Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 13 de abril de 1999 Páx. 4.253

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/21-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: desvío liñas Electr. por novo acceso a autovía en Allariz.

Situación: Allariz.

Descricións técnicas: debido ó novo acceso á autovía en Allariz desvíase a L.M.T. Outeiro da Orraca-Turzás desde o apoio 12 ó 11 en conductor LA-56 e 40 metros de lonxitude e desde o apoio 11 en conductor LA-56 e 64 m de lonxitude ata o C.T. proxectado aéreo con 75 kVA, R/T 20.000/380-220 V no Mato. Saída de R.B.T. subterránea de 220 metros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 9 de marzo de 1999.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense