Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 13 de abril de 1999 Páx. 4.263

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIBADEO

ANUNCIO.

En cumprimento do disposto no artigo 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, faise público que o Concello Pleno, en sesión celebrada o 8 de marzo de 1999, prestou aprobación definitiva ó estudio de detalle do polígono urbanístico sito entre a praza de España e a rúa Buenos Aires de Ribadeo, promovido por Praderrey, S.A.

Ribadeo, 31 de marzo de 1999.

José Carlos Rodríguez Andina

Alcalde