Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 20 de abril de 1999 Páx. 4.610

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 26 de marzo de 1999, da Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, pola que se fai pública a resolución dos expedientes sancionadores en materia de espectáculos públicos LU-96/0035 e catro máis.

Non atopados no enderezo coñecido por esta consellería os titulares dos establecementos que se indican a continuación, resolvo notificar por este medio, ó abeiro do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, que foi dictada resolución desestimatoria en relación co seu recurso ordinario, informándoos de que contra esta resolución, que se transcribe definitiva en vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación, e sen prexuízo de que o interesado poida presentar calquera outro recurso que considere conveniente.

O importe da sanción deberá ingresarse no período de pagamento voluntario sinalado no boletín de multas e sancións que se xuntou coa resolución da delegación provincial, e no caso de carecer del poderá solicitalo na propia Delegación Provincial de Lugo. Noutro caso, procederase á exacción pola vía executiva nos termos previstos na disposición terceira da orde da Consellería de Economía e Facenda do 22-5-1987.

Santiago de Compostela, 26 de marzo de 1999.

María José Cimadevila Cea

Secretaria xeral da Consellería de Xustiza, Interior

e Relacións Laborais

ANEXO

Número

expediente

Denunciado

Enderezo

Establecemento

Precepto infrinxido

Data resolución

Sanción

LU-96/0035Fátima Rodríguez Riveror/ Pomba, 23-2º, LugoPub La Reja26 e) L.O. 1/199222 de outubro de 199750.000 ptas.

LU-96/0779Fátima Rodríguez Riveror/ Pomba, 23-2º, LugoPub La Reja26 e) L.O. 1/199222 de outubro de 199725.000 ptas.

LU-96/0075Manuel Ángel Rodríguez Fontaor/ Ronda de Paraday, 52-1º, VilalbaPub Latino26 e) L.O. 1/199222 de decembro de 1997Estimado

LU-96/0602José Luis Fernández Pérezr/ Clérigos, 29-baixo, LugoPub Zona 226 e) L.O. 1/199222 de outubro de 199725.000 ptas.

LU-97/0178José Marcos García Fernándezr/ Santiago, 108, LugoBar Nomine26 e) L.O. 1/19929 de decembro de 199750.000 ptas.