Por resolución da Alcaldía do 25-3-1999 acordouse aprobar inicialmente o proxecto de compensación da unidade de execución na Valexa, sita na parroquia de Veigue, presentado polo propietario único José García Fernández.
O expediente exponse ó público na secretaría do concello polo prazo de vinte días contado desde a publicación deste anuncio no DOG co obxecto de que os interesados poidan presenta-las alegacións que consideren oportunas.
Sada, 26 de marzo de 1999.
Ramón Rodríguez Ares
Alcalde

