Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 13 de abril de 1999 Páx. 4.240

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ACORDO do 29 de marzo de 1999, do tribunal que xulgará as probas selectivas para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, grupo A, escala superior de finanzas (Orde do 30 de outubro de 1997), polo que se fai público o lugar de exposición da relación de aspirantes que superaron o quinto exercicio da fase de oposición.

A relación de aspirantes que superaron o quinto exercicio da fase de oposición están expostas nos taboleiros de anuncios das consellerías de Economía e Facenda e da Presidencia e Administración Pública e nas súas respectivas delegacións, así como taboleiro de anuncios da Escola Galega de Administración Pública, Santiago de Compostela. Así mesmo, poderán consultarse a través do teléfono 902 12 00 12 de atención e información ó cidadán.

Santiago de Compostela, 29 de marzo de 1999.

María Casais Mira

Presidenta do tribunal