Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 12 de abril de 1999 Páx. 4.195

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CEE

ANUNCIO.

O Concello de Cee, en sesión plenaria celebrada o día 29 de decembro de 1998, aprobou a oferta de emprego público para 1999. Unha vez publicada no BOP nº 35, do 12 de febreiro de 1999, Diario Oficial de Galicia e BOE. Esta alcaldía, en consecuencia, redacta as bases xerais e as específicas

das prazas que figuran na citada oferta e que de seguido se transcriben:

Bases xerais:

Convocatoria unitaria para a provisión en propiedade de prazas de funcionarios de carreira, incluídas na oferta de emprego público do Concello de Cee para 1999.

1. Obxecto da convocatoria:

É obxecto da presente convocatoria unitaria -que se completa coas correspondentes convocatorias específicas a provisión en propiedade das prazas de funcionarios de carreira, incluídas na oferta de emprego público desta corporación para 1999, segundo se concreta nas devanditas convocatorias específicas e mediante o proceso selectivo que nelas se establece en cada suposto.

2. Condicións dos aspirantes.

Para tomar parte nas probas selectivas, os aspirantes deberán reuni-los seguintes requisitos, referidos todos e cada un deles á data na que remate o prazo de presentación de solicitudes:

a) Ser español.

b) Te-lo título esixido, ou estar en condicións de obtelo, na data na que remate o prazo de presentación de instancias. Os títulos requiridos para cada unha das prazas sinálanse nas convocatorias específicas.

c) Non ter enfermidade ou eiva física que impida ou sexa incompatible co normal desempeño das funcións ou tarefas correspondentes á praza á que se opte. As persoas con algunha descapacidade deberán facelo constar na solicitude, sinalando se precisan adaptación das probas. A condición de minusválido e a súa compatibilidade acreditaranse coa certificación da Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

d) Non ter sido separado, mediante expediente disciplinario, do servicio do Estado, comunidades autónomas ou entidades locais, nin encontrarse inhabilitado para o exercicio das funcións públicas.

3. Presentación de solicitudes:

3.1. As instancias nas que se solicite participar nos respectivos procesos selectivos dirixiranse ó señor alcalde-presidente do concello, ben directamente ou a través dos procedementos previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, no prazo de 20 días naturais contados desde o seguinte ó da publicación do anuncio da convocatoria específica respectiva no BOE.

Para ser admitido e, se é o caso, tomar parte nas prácticas das probas, os aspirantes manifestarán nas súas solicitudes que reúnen todos e cada un dos requisitos esixidos na base 2ª e tamén os que, se é o caso, se esixan na convocatoria específica de que se trate, referidos sempre á data de expiración do prazo sinalado para presentación de instancias, e que se comprometen, no caso de ser propostos para o correspondente nomeamento, a presta-lo xuramento ou promesa de acordo co determinado no Real decreto 707/1979, do 5 de abril.

3.2. Ás instancias xuntaranse os documentos que seguen:

a) Fotocopia simple do DNI.

b) Xustificante acreditativo do aboamento dos dereitos de exame, na contía que se fixa para cada caso na convocatoria específica.

O aboamento pode efectuarse mediante pagamento directo na Tesourería Municipal, por xiro postal ou telegráfico, ou por ingreso en conta bancaria. Neste caso, deberá expresarse con claridade a quen corresponde o ingreso e a que convocatoria se atribúe o pagamento. Os dereitos de exame só serán devoltos ós que non fosen admitidos ás probas selectivas por non reuni-los requisitos esixidos na convocatoria.

c) Aqueles documentos que se establezan, se é o caso, nas bases da correspondente convocatoria específica.

4. Admisión dos aspirantes:

4.1. Rematado o prazo de presentación de solicitudes, o alcalde-presidente dictará resolución, no prazo máximo dun mes na que se aprobe a lista provisional de aspirantes admitidos e excluídos, que se publicará no BOP e no taboleiro de anuncios da casa do concello, con indicación do prazo de reclamacións nos termos que o artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lles concede ós aspirantes excluídos.

Se houbese reclamacións, serán aceptadas ou rexeitadas na resolución aprobatoria da lista definitiva, que se fará pública na forma anteriormente indicada. Contra esta resolución só cabe, se é o caso, interpoñer recurso contencioso-administrativo.

4.2. O feito de figurar na relación de admitidos non prexulga que se lles recoñeza ós interesados a posesión dos requisitos esixidos nos procedementos selectivos derivados da presente convocatoria unitaria. Cando da documentación que debe presentarse -no caso de supera-lo procedemento selectivocse desprenda que non posúen algún dos requisitos esixidos para participar, os interesados decaerán en tódolos dereitos que puideran derivarse da súa participación neste procedemento.

5. Tribunais cualificadores:

5.1. Os tribunais cualificadores dos procesos selectivos designaranse de conformidade co disposto no R.D. 896/1991, do 7 de xullo, que establece as regras básicas e programas mínimos ós que debe axustarse o procedemento de selección dos funcionarios da Administración local. No caso das prazas de policías locais rexerá tamén o disposto no Decreto 121/1995, do 20 de abril.

5.2. A designación nominal dos membros dos tribunais incluirá os respectivos suplentes e será publicada no BOP e taboleiro de anuncios da casa do concello con, polo menos, un mes de antelación ó comezo das probas.

5.3. Os membros do tribunal deberán absterse de intervir, comunicándoo á autoridade convocadora, cando concorran as circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Os aspirantes poderán recusa-los membros do tribunal cando concorran aquelas circunstancias.

5.4. O tribunal non se poderá constituír nin actuar sen a presencia, cando menos, da metade dos seus membros, titulares ou suplentes, indistintamente.

5.5. O tribunal poderá dispoñe-la incorporación ós seus traballos de asesores especialistas para as probas correspondentes ós exercicios que xulgue oportuno, e estes limitaranse a presta-la súa colaboración nas súas especialidades técnicas. Tales asesores terán voz pero non voto.

5.6. Para os efectos de percepción de asistencias, os compoñentes dos tribunais que actúen nos procesos selectivos terán as categorías que establece o R.D. 236/1988, do 4 de marzo, actualizadas por Resolución do 22 de marzo de 1993.

6. Comezo das probas e orde de actuación dos aspirantes:

6.1. As probas non poderán comezar ata transcorridos dous meses desde a data na que apareza no BOE o anuncio da convocatoria; un mes antes, como mínimo, anunciarase no BOP e no taboleiro de anuncios da casa do concello o día, hora e lugar en que terá lugar o primeiro deles.

6.2. Os aspirantes serán convocados para cada exercicio en chamamento único, salvo casos de forza maior debidamente xustificados e apreciados polo tribunal.

Deberán acredita-la súa personalidade coa exhibición do DNI ou documento que o substitúa.

6.3. A actuación dos aspirantes naqueles exercicios que non poidan celebrarse conxuntamente farase por orde alfabética segundo a primeira letra do seu apelido, comezando pola letra B, conforme o disposto na resolución da Presidencia e Administración Pública do 24 de marzo de 1998.

7. Desenvolvemento do proceso selectivo:

7.1. Nas convocatorias específicas que completan a presente convocatoria unitaria concrétase o contido de cada proba, a súa forma de desenvolvela, sistema de cualificación de exercicios e os seus correspondentes programas.

7.2. Os aspirantes poderán realiza-los exercicios, á súa elección, en calquera das súas linguas oficiais, galego ou castelán.

7.3. Os exercicios escritos que se celebren poderán ser lidos publicamente, se así o acorda o tribunal.

7.4. A publicación dos anuncios de celebración do 2º exercicio e sucesivos farase polo tribunal no taboleiro de anuncios da casa do concello.

7.5. As cualificacións dos aspirantes aprobados en cada un dos exercicios publicarase, así mesmo, no taboleiro de anuncios do concello.

7.6. Entre o final dunha proba ou exercicio e o comezo da seguinte deberá transcorrer un prazo mínimo de 48 horas e un máximo de 45 días.

7.7. Cando na convocatoria específica non conste expresamente a duración dunha proba ou exercicio, o tribunal decidirá ó respecto, atendendo á súa natureza e características.

8. Cualificación dos exercicios e publicación de resultados:

8.1. A cualificación de cada exercicio efectuarase sumando as puntuacións outorgadas por cada membro do tribunal -cos límites que establecen as bases específicase dividindo polo número de membros.

8.2. Os sistemas de cualificacióin de cada proba sinalaranse nas respectivas convocatorias específicas.

8.3. Rematada a cualificación dos exercicios, o tribunal publicará por orde a puntuación final, especificándoa numericamente. En ningún caso o número de aspirantes aprobados poderá supera-lo número de prazas convocadas.

8.4. O tribunal non poderá declarar que superaron as probas selectivas, nin que aprobaron, un número maior de aspirantes que prazas convocadas.

8.5. Calquera proposta de aprobados, de nomeamento ou de formalización de contrato que contraveña o anteriormente establecido, será nula de pleno dereito.

8.6. O tribunal elevará a relación de aprobados, xunto coa acta da última sesión, ó señor alcalde-presidente para os efectos de tramitación do pertinente nomeamento, se se trata de prazas de funcionarios. A proposta terá carácter vinculante.

9. Presentación de documentación:

9.1. No prazo de 20 días naturais, contados desde o seguinte ó da publicación da lista de aspirantes aprobados -que será notificada a cada un deles-, deberán presentar no rexistro xeral do concello os seguintes documentos:

a) Fotocopia (que deberá presentarse co seu orixinal para a súa compulsa) do DNI ou documento equivalente.

b) Copia autenticada, ou fotocopia (que deberá presentarse co orixinal para a súa compulsa) do título, ou ben xustificante de ter cumpridos tódolos requisitos para a súa expedición.

c) Declaracióin xurada de non ter sido separado mediante expediente disciplinario de ningunha administración pública nin atoparse inhabilitado para o exercicio de funcións públicas.

d) Certificado médico oficial de non padecer enfermidade nin de estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible ou impida o normal desempeño das correspondentes funcións.

e) Os aspirantes propostos que teñan algunha minusvalidez, e así o fixeran constar na súa solicitude, deberán acredita-lo grao de minusvalidez e a súa compatibilidade co exercicio das funcións da praza, mediante certificación expedida polos organismos competentes.

f) Declaración xurada de non estar incurso en ningunha das causas de incapacidade específica conforme a lexislación na materia.

g) Declaración xurada de non estar incurso en ningún dos supostos de incompatibilidade establecidos legalmente.

9.2. Deberán presentarse ademais, en igual prazo, aqueles documentos acreditativos dos requisitos esixidos nas bases das convocatorias específicas.

9.3. Se os aspirantes propostos tiveran a condición de funcionarios públicos, estarán exentos de xustificar documentalmente as condicións e requisitos xa demostrados no seu anterior nomeamento, debendo en tal caso presentar certificación do organismo, consellería, corporación local ou ministerio do que dependan.

9.4. Ante a imposibilidade, debidamente xustificada, de presenta-los documentos expresados, poderá acreditarse que se reúnen as condicións esixidas na convocatoria, mediante calquera medio de proba admisible en dereito.

9.5. Se dentro do prazo indicado, agás os casos de forza maior, o aspirante proposto non presentase a súa documentación ou non acreditase reuni-los requisitos esixidos, non poderá ser nomeado, no caso de prazas de funcionarios, quedando anuladas tódalas súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade na que puidera ter incorrido por falsidade na instancia para tomar parte no proceso selectivo.

10. Nomeamento de funcionarios e toma de posesión:

10.1. Concluído o proceso selectivo e presentados os documentos solicitados ou, se é o caso, acreditado que se reúnen as condicións esixidas, a Alcaldía, de acordo coa proposta do tribunal cualificador, procederá ó nomeamento dos funcionarios de carreira, os cales deberán tomar posesión no prazo de 30 días, contados desde o seguinte a aquel en que lles sexa notificado o nomeamento, debendo preseta-lo xuramento ou promesa de conformidade co establecido no R.D. 707/1979, do 5 de abril.

10.2. No caso dos aspirantes propostos para as prazas de policías locais, o nomeamento será de funcionario en prácticas, debendo supera-lo curso teórico-práctico na Academia Galega de Seguridade, antes do seu nomeamento definitivo como funcionarios de carreira. De non supera-lo devandito curso en dúas convocatorias sucesivas, como máximo, perderán tódolos dereitos ás prazas.

11. Normas finais:

11.1. A aprobación das bases xerais e específicas e os actos administrativos que se sucedan poderán ser recorridos polos interesados nos casos e na forma prevista na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

11.2. Para o non previsto nestas bases xerais nin nas convocatorias específicas que as completan, será de aplicación a Lei 7/1985, do 2 de abril, o R.D. lexislativo 781/1986, do 18 de abril, a Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, o R.D. 896/1991, do 7 de xuño, o Decreto 95/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de selección de persoal da Comunidade Autónoma de Galicia, o R.D. 364/1995, do 10 de marzo, e demais normas de aplicación, disposicións aplicables conforme as regras de prelación establecidas no artigo 134.2º do texto refundido de réxime local (R.D. lexislativo 781/1986) e ademais a disposición derradeira do R.D. 896/1991.

Cee, 2 de febreiro de 1999.

Manuel Lamela Lestón

Alcalde-presidente

Convocatoria específica nº 1/1999

Persoal funcionario

1. Clasificación:

Escala de Administración xeral; subescala: administrativa; categoría: administrativo.

2. Dotación económica:

As retribucións básicas correspondentes ó grupo C do artigo 25 da Lei 30/1984 e demais que acorde a corporación respecto a retribucións complementarias e que se concreten na relación orzamentaria.

3. Sistema de selección:

Promoción interna - concurso oposición.

4. Titulación esixida:

Título de bacharelato superior, formación profesional de 2º grao ou equivalente e/ou ter dous anos de antigüidade en corpos ou escalas pertencentes ó grupo D.

5. Número de prazas que se convocan:

Tres (3).

6. Dereitos de exame:

5.000 pesetas.

7. Requisitos:

Ademais dos sinalados na base 4ª, os aspirantes deberán ser funcionarios deste concello e ter unha antigüidade de, polo menos, dous anos na subescala de auxiliares da escala da Administración xeral deste.

8. Funcións e tarefas:

O seleccionado desenvolverá as funcións e tarefas propias do posto de traballo segundo o arti

go 169.1º B) do R.D.L. 781/1986, do 18 de abril, así como tarefas de mecanografía, despacho de correspondencia, operacións de cálculo sinxelas, manexo de máquinas e ordenadores, arquivo de documentos e outros similares.

As funcións e tarefas do posto de bibliotecario, rexistro e actualización de inventario de libros, partes e estatísticas, despacho de fotocopias e tódalas que afecten ó bo funcionamento do servicio.

9. Proceso selectivo:

O proceso selectivo desenvolverase en dúas fases:

Fase de concurso:

Valoraranse os cursos realizados polo funcionario e a antigüidade na subescala de auxiliar, así como a titulación que se posúa.

Fase de oposición:

Constará de tres exercicios, os dous primeiros obrigatorios e eliminatorios e o terceiro obrigatorio pero non eliminatorio.

Primeiro exercicio:

Consistirá en desenvolver por escrito, durante o tempo máximo de tres horas, un tema de cada unha das partes 1ª e 2ª do programa anexo. Para tal efecto o tribunal determinará e proporá dous de cada parte deste e os aspirantes elixirán libremente un para desenvolver de cada parte do devandito programa.

Considerarase especialmente neste exercicio a facultade de redacción e o nivel de formación xeral.

Segundo exercicio:

Consistirá en desenvolver por escrito, en tempo máximo de dúas horas, a redacción dun informe con proposta de resolución sobre un suposto práctico que presentará o tribunal -inmediatamente antes do comezo do exercicio- e relativo ás tarefas administrativas correspondentes ós funcionarios da subescala.

Durante o desenvolvemento desta proba, os aspirantes poderán en todo momento facer uso dos textos legais, coleccións de xurisprudencia ou libros de consulta dos que acudan provistos.

Neste exercicio considerarase a sistemática da presentación e formulación de conclusións e o coñecemento e acertada aplicación da normativa vixente.

Terceiro exercicio:

De carácter obrigatorio e non eliminatorio, para demostra-lo coñecemento do idioma galego, comprenderá as probas que determine o tribunal, podendo ser lectura, escritura, traducción directa ou inversa e conversación.

10. Cualificación da fase de concurso e dos exercicios da oposición:

A fase de concurso valorarase de acordo co seguinte baremo:

Cursos realizados: 0,1 puntos por cada 10 horas de cursos (ata un tope máximo de 3 puntos).

Antigüidade: 0,05 por cada mes traballado para o concello (ata un tope máximo de 7 puntos).

Titulación: ata un máximo de 1 punto.

Os exercicios da fase de oposición cualificaranse do seguinte xeito:

Cada un dos dous primeiros exercicios cualificarase de 0 a 10 puntos, sendo eliminados os aspirantes que non obteñan un mínimo de 5 puntos.

O terceiro exercicio cualificarase de 0 a 5 puntos.

A cualificación final estará determinada pola suma aritmética das seguintes puntuacións:

Puntuación fase de concurso + media aritmética dos dous primeiros exercicios da oposición + nota do 3º exercicio (galego) da oposición.

11. Tribunal cualificador:

A designación nominal dos membros do tribunal cualfiicador e dos seus respectivos suplentes farase pública na forma establecida nas bases xerais da convocatoria unitaria.

A súa composición será a seguinte:

Administrativo de servicios xerais:

Presidente:

O alcalde-presidente ou concelleiro en quen delegue.

Vocais:

Un representante da Xunta de Galicia.

Un funcionario técnico do concello.

Un funcionario nomeado polo Colexio Oficial de Secretarios, Interventores ou Tesoureiros de entre habilitados de carácter nacional.

Secretario:

O do concello ou funcionario que legalmente poida substituílo.

Administrativo adscrito á biblioteca:

Presidente:

O alcalde-presidente ou concelleiro en quen delegue.

Vocais:

Un representante da Xunta de Galicia experto en bibliotecas.

Un representante da Dirección Xeral de Cultura.

Un funcionario nomeado polo CSII de Administración local.

Tódolos vocais deberán posuír titulación ou especialización igual ou superior ó posto obxecto da convocatoria.

ANEXO I

Administrativo servicios xerais

Programa

Tema 1. O Estado. Concepto. Elementos: territorio - Poboación - O poder. Formas de Estado: formas políticas anteriores ó Estado nacional - Tradicionais

- Tendencias actuais.

Tema 2. A división de poderes: fundamento e antecedentes - Formulación científica da teoría da división de poderes - A división de poderes e os sistemas políticos - Crises da doutrina da división de poderes. Relacións entre os poderes do Estado.

Tema 3. A Constitución española de 1978: proceso de xestación - Consolidación do texto constitucional. Principios xerais.

Tema 4. Dereitos e deberes fundamentais dos españois: principio xeral - Concepto - Catalogación Estudio dos diversos grupos - Garantía dos dereitos e liberdades.

Tema 5. A Coroa: carácter, sucesión e proclamación - Funcións. O poder lexislativo: as funcións e os órganos - Elementos do órgano lexislativo As Cortes Xerais.

Tema 6. O Goberno: concepto - Integración - Cesamento do Goberno - Responsabilidade - Funcións do Goberno - Deberes. Administración do Estado: concepto - Regulación.

Tema 7. O poder xudicial: concepción xeral - Principios da organización xudicial - Manifestacións da xurisdicción - Órganos xurisdiccionais - O Consello Xeral do Poder Xudicial.

Tema 8. Organización territorial do Estado: esquema xeral - Principios constitucionais - A Administración local - As comunidades autónomas. Os estatutos de autonomía: o seu significado: elaboración - Significado e contido - Reforma - Enumeración das comunidades autónomas.

Tema 9. A Administración pública no ordenamento español: concepto e aceptacións - A Administración como función e como actividade - Elementos - Regulación - Concepto e clases de órganos - Formulación constitucional. A personalidade xurídica da Administración pública: concepto de persoas xurídicas - Clases de persoas xurídicas - Personalidade xurídica da Administración pública. Clases de administracións públicas.

Tema 10. Principios de actuación da Administración pública. Eficacia, xerarquía, descentralización, desconcentración e coordinación: consideracións previas - Enumeración dos principios de actuación da Administración pública - Exame de cada un deles.

Tema 11. Sometemento da Administración á lei e ó dereito: a Administración como obxecto do dereito - Formas de submisión. Fontes do dereito público: enumeración e principios - Xerarquía das fontes. A lei: as súas clases.

Tema 12. O regulamento: as súas clases: concepto - Fundamento - Titular da potestade regulamentaria Clases de regulamentos. Outras fontes do dereito administrativo: a costume - Práctica administrativa - Os principios xerais do dereito - Tratados internacionais - Xurisprudencia.

Tema 13. O administrado: concepto e clases Capacidade e causas modificativas. Colaboración e participación dos cidadáns nas funcións administrativas: relacións de colaboración e participación - Réxime de cada tipo de relación. O principio de audiencia do interesado.

Tema 14. O acto administrativo: concepto: orixes do acto administrativo - Clases. Elementos do acto administrativo.

Tema 15. Principios xerais do procedemento administrativo: concepto - Clases de procedementos Orixes e notas do procedemento - Normas reguladoras. Dimensión temporal do procedemento administrativo: días e horas hábiles. Cómputo de prazos: principios xerais - Días e horas hábiles. Cómputo de prazos. Recepción e rexistro de documentos: recepción de documentos - Rexistro de documentos.

Tema 16. Fases do procedemento administrativo xeral: as fases do procedemento administrativo xeral - Idea dos procedementos especiais. O silencio administrativo: concepto - Regulación - Obriga de resolver - Actos presuntos - Certificación de actos presuntos.

Tema 17. A teoría da invalidez do acto administrativo: actos nulos e anulables: invalidez dos actos administrativos - Dereito positivo español. Validación. Revisión de oficio: concepto - Natureza - Límites á revogación - Regulación.

Tema 18. Os recursos administrativos. Clases: concepto - Clases de recursos - Obxecto - Fin da vía administrativa - Interposición do recurso - Suspensión da execución - Audiencia do interesado - Resolución. Recurso ordinario: obxecto e prazos - Motivos - Interposición - Resolución presunta. Recursos de revisión: obxecto e prazos de interposición - Resolución e prazos para esta. Reclamacións económico-administrativas: concepto - Órganos da xurisdicción económico-administrativa - Procedemento en primeira ou única instancia.

Tema 19. Principios xerais e clases de contratos administrativos: presentación do tema - Contrato administrativo - Diferencias entre o contrato privado da Administracióin e o contrato administrativo Lexislación vixente - Principios xerais do contrato administrativo - Clasificación dos contratos administrativos. A selección de contratistas. Dereitos e deberes do contratista e da Administración.

Tema 20. A responsabilidade da Administración pública: danos causados pola actividade administrativa ilexítima - Danos causados pola actividade lexítima da Administración - A responsabilidade no dereito positivo.

Tema 21. O réxime local español: concepto da Administración local - Evolución do réxime local. Principios constitucionais e regulación xurídica: principios constitucionais - Regulación legal.

Tema 22. A provincia no réxime local: antecedentes - Concepto - Caracteres. Organización provincial. Competencias: organización provincial Estudio dos órganos provinciais - Competencias Réximes especiais.

Tema 23. O municipio: evolución - Concepto Elementos esenciais - Denominación e cambio de nome dos municipios. O termo municipal: concepto Caracteres - Alteración de termos municipais. A poboación: concepto - Clasificación. O empadroamento.

Tema 24. Organización municipal: concepto - Clases de órganos - Estudio de cada un dos órganos. Competencias: concepto e clases - Lexislación española.

Tema 25. Réxime xeral das eleccións locais: antecedentes - Sistema actual: Constitución de 1978 e Lei orgánica 5/1985, de réxime electoral xeral.

Tema 26. Estructuras supramunicipais. As mancomunidades de municipios. As agrupacións municipais. A comarca.

Tema 27. Ordenanzas e regulamentos das entidades locais: concepto e diferenciacións - Evolución histórica. Clases. Procedemento de elaboración e aprobación: procedemento para as xerais ou específicas - Procedemento nas específicas.

Tema 28. A función pública local: ideas xerais - Concepto de funcionario - Clases de funcionarios. Organización da función pública local: órganos e grupos que a integran - Os funcionarios con habilitación de carácter nacional (antigos corpos nacionais) - Os funcionarios propios das corporacións Adquisición e perda da condición de funcionario - Situación nas que poden atoparse.

Tema 29. Dereitos e deberes dos funcionarios públicos locais: dereitos - Deberes. Incompatibilidades.

Tema 30. Dereitos económicos dos funcionarios: retribucións básicas. Retribucións complementarias. Dereitos pasivos. A Seguridade Social.

Tema 31. Os bens das entidades locais: concepto. Clases: visión xeral - Estudio especial de cada unha das clases de bens - Modificación da cualificación xurídica dos bens. O dominio público local: concepto - Características - Adquisición - Utilización - Alleamento - Estudio especial dos bens comunais. Bens patrimoniais locais.

Tema 32. Procedemento administrativo local: concepto - Principios que o inspiran - Actuacións que comprende. O rexistro de entrada e saída de documentos: requisitos na presentación de documentos: carácter e esixencia do rexistro - Libros que comprende e asentos nos mesmos - Requisitos na presentación de documentos. Comunicacións e notificacións: comunicacións - Notificación e publicación.

Tema 33. Funcionamento dos órganos colexiados locais: convocatoria e orde do día: réxime de sesións - Adopción de acordos. Actas e certificados de acordos: borrador da acta e aprobación - Transcrición

da acta ó libro - Sinatura da acta - Certificados de acordos.

Tema 34. Lexislación sobre réxime do solo e ordenación urbana: os seus principios inspiradores: antecedentes - Lexislación vixente: texto refundido da lei sobre o réxime do solo e ordenación urbana, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1992. Competencia urbanística municipal: concernente ó planeamento - En canto á execución do planeamento En orde á intervención no exercicio das facultades dominicais relativas ó uso do solo e cualificación - No que se refire ó mercado do solo.

Tema 35. Instrumento de planeamento: o municipio como principal actor do urbanismo - Plan nacional de ordenación - Plans directores territoriais - Plan xeral de ordenación urbana - Normas subsidiarias e complementarias - Plans parciais - Plans especiais - Estudios de detalle - Os programas de actuación urbanística - Outros. Procedemento de elaboración e aprobación.

Tema 36. Execución dos plans de ordenación. Sistemas de actuación urbanística: execución dos plans de ordenación - Sistemas de actuación urbanística. A clasificación do solo: criterio clasificador.

Tema 37. Intervención na edificación e uso do solo: consideracións previas - O dereito a edificar - O dereito á edificación - Responsabilidade da Administración.

Tema 38. Facendas locais: clasificación dos ingresos: conceptos xerais - Potestade tributaria dos entes locais - Fases da potestade tributaria - Fiscalidade das facendas locais no sistema español - Clasificación dos ingresos. Ordenanzas fiscais: potestade regulamentaria das entidades locais - Tramitación das ordenanzas e acordos - Contido das ordenanzas fiscais - Entrada en vigor das ordenanzas.

Tema 39. Réxime xurídico do gasto público local: introducción e concepto - Clases de gastos - Os créditos para gastos - O control e fiscalización da xestión económica e financeira - O Tribunal de Contas Contabilidade e contas.

Tema 40. Os orzamentos locais: concepto - Contido do orzamento xeral - Anexos do orzamento xeral Estructura orzamentaria - Formación e aprobación - Entrada en vigor - Exercicio orzamentario - Liquidación - Modificacións orzamentarias.

ANEXO II

Administrativo adscrito á biblioteca

Programa

Tema 1. O Estado. Concepto. Elementos: territorio - Poboación - O poder. Formas de Estado: formas políticas anteriores ó Estado nacional - Tradicionais - Tendencias actuais.

Tema 2. A división de poderes: fundamento e antecedentes - Formulación científica da teoría da división de poderes - A división de poderes e os sistemas políticos - Crises da doutrina da división de poderes. Relacións entre os poderes do Estado.

Tema 3. A Constitución española de 1978: proceso de xestación - Consolidación do texto constitucional. Principios xerais.

Tema 4. Dereitos e deberes fundamentais dos españois: principio xeral - Concepto - Catalogación Estudio dos diversos grupos - Garantía dos dereitos e liberdades.

Tema 5. A Coroa: carácter, sucesión e proclamación - Funcións. O poder lexislativo: as funcións e os órganos - Elementos do órgano lexislativo As Cortes Xerais.

Tema 6. O Goberno: concepto - Integración - Cesamento do Goberno - Responsabilidade - Funcións do Goberno - Deberes. Administración do Estado: concepto - Regulación.

Tema 7. O poder xudicial: concepción xeral - Principios da organización xudicial - Manifestacións da xurisdicción - Órganos xurisdiccionais - O Consello Xeral do Poder Xudicial.

Tema 8. Organización territorial do Estado: esquema xeral - Principios constitucionais - A Administración local - As comunidades autónomas. Os estatutos de autonomía: o seu significado: elaboración - Significado e contido - Reforma - Enumeración das comunidades autónomas.

Tema 9. A Administración pública no ordenamento español: concepto e aceptacións - A Administración como función e como actividade - Elementos - Regulación - Concepto e clases de órganos - Formulación constitucional. A personalidade xurídica da Administración pública: concepto de persoas xurídicas - Clases de persoas xurídicas - Personalidade xurídica da Administración pública. Clases de administracións públicas.

Tema 10. Principios de actuación da Administración pública. Eficacia, xerarquía, descentralización, desconcentración e coordinación: consideracións previas - Enumeración dos principios de actuación da Administración pública - Exame de cada un deles.

Tema 11. Sometemento da Administración á lei e ó dereito: a Administración como obxecto do dereito - Formas de submisión. Fontes do dereito público: enumeración e principios - Xerarquía das fontes. A lei: as súas clases.

Tema 12. O regulamento: as súas clases: concepto - Fundamento - Titular da potestade regulamentaria Clases de regulamentos. Outras fontes do dereito administrativo: a costume - Práctica administrativa - Os principios xerais do dereito - Tratados internacionais - Xurisprudencia.

Tema 13. O administrado: concepto e clases Capacidade e causas modificativas. Colaboración e participación dos cidadáns nas funcións administrativas: relacións de colaboración e participación - Réxime de cada tipo de relación. O principio de audiencia do interesado.

Tema 14. O acto administrativo: concepto: orixes do acto administrativo - Clases. Elementos do acto administrativo.

Tema 15. Principios xerais do procedemento administrativo: concepto - Clases de procedementos Orixes e notas do procedemento - Normas reguladoras. Dimensión temporal do procedemento administrativo: días e horas hábiles. Cómputo de prazos: principios xerais - Días e horas hábiles. Cómputo de prazos. Recepción e rexistro de documentos: recepción de documentos - Rexistro de documentos.

Tema 16. Fases do procedemento administrativo xeral: as fases do procedemento administrativo xeral - Idea dos procedementos especiais. O silencio administrativo: concepto - Regulación - Obriga de resolver - Actos presuntos - Certificación de actos presuntos.

Tema 17. A teoría da invalidez do acto administrativo: actos nulos e anulables: invalidez dos actos administrativos - Dereito positivo español. Validación. Revisión de oficio: concepto - Natureza - Límites á revogación - Regulación.

Tema 18. Os recursos administrativos. Clases: concepto - Clases de recursos - Obxecto - Fin da vía administrativa - Interposición do recurso - Suspensión da execución - Audiencia do interesado - Resolución. Recurso ordinario: obxecto e prazos - Motivos - Interposición - Resolución presunta. Recursos de revisión: obxecto e prazos de interposición - Resolución e prazos para esta. Reclamacións económico-administrativas: concepto - Órganos da xurisdicción económico-administrativa - Procedemento en primeira ou única instancia.

Tema 19. Principios xerais e clases de contratos administrativos: presentación do tema - Contrato administrativo - Diferencias entre o contrato privado da Administracióin e o contrato administrativo Lexislación vixente - Principios xerais do contrato administrativo - Clasificación dos contratos administrativos. A selección de contratistas. Dereitos e deberes do contratista e da Administración.

Tema 20. A responsabilidade da Administración pública: danos causados pola actividade administrativa ilexítima - Danos causados pola actividade lexítima da Administración - A responsabilidade no dereito positivo.

Tema 21. O réxime local español: concepto da Administración local - Evolución do réxime local. Principios constitucionais e regulación xurídica: principios constitucionais - Regulación legal.

Tema 22. A provincia no réxime local: antecedentes - Concepto - Caracteres. Organización provincial. Competencias: organización provincial Estudio dos órganos provinciais - Competencias Réximes especiais.

Tema 23. O municipio: evolución - Concepto Elementos esenciais - Denominación e cambio de nome dos municipios. O termo municipal: concepto Carac

teres - Alteración de termos municipais. A poboación: concepto - Clasificación. O empadroamento.

Tema 24. Organización municipal: concepto - Clases de órganos - Estudio de cada un dos órganos. Competencias: concepto e clases - Lexislación española.

Tema 25. Réxime xeral das eleccións locais: antecedentes - Sistema actual: Constitución de 1978 e Lei orgánica 5/1985, de réxime electoral xeral.

Tema 26. Estructuras supramunicipais. As mancomunidades de municipios. As agrupacións municipais. A comarca.

Tema 27. Concepto e función das bibliotecas. Tipos de bibliotecas.

Tema 28. A biblioteca pública. Concepto e función: visión persoal dunha biblioteca pública municipal.

Tema 29. Xestión dos fondos bibliotecarios: a súa preparación para o uso público.

Tema 30. Os catálogos na biblioteca. Concepto, elaboración e tipos.

Tema 31. A clasificación decimal universal. Ventaxas e inconvenientes.

Tema 32. Extensión bibliotecaria. Actividades culturais na biblioteca. Función social da biblioteca pública. Fondo local.

Tema 33. As bibliotecas de Galicia. Situación actual. A Lei de biblioteca de Galicia.

Tema 34. Automatización dos servicios bibliotecarios.

Tema 35. Cooperación bibliotecaria. Redes de bibliotecas.

Tema 36. O libro e as bibliotecas da antigüidade.

Tema 37. O libro e as bibliotecas na idade media.

Tema 38. O libro e as bibliotecas desde a invención da imprenta.

Tema 39. Novos soportes e tecnoloxías da información.

Tema 40. Organizacións nacionais e internacionais relacionadas coas bibliotecas e a documentación.

Convocatoria específica nº 2/1999

Persoal funcionario

Efectúase convocatoria específica para a provisión de dúas prazas de gardas de policía local, de acordo coas presentes bases, que completan as da convocatoria unitaria.

1. Clasificación:

Escala de Administración. Subescala: servicios especiais. Clase: policía local. Categoría: garda.

2. Dotación económica:

As retribucións básicas correspondentes ó grupo D do artigo 25 da Lei 30/1984, do 2 de agosto e demais acordos adoptados pola corporación ó respecto e concretados na correspondente relación orzamentaria.

3. Sistema de selección:

Oposición libre.

4. Número de prazas que se convocan:

Dúas (2).

5. Dereitos de exame:

3.000 pesetas.

6. Requisitos específicos:

6.1. Ademais dos establecidos nas bases da convocatoria unitaria, esíxense os seguintes:

a) Idade: ter cumpridos os 18 anos de idade e non exceder de 30.

b) Titulación: estar en posesión, ou en condicións de obtelo, antes da data do prazo de presentación de instancias, do título de graduado escolar, formación profesional de 1º grao ou equivalente.

c) Estar en posesión do permiso de conducir das clases A2 e B2.

d) Ter unha estatura mínima de 1,70 m os homes e de 1,65 m as mulleres.

e) Acredita-la aptitude física, mediante a presentación de certificado médico, no que se faga constar expresamente que o aspirante reúne condicións físicas ou sanitarias necesarias e suficientes para a realización dos exercicios físicos que figuran especificados na correspondente proba da oposición e que non padece enfermidade ou eiva física que lle impida o exercicio das funcións correspondentes.

Este certificado deberá xuntarse á solicitude para tomar parte na oposición.

f) Non estar inhabilitado para o exercicio das funcións públicas, nin separado do servicio das administracións públicas por expediente disciplinario ou resolución xudicial firme.

g) Compromiso de portar armas e, se é o caso, de chegar a utilizalas, que se presentará mediante declaración escrita.

Tódolos requisitos enumerados deberán posuírse no momento de finaliza-lo prazo de presentación de solicitudes.

7. Tribunal cualificador:

7.1. A composición nominal do tribunal -titulares e suplentes- farase pública conforme o disposto nas bases xerais da convocatoria unitaria.

A súa composición será a seguinte:

Presidente:

O alcalde-presidente ou concelleiro en quen delegue.

Vocais:

Un representante da Xunta de Galicia (nomeado a través da Academia Galega de Seguridade).

Un representante da Xefatura Provincial de Tráfico.

Un funcionario de carreira da policía local nomeado pola alcaldía.

Secretario:

O titular do concello ou funcionario en quen delegue.

Nomearanse, así mesmo, suplentes.

7.2. Tódolos vocais deberán posuír titulación ou especialización igual ou superior ó posto obxecto da convocatoria.

8. Sistema de selección:

A selección dos aspirantes farase polo sistema de oposición libre e constará de dúas fases: probas selectivas e curso de formación na Academia Galega de Seguridade, polo período de tempo que determine con carácter xeral o dito organismo.

9. Probas selectivas:

Non poderán comezar ata transcorridos dous meses desde a data de publicación do extracto da convocatoria no BOE. Constarán dos exercicios que seguen:

Primeiro exercicio:

De carácter obrigatorio. Consistirá na mediación dos aspirantes e, comprobada a estatura mínima esixida e examinados os certificados médicos presentados, a realización das probas de:

a) Salto de altura, debendo o aspirante supera-lo listón colocado a unha altura de 1,20 m para os aspirantes masculinos, e colocado a 1,10 m para as aspirantes femininas.

b) Salto de lonxitude sen carreira, cun mínimo de 2,50 m para os aspirantes masculinos e 2,10 m para as aspirantes femininas.

c) Subir unha corda lisa de 3,5 m de alto para os aspirantes masculinos e de 3 m para as aspirantes femininas.

d) Carreira de 100 m, nun tempo máximo de 14 segundos para os aspirantes masculinos e de 17 segundos para as aspirantes femininas.

Para a realización destas probas, agás a de carreira, permitiranse dous intentos.

A clasificación deste exercicio será a de apto ou non apto. Serán declarados non aptos os aspirantes que non superen calquera das probas que o compoñen.

Segundo exercicio:

De carácter obrigatorio, eliminatorio e escrito, consiste en desenvolver por escrito, druante o prazo máximo de dúas horas, dous temas: un comprendido

entre os números 1 a 12 inclusive e outro comprendido entre os números 13 a 24 inclusive.

Ámbolos temas serán elixidos por sorteo realizado polo tribunal inmediatamente antes do seu inicio.

Terceiro exercicio:

De carácter obrigatorio, eliminatorio e escrito. Terá dúas partes.

1ª. Consistirá na redacción dun ou varios supostos prácticos (atestado, parte ou documento referente a problemas de circulación, rodaxe, infraccións de ordenanzas, bandos, etc.).

2ª. Consistirá na exposición dun tema proposto polo tribunal que demostre o coñecemento do termo municipal, a nivel físico, socioeconómico e poboacional.

O tempo máximo para a súa realización será de dúas horas.

Cuarto exercicio:

De carácter obrigatorio e escrito. Consistirá na traducción do castelán ó galego dun texto que sinale o tribunal nun tempo máximo de 30 minutos.

10. Cualificación das probas:

Os exercicios obrigatorios, agás o 4º, serán cualificados de 0 a 10 puntos, quedando automaticamente eliminados os aspirantes que non obteñan a nota media de 5 puntos en cada fase das probas. O cuarto exercicio cualificarase de 0 a 5 puntos.

Os aspirantes que superen as probas selectivas, e que en ningún caso poderán exceder do número de prazas convocadas, realizarán un curso selectivo na Academia Galega de Seguridade.

A puntuación obtida polos aspirantes será a media das puntuacións das probas e o curso. Rematadas as probas, o tribunal proporá os dous aspirantes de maior puntuación, elevando ó presidente do concello a oportuna proposta para o seu nomeamento.

Presentada a documentación por parte dos aspirantes propostos, estes serán nomeados funcionarios en prácticas coas retribucións que legalmente lles correspondan ata a súa incorporación ó curso teórico-práctico que se realizará na Academia Galega de Seguridade.

ANEXO II

Programa

Tema 1. A Constitución española de 1978. Principios constitucionais. A división de poderes: lexislativo, executivo e xudicial. A Coroa.

Tema 2. A organización do Estado. A Administración central e periférica do Estado. Os organismos autónomos.

Tema 3. Organización territorial do Estado: as comunidades autónomas. O Estatuto de autonomía de Galicia.

Tema 4. A Administración local española. A provincia. O municipio. Outras entidades locais. Elementos constitutivos do municipio: poboación, territorio e organización.

Tema 5. O municipio. Competencias. Órganos de goberno. O Concello de Cee: a súa organización interna, distribución de competencias, situación das súas dependencias.

Tema 6. O regulamento: concepto e clases. Límites da potestade regulamentaria. Especial consideración da potestade regulamentaria municipal: ordenanza e bandos.

Tema 7. Persoal ó servicio da Administración pública: clases, dereitos, deberes e responsabilidades. Situacións administrativas, incompatibilidades e réxime disciplinario.

Tema 8. O cidadán ante a Administración. Dereitos do cidadán no seu trato co concello. O funcionario ó servicio do público.

Tema 9. Coñecemento do municipio. Principais aspectos urbanísticos da súa historia, xeografía, cultura e festexos.

Tema 10. Coñecemento do municipio. Principais aspectos urbanísticos, as súas rúas, monumentos, prazas. Situación dos seus principais edificios públicos.

Tema 11. Normativa de seguridade viaria. Real decreto lexislativo 339/1990, do 2 de marzo. O código de circulación: concepto, estructura e extensión. Competencias administrativas en materia de tráfico.

Tema 12. Normas de comportamento na circulación. Especial referencia ó réxime de parada e estacionamento. Limitacións na circulación.

Tema 13. Os sinais de circulación. Preeminencias. Clases. Sinais dos gardas de circulación.

Tema 14. Matriculación de vehículos. Permisos de circulación. Duplicados. Transferencias. Circulación en proba e en transportes con permiso temporal. Matrícula turística. Inspección técnica.

Tema 15. Permiso de conducción. Clases. Requisitos para a súa obtención. Revisións. Duplicados. Suspensión. Licencias de conducción.

Tema 16. Condicións técnicas de vehículos para circular polas vías públicas.

Tema 17. Estudio da circulación urbana na normativa de seguridade viaria.

Tema 18. Alcoholemia. Estudio especial dos preceptos contidos na normativa de seguridade viaria.

Tema 19. Transporte de mercadorías perigosas. Concepto e regulamentación especial.

Tema 20. Transporte de viaxeiros e mercadorías: estudios dos principais preceptos contidos na normativa de seguridade viaria e na lexislación de transportes.

Tema 21. Lei orgánica 2/1956, do 13 de marzo, de forzas e corpos de seguridade: ideas xerais.

Tema 22. Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, sobre protección de seguridade cidadá: ideas xerais.

Tema 23. Primeiros auxilios e socorrismo.

Tema 24. Dereitos e obrigas en materia de protección civil.

Cee, 22 de febreiro de 1999.

Manuel Lamela Lestón

Alcalde-presidente