Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 13 de abril de 1999 Páx. 4.262

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARBALLO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión celebrada o día 29 de marzo de 1999, aprobou o prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación, por procedemento negociado con publicidade, trámite de urxencia da obra de ampliación de beirarrúas sobre a canalización do río Anllóns-Carballo o cal se expón ó público polo prazo de oito días contados a partir do seguinte ó da inserción deste anuncio no BOP, para que poidan presentarse reclamacións.

Simultaneamente, anúnciase concurso público, aínda que a licitación se aprazará canto resulte necesario no suposto de se formularen reclamacións contra o prego de condicións.

Tipo de licitación: 4.975.197 ptas.

Prazo das obras: dous meses.

Fianza provisional: 99.503 ptas.

Fianza definitiva: 4% do orzamento do contrato.

Apertura de plicas: a apertura de plicas terá lugar na casa do concello ás 12 horas do día seguinte hábil a aquel en que remate o prazo de presentación de propostas, salvo se é sábado, en que se trasladará ó luns seguinte.

Proposicións:

Lugar e prazo de presentación: presentarase no rexistro xeral da corporación en horario de 9 a 14 horas, dentro do prazo dos trece (13) días naturais contados desde a última publicación.

Documentación: presentarase en dous sobres pechados:

Sobre A: subtitulado «oferta económica».

Sobre B: subtitulado «personalidade xurídica e xustificantes».

Tódolos anuncios serán por conta do adxudicatario.

Carballo, 30 de marzo de 1999.

José Luis Castro Couto

Alcalde accidental