Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 13 de abril de 1999 Páx. 4.240

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 5 de abril de 1999 pola que se fai pública a adxudicación provisional de destinos do concurso de traslados específico para cubrir prazas de xefe ou xefa do departamento de Orientación, convocado pola Orde do 23 de decembro de 1998 (DOG do 8 de xaneiro de 1999).

En aplicación do disposto na base décimo terceira da Orde do 23 de decembro de 1998 (DOG do 8 de xaneiro de 1999), esta dirección xeral resolve facer pública a adxudicación provisional dos destinos obtidos no concurso de traslados específico, convocado pola orde que se cita.

De acordo co establecido en base décimo cuarta da citada orde, os concursantes poderán presentar reclamacións e renuncias á adxudicación provisional, no prazo de dez días naturais a partir da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de abril de 1999.

Jaime García García

Director xeral de Persoal