Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 13 de abril de 1999 Páx. 4.262

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MANZANEDA

ANUNCIO da oferta de emprego público correspondente ó exercicio de 1999 aprobada polo Pleno en sesión extraordinaria do 25 de marzo de 1999.

Funcionarios de carreira.

Grupo: segundo artigo 25 da Lei 30/1984: B. Clasificación: segundo artículo 243.2º da Lei 5/1997, de Admón. local de Galicia. Escala de Administración xeral, subescala de xestión. Número de vacantes: unha. Denominación: recadador.

Persoal laboral fixo.

Nivel de titulación: diplomado en traballo social. Denominación do posto: asistente social. Número de vacantes: unha.

Nivel de titulación: graduado escolar, formación profesional de primeiro grao ou equivalente. Denominación do posto: auxiliar administrativo. Número de vacantes: unha.

Nivel de titulación: certificado de escolaridade, de estudios primarios ou equivalente. Denominación do posto: servicios varios (oficina). Número de vacantes: unha.

Nivel de titulación: certificado de escolaridade, de estudios primarios ou equivalente. Denominación do posto: servicios varios (oficiais de servicios). Número de vacantes: dúas.

Nivel de titulación: certificado de escolaridade, de estudios primarios ou equivalente. Denominación do posto: servicios varios (operario de servicios). Número de vacantes: unha.

Persoal laboral fixo residencia de anciáns.

Nivel de titulación: diplomado universitario. Denominación do posto: director administrador. Número de vacantes: unha.

Nivel de titulación: ATS/DUE. Denominación do posto: ATS/DUE. Número de vacantes: unha.

Nivel de titulación: auxiliar de clínica (formación profesional de I grao). Denominación do posto: auxiliar de clínica. Número de vacantes: cinco.

Nivel de titulación: formación profesional de II grao hostalería. Denominación do posto : cociñeiro. Número de vacantes: unha.

Nivel de titulación: certificado de escolaridade, de estudios primarios ou equivalente. Denominación do posto: axudantes de cociña. Número de vacantes: dúas.

Nivel de titulación: graduado escolar, formación profesional de primeiro grao ou equivalente. Denominación do posto: celador-mantedor. Número de vacantes: tres.

Nivel de titulación: certificado de escolaridade, de estudios primarios ou equivalente. Denominación do posto: camareiro-limpiador. Número de vacantes: catro.

Manzaneda, 25 de marzo de 1999.

José Domínguez Basalo

Alcalde