Por acordo do Pleno Corporativo, adoptado en sesión con data do 26 de marzo de 1999, aprobouse o expediente administrativo para contratar, mediante
concurso con procedemento aberto e tramitación de urxencia, a obra de acondicionamento de pistas polideportivas rurais, incluída no plan provincial de cooperación ás obras e servicios de competencia municipal POS 1999, de acordo co prego tipo de cláusulas administrativas particulares aprobado pola Deputación Provincial da Coruña (BOP nº 282 do 9-12-1996).
A través deste anuncio convócase licitación de acordo coas seguintes condicións:
1. Entidade adxudicadora.
A) Organismo: Concello de Cedeira.
B) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.
2. Obxecto do contrato.
A) Descrición: acondicionamento de pistas polideportivas rurais.
B) Prazo de execución: dous (2) meses.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
A) Tramitación: urxente.
B) Procedemento: aberto.
C) Forma: concurso.
4. Tipo de licitación: 5.707.494 pesetas, IVE incluído.
5. Garantías:
A) Provisional: 2% do orzamento de licitación.
B) Definitiva: 4% do orzamento de licitación.
6. Obtención de documentación e información.
A) Entidade: Concello de Cedeira.
B) Domicilio: r/ Real, 15.
C) Localidade e código postal: Cedeira 15350.
D) Teléfono: 981 48 00 00.
E) Telefax: 981 48 25 06.
F) Data límite para obtención de documentación: durante o prazo de presentación de proposicións.
7. Clasificación do contratista: non se esixe.
8. Presentación de ofertas:
A) Data límite de presentación: durante o prazo de trece (13) días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación do anuncio de licitación no BOP ou no DOG.
B) Documentación que hai que presentar: a especificada no prego tipo de cláusulas administrativas particulares aprobada pola Deputación da Coruña (BOP 282, do 9-12-1996).
C) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada de Documentos do Concello de Cedeira.
9. Apertura de ofertas:
A) Entidade: Concello de Cedeira.
B) Dirección: r/ Real, 15.
C) Localidade: Cedeira 15350.
D) Data: terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións.
E) Hora: 13 horas.
F) Lugar: salón de comisións da casa do concello.
10. Gastos de anuncios:
Os gastos correspondentes ós anuncios de licitación serán por conta do adxudicatario.
ANEXO I
Cadro de características do contrato.
1. Proxecto: acondicionamento de pistas polideportivas rurais.
2. Tipo de licitación: 5.707.404 pesetas, IVE incluído.
3. Partida: orzamento 1999.
4. Prazo de execución: dous (2) meses.
5. Clasificación: non se esixe.
6. Lugar de presentación de proposicións: Rexistro Xeral de Entrada de Documentos do Concello de Cedeira.
7. Prazo de presentación: trece (13) días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación do anuncio no BOP ou no DOG.
8. Garantía provisional: 2% do orzamento de licitación.
9. Garantía definitiva: 4% do orzamento de licitación.
10. Taxas do contrato: ordenanza fiscal reguladora da taxa por expedición de documentos.
11. Revisión de prezos: non procede. Motivo: prazo de execución.
12. Control de calidade: esixible pola dirección de obra.
Cedeira, 26 de marzo de 1999.
O alcalde
Rubricado