Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 13 de abril de 1999 Páx. 4.263

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MUGARDOS

ANUNCIO da aprobación definitiva do Plan Especial de Reforma Interior do Solo Urbano Industrial de Punta Promontoiro.

O Concello Pleno, na sesión celebrada o día 26 de marzo de 1999, adoptou o seguinte acordo:

1. Aprobar definitivamente o Plan Especial de Reforma Interior do Solo Urbano Industrial de Punta

Promontoiro, unha vez incorporadas ó documento as observacións efectuadas polo informe do delegado pronvicial de data 9-2-1999.

2. Que se proceda á publicación do presente acordo no DOG e no BOP nos termos establecidos no artigo 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, así como ó cumprimento do disposto no nº 3 do citado artigo.

O que se fai público, en cumprimento do disposto no artigo 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Contra o presente acordo, que esgota a vía administrativa, poderá inteporse recurso contencioso-administrativo durante o prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación do presente anuncio, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Mugardos, 31 de marzo de 1999.

José M. Varela Toimil

Alcalde accidental