Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 13 de abril de 1999 Páx. 4.253

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de marzo de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se declara, en concreto, de utilidade pública, para os efectos da urxente ocupación, a instalación eléctrica denominada L.M.T. Trives-Cova, no concello da Pobra de Trives. (Expediente IN407A 98/123-3 A.T.).

Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio para efectos de notificacións na r/ Sáenz Díez nº 45, 32003-Ourense, solicitou desta delegación provin

cial administrativa e a declaración, en concreto, de utilidade pública da instalación eléctrica de referencia.

No expediente cumpríronse os trámites sinalados no artigo 53 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e os regulamentarios ordenados no capítulo III do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, e nos capítulos III e IV do regulamento de aplicación da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, de aplicación a este expediente segundo o que establece a disposición transitoria 1ª da indicada Lei 54/1997.

Na fase de información pública presentou alegacións o titular dos predios números 16, 38 e 53 da relación de afectados por non estar de acordo coa traza. As ditas alegacións foron desestimadas polas razóns que en cada caso se lle notifican ó afectado en escrito á parte, e que non se transcriben nesta resolución para evitar repeticións.

Vista sobre o terreo a traza da liña eléctrica proxectada, obsérvase que nesta non se dá ningunha das prohibicións ou limitacións ás que se refiren respectivamente os artigos 25 e 26 do citado Decreto 2619/1966.

Sendo competente este organismo, con base no Estatuto de autonomía de Galicia, no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma galega en materia de industria, enerxía e minas, e no exercicio das competencias atribuídas polos decretos 2617/1966 e 2619/1966,

RESOLVO:

Primeiro.-Autorizarlle a Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. o establecemento da instalación eléctrica que conta cos seguintes datos básicos:

-L.M.T. subterránea a 20 kV saída da subestación de Trives de 620 m de lonxitude en conductor R.H.V.-12/20 kV, con orixe na saída da subestación de Trives e remate nos apoios de saída das LL.MM.TT. Trives-Cova, Trives circunvalación e Guístolas.

-L.M.T. aérea a 20 kV doble circuíto circunvalación Trives de 40 metros de lonxitude en conductor LA-110, con orixe na L.M.T.S. de saída da subestación de Trives e remate no apoio de derivación que se vai substituír da L.M.T. aérea a Guístolas.

-L.M.T. aérea a 20 kV Trives-Cova de 5.752 metros de lonxitude en conductor LA-110, con orixe na L.M.T.S. saída da subestación de Trives e remate na L.M.T. Chaveán-Manzaneda.

-L.M.T. aérea a 20 kV ó C.T. Prado de 54 metros de lonxitude en conductor LA-56, con orixe no apoio nº 3 da L.M.T. proxectada Trives-Cova e remate na L.M.T. existente ó C.T. de Prado.

-L.M.T. aérea a 20 kV, a Mosteiro de 96 metros en conductor LA-56, con orixe no apoio nº 10 da L.M.T. Proxect. Trives-Cova e remate en apoio existente da L.M.T. a Mosteiro.

-L.M.T. aérea a 20 kV a Casteligo de 138 metros en conductor LA-56, con orixe no apoio nº 12 da L.M.T. Proxect. Trives-Cova e remate no C.T. de Casteligo.

-L.M.T. aérea a 20 kV a Paraisás de 110 metros en conductor LA-56, con orixe no apoio nº 19 da L.M.T. Proxect. Trives-Cova e remate na L.M.T. a C.T. de Paraisás.

-L.M.T. aérea a 20 kV a Penapetada de 123 metros en conductor LA-56, con orixe no apoio nº 20 da L.M.T. Proxect. Trives-Cova e remate na L.M.T. existente ó C.T. de Penapetada.

-L.M.T. aérea a 20 kV a C.T. de Cova de 43 metros en conductor LA-56, con orixe no apoio nº 34 da L.M.T. Proxect. Trives-Cova e remate no C.T. en caseta de Cova.

Segundo.-Declara-la utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica autorizada, coas consecuencias establecidas no artigo 54 da Lei 54/1997, do sector eléctrico, de necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Igualmente levará implícita a autorización para o establecemento ou paso da instalación eléctrica sobre terreos de dominio, uso ou servicio público, ou patrimoniais do Estado, ou das comunidades autónomas, ou de uso público, propios ou comunais da provincia ou municipio, obras e servicios deles e zonas de servidume pública.

Terceiro.-Que o representante da Administración, en cumprimento do disposto nos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 31 do regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, dea comezo ó levantamento das actas previas á ocupación, nos días e horas que a cada interesado se lle notifique individualmente, dos predios contidos na resolución desta delegación provincial do 30 de xuño de 1998, que se publicou no Diario Oficial de Galicia do 21 de agosto, no BOP de Ourense do 12 de agosto e no xornal diario La Región do 17-7-1998.

Esta resolución non é definitiva en vía administrativa e contra ela poderase interpoñer recurso ordinario, perante o conselleiro de Industria e Comercio, no prazo dun mes contado desde o día da súa publicación, conforme o establecido no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Ourense, 10 de marzo de 1999.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense