Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 20 de abril de 1999 Páx. 4.611

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 16 de marzo de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da resolución dos procedementos sancionadores de conservación de espacios naturais e da flora e fauna silvestres 98/033 e 98/082.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-la resolución dos procedementos sancionadores por infracción da Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestre (BOE nº 74, do 28 de marzo), por non ser posible a súa notificación.

O importe da sanción, farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta de recadación de multas e sancións da Xunta de Galicia nº 311.000.1181 da Caixa de Aforros de Galicia, no prazo de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta notificación. Para efectualo deberán emprega-los impresos normalizados que lles serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios multiples, Monelos (A Coruña). Trancorrido o citado prazo procederase ó cobro pola vía administrativa de constrinximento.

Non obstante o anterior e de conformidade do previsto do artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso ordinario perante o conselleiro de Medio Ambiente, no prazo dun mes, contado igualmente, a partir do día seguinte ó de publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso, sen que este se presente, esta resolución será firme para tódolos efectos regulamentarios.

A Coruña, 16 de marzo de 1999.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: CEN 98/033.

Denunciado: Martínez Silva, Carlos.

DNI: 35.553.068.

Último enderezo coñecido: Pedreira-Marín.

Feitos denunciados: circular e estacionar fóra dos lugares permitidos.

Tipificación regulamento de CEN: artigo 38.13º; cualificación leve.

Sanción: 15.000 ptas.

Expdiente: CEN 98/082.

Denunciado: Alonso Leiros, José.

DNI: 36.016.575.

Último enderezo coñecido: Castelos-Costa-Vigo.

Feitos denunciados: circular e estacionar fóra dos lugares permitidos.

Tipificación regulameno de CEN: artigo 38.13º; cualificación leve.

Sanción: 15.000 ptas.