Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 13 de abril de 1999 Páx. 4.263

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIBADEO

ANUNCIO de licitación.

En cumprimento da resolución da Alcaldía do 31-3-1999 e do disposto no artigos 79 da 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, e 326 da Lei 7/1997, do 22 de xullo, da Administración local de Galicia, faise pública a licitación do seguinte contrato de xestión de servicios públicos.

1. Obxecto: arrendamento da explotación das instalacións municipais (café-bar, vestiarios e duchas) da praia dos Bloques.

2. Tramitación: ordinaria.

3. Procedemento: aberto.

4. Sistema de adxudicación: concurso.

5. Canon: 120.000 pesetas anuais (721,21 euros).

6. Prazo: ata o 30 de setembro do ano 2000, susceptible de prórroga ata 10 anos.

7. Fianza provisional: 40.000 pesetas (240,4 euros).

8. Fianza definitiva: 100.000 pesetas (601,01 euros).

9. Presentación de ofertas: durante os 26 días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no DOG, cos requisitos do Art. 11 do prego de condicións, presentándoas no rexistro do concello ou remitíndoas por correo, comunicándoo neste caso mediante telegrama ou fax.

O prego de condicións económico-administrativas particulares está á disposición de tódolos contratistas interesados nas oficinas xerais do Concello de Ribadeo, praza de España nº 1, 27700 Ribadeo-Lugo, teléfono 982 12 86 50, fax 982 09 75, horario de atención ó público de 9 a 14 horas de luns a venres.

10. Modelo de proposición:

«D/Dona ..... veciño/a de ..... con domicilio en ....., de DNI nº ....., en nome propio (ou en representación de .....) informado/a da licitación convocada para adxudica-lo arrendamento dos servicios de café bar, vestiarios e duchas na praia dos Bloques, comprométese a asumi-lo dito arrendamento conforme o prego de condicións particulares, que acepta integramente, para o que presenta:

a) Oferta dun canon anual para o concello, de ..... pesetas (en letra e número).

b) Experiencia en xestión de hostalería, que acredita coa seguinte documentación.

c) Propostas alternativas de mellora do servicio ou das instalacións.

Ribadeo, ..... de ..... 1999)».

11. Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación en acto público, segundo a cláusula 13 do prego, dentro dos 10 días seguites ó de remate de presentación de ofertas e logo de convocatoria dos licitadores.

Ribadeo, 31 de marzo de 1999.

José Carlos Rodríguez Andina

Alcalde