

4. Prezo base de licitación: 1.000.000 de pesetas.

5. Garantías: provisional: 20.000 pesetas. Definitiva: 4% do importe do remate.

6. Obtención de documentación e información: Concello de Becerreá, Avda. Madrid, nº 2. Código postal: 27640 Becerreá (Lugo). Teléfono 982 36 00 04.

7. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: o vixésimo sexto día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP de Lugo e no Diario Oficial de Galicia, tomando como data para o inicio do prazo o seguinte ó da derradeira publicación.

b) Documentación que hai que presentar: as proposicións presentaranse en dous sobres cerrados.

Sobre A: subtitulado Documentación acreditativa da personalidade e características do contratista e garantía depositada, no que se incluirá toda a documentación que se sinala na base 6ª do prego de condicións.

Sobre B: subtitulado Oferta económica, que se formalizará de conformidade co modelo contido na base 6.g) do prego de condicións.

c) Lugar de presentación: Concello de Becerreá, Avda. de Madrid nº 2, 27640 Becerreá.

8. Apertura de plicas: no salón de sesións da Casa do Concello de Becerreá, ás doce horas do terceiro día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de proposicións.

9. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario tódolos gastos que por este motivo se devenguen.

Becerreá, 4 de marzo de 1999.

Antonio Fernández Pombo

Alcalde-presidente