Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 20 de abril de 1999 Páx. 4.611

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución de expediente sancionador P-73/98 (pesca-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ás personas que no anexo se mencionan, as resolución dos ditos expedientes, por infracción á Lei 7/1992, do 24 de xullo, sobre pesca fluvial en Galicia.

1. Contra a dita resolución e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 ó 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no prazo dun mes contado a partir do día seguinte desta publicación, poderá interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Medio Ambiente. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este fora presentado, esta resolución será firme a tódolos efectos.

2. O importe da sanción así como o da indemnización, farase efectivo, dentro do prazo de quince días contados desde o momento en que a resolución sexa firme, na conta nº 90/3110001181, de Caixa Galicia (2091) oficina (0388). De non facelo dentro do prazo sinalado procederase o seu cobro pola vía de constrinximento.

3. O rescate do decomisado, no caso de que se trate de utensilios de uso lícito, poderá obterse logo de pagamento da contía total da sanción e indmenización dentro do prazo establecido no parágrafo anterior.

Pontevedra, 9 de marzo de 1999.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: 73/98.

Denunciado: Manuel Granja Fondevila, domicilio Donsión, 11-Lalín.

DNI: 76.820.330-P.

Feitos denunciados: pescar sen leva-la licencia de pesca, ameazando o axente dicíndolle que no río hai moitos accidentes. Feitos acontecidos ás 19.30 horas do día 30 de marzo de 1998 no río Deza, lugar de Pte. Ribeira, concello de Lalín.

Data do acordo da incoación: 15-7-1998.

Data do acordo da proposta: 18-9-1998.

Proposta: sancionar a Manuel Granja Fondevila con multa de 60.000 ptas. e unha inhabilitación para obte-la licencia de pesca durante 1 ano, debendo entrega-la licencia de pesca fluvial no prazo dun mes contando desde que a sanción sexa firme.

Alegacións a proposta: non presenta escrito no seu descargo.

Feitos probados: pescar sen levar licencia de pesca.

Precepto infrinxido: 34.1º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Precepto sancionador: 34 da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Circunstancias concorrentes: non se aprecian.

Sanción: 60.000 ptas.

Inhabilitación: 1 ano.