Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 13 de abril de 1999 Páx. 4.264

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIBAS DE SIL

ANUNCIO.

Por resolución da alcaldía do 30 de marzo de 1999, aprobáronse os pregos de condicións particulares para a contratación da obra incluída no PCOS/1999.

Obra: Dotación de servicios e afirmado de beirarrúas no acceso á igrexa, en San Clodio.

Orzamento e.c.: 6.360.000 pesetas.

Prazo de execución: 4 meses.

As obras adxudicaranse por concurso, procedemento aberto e tramitación urxente.

Os pregos de condicións exporanse ó público polo prazo de catro días para efectos de exame e presentación de reclamacións. Coa excepción do disposto no artigo 122.2º do R. 781/1986, do 18 de abril, anúnciase a licitación da devandita obra para os interesados presentaren as súas propostas no prazo de 13 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do último anuncio no DOG e no BOP.

No BOP publicarase extracto da convocatoria da licitación.

Ribas de Sil, 30 de marzo de 1999.

Miguel Ángel Sotuela Vega

Alcalde