Aprobado inicialmente polo Pleno, en sesión do 25-3-1999, o Plan Parcial do SAUR-8 en Meirás, presentado por Centro Real S.L., sométese a información pública polo prazo dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio no DOG, durante o cal poderá examinarse na casa do concello nas horas de oficina e formularse as alegacións que se consideren procedentes.
Sada, 29 de marzo de 1999.
Ramón Rodríguez Ares
Alcalde

